Sign in

Galegas

@galegas.bsky.social
449 followers 84 following 117 posts

Unha publicación, de cando en vez, sobre as nosas antecesoras. Celia Torres Bouzas. ALTRI, NON!

PostsRepliesMedia
Galegas @galegas.bsky.social · 16/07/2025
O conto de Sargadelos www.publico.es/culturas/art...
publico.es
El cuento de Sargadelos
La historia de la emblemática marca de porcelanas gallegas, hoy en manos del empesario Segismundo García.
042
Galegas @galegas.bsky.social · 03/07/2025
Mulleres nunha escena da película "Mariñeiros". 📷 José Suárez, c. 1935. O golpe militar non só fustrou o remate de "Mariñeiros" tal e como estaba previsto, senón que tamén botou por terra o proxecto dos documentais "Oleiros", "Canteiros" e "Feirantes". 🖊️ Sendón/Suárez Canal.
0113
Galegas @galegas.bsky.social · 02/07/2025
Muller no escano, O Corgo. 📷 Ruth Matilda Anderson, 1925. O fume foi un elemento de suma utilidade durante moito tempo xa que permitía conservar boa parte dos alimentos. A aparición das chemineas, e polo tanto das campás ou cambotas, supuxo unha mellora na habitabilidade das casas.
0133
Galegas @galegas.bsky.social · 30/06/2025
Leiteiras de reparto en Vigo. 📷 Magar, 1964. Ata ben entrados os anos 80, en Vigo conviviu o leite repartido polas leiteiras co leite envasado. A primeira empresa de leite pasteurizado foi a "Central Lechera de Vigo" que, fundada nos anos 40, comercializaba baixo a marca "nai".
0143
Galegas @galegas.bsky.social · 07/06/2025
Muller cun arado de pau. 📷 Carlos Valcárcel, c. 1970. En Galicia o arado de pau nunca foi desprazado totalmente polo veso. O arado de pau custa menos; pode facelo e arranxalo o mesmo labrego; manéxase sen dificultade en leiras pequenas, que tanto abundan no país... 🖊️ Mariño Ferro.
0132
Galegas @galegas.bsky.social · 29/05/2025
Muller vendendo ovos e froita, Vigo. 📷 Ramón Dimas, 1956. Ovos fritidos, cocidos ou en tortilla, un alimento fundamental na dieta galega. A tortilla de pataca, de chourizo, de grelos, roxóns, de bacallau... Sen esquecer "os formigos", ou sexa, a tortilla de pan, ovos e leite.
0125
Galegas @galegas.bsky.social · 27/05/2025
Mulleres no mercado das cestas. 📷 Ramón Dimas, 1956. As cestas de vergas, moi utilizadas nas zonas costeiras para o carrexo de peixe e marisco, están feitas de tiras de madeira de castiñeiro, salgueiro ou carballo. Dependendo da forma e tamaño chámanse patela, carabelo, paxe...
0223
Galegas @galegas.bsky.social · 21/05/2025
Nena á porta da casa en Cangas. 📷 Ruth Matilda Anderson, 1924. A tipoloxía de casa, de gran difusión en toda a costa meridional galega, é a casa con patín, vivenda con acceso exterior á planta superior por unha escaleira dun só tramo que culmina nun patamal. 🖊️ Pedro de Llano.
090
Galegas @galegas.bsky.social · 17/05/2025
Pandeireteira e violinista descansando na feira. 📷 Autoría descoñecida, 1917. Unhas Letras Galegas, as de 2025, centradas sobre todo nas mulleres, principais creadoras e transmisoras da tradición oral. Polas cantareiras, polas pandeireteiras... pola poesía popular. Vivan as #LetrasGalegas2025
18620
Galegas @galegas.bsky.social · 16/05/2025
Grupo musical na rúa do Pracer, Tui. 📷 Gonzalo Gutiérrez, 1925. O violín chega a Galicia a través do Camiño de Santiago, traído polos peregrinos. A súa expansión produciuse da man de persoas cegas e esmoleiras que percorrían as romarías, festas e feiras de vilas e cidades. ✍️Calixto Albán.
091
Galegas @galegas.bsky.social · 15/05/2025
Muller e nena xitanas de paso por Becerreá. 📷 Maruja Roca, c. 1940. "A obra da fotógrafa Maruja Roca é inédita, ten un estilo propio moi marcado. Retrata a todo tipo de xentes: nenas e nenos, pero sobre todo moitas mulleres, con especial atención ás xitanas". ✍️ Fernanda Padín.
0112
Galegas @galegas.bsky.social · 12/05/2025
Muller na feira de Santiago. 📷 Ricard Terré, 1962. "Tódolos modelos e tódolos momentos son bos, todo depende de se está a foto neles ou non. Tes que ter a sensibilidade para entrar no instante de maior expresividade, pero a foto non a fabrico, a foto está aí". 🖊️ Ricard Terré.
092
Galegas @galegas.bsky.social · 08/05/2025
Emilia Pardo Bazán no Pazo da Pastora, Vigo. 📷 A. D., c. 1890 "Mimada polas Musas, servida polas Grasias, cun corazón que vive de harmonías, nobre cantora das gallegas praias, ben merecés reinar como reinades, manífica, ausoluta soberana". ✍️"No abano de Emilia Pardo Bazán" Rosalía de Castro.
040
Galegas @galegas.bsky.social · 06/05/2025
Olimpia Valencia na súa clínica da rúa do Príncipe, Vigo. 📷 Ksado, 1928. Olimpia Valencia, a primeira médica galega, non puido especializarse en neumoloxía a pesar do seu brillante expediente (19 matrículas de honra), non estaba ben visto que unha doutora tratase aos homes.
03012
Galegas @galegas.bsky.social · 03/05/2025
Rapaza en Aldán, Cangas. 📷 Otto Wunderlich, c. 1930. As mulleres, dende moi novas, cargan na cabeza, cestas, olas, tallas, feixes de herba, sellas, baldes... Para asentar mellor a carga, poñen unha rosca de palla ou trapo chamada, segundo as zonas, mulido/a, rodela ou rolla.
090
Galegas @galegas.bsky.social · 02/05/2025
Tecedeira de Padrón. 📷 José Suárez, c. 1930. Consonte vai tecendo, pisando unha premedeira con cada pé, a tecedeira vai envurullando o lenzo no orgo do pano e afrouxando o fío no orgo do liño. 🖊️ Xaquín Lorenzo, Xocas.
193
Galegas @galegas.bsky.social · 29/04/2025
Muller diante dunha casa co muro piñón cuberto de cunchas. 📷 Valentín Roldán Real, c. 1955. Nalgunhas áreas da costa o caleado aparece complementado, nas paredes máis batidas polo vento, cunha capa de valvas de vieira colocadas a modo de cuberta de lousa. 🖊️ Pedro de Llano.
070
Galegas @galegas.bsky.social · 24/04/2025
Muller recollendo patacas ao pé da Torre de Hércules, A Coruña. 📷 Xosé Castro, c. 1975. Despois de 1926, ou sexa, cando se redimiron os foros e os campesiños foron libres para sementar o que máis lle conviña, a expansión da pataca cobrou un novo impulso. 🖊️ Mariño Ferro.
0114
Galegas @galegas.bsky.social · 08/04/2025
Maruja Mallo con manto de algas, Chile. 📷 Aut. desc., 1945. A pintora galega Maruja Mallo foi unha das figuras claves do surrealismo do s. XX. Unha muller que non só se rebelou contra as normas artísticas tradicionais, senón tamén contra a sociedade conservadora. ✍️Cristina Arufe.
14414
Galegas @galegas.bsky.social · 07/04/2025
O manuscrito esquecido de Dolores del Río, a premiada escritora galega de comezos do século XX www.gciencia.com/retro/o-manu... vía @GCiencia
gciencia.com
O manuscrito esquecido de Dolores del Río, a premiada escritora galega de comezos do século XX
A investigadora Ana Belén Feijoó descobre unha carta da autora coruñesa dentro da primeira edición do seu libro 'Ráfagas', datado en 1908
040
Galegas @galegas.bsky.social · 07/04/2025
Mulleres traballadoras da Fábrica de Tabacos da Coruña. 📷 Autoría descoñecida, 1924. "Viviamos nunha casiña no arrabalde da Gaiteira, a carón do río Monelos, que vai desembocar á baía da Coruña por detrás da gran Fábrica de Tabacos". ✍️ "A nena lectora" de Manuel Rivas.
0153
Galegas @galegas.bsky.social · 02/04/2025
Mariscadora, Betanzos. 📷 Veiga Roel, c. 1955. Co corpo castigado pola humidade, polo frío e o sol, polo esforzo feito para arrincar o berberecho, a ameixa, o longueirón... A muller crúzase, camiño de volta a casa, coa veciña e espétalle: -"Quen me dera morta para estar deitada!"
0123
Galegas @galegas.bsky.social · 01/04/2025
Bailando unha regueifa nun casamento en Noia. As mozas casadeiras, co pan de voda na cabeza, prepáranse para bailar. A tradición di que a que perda o pan non casará no ano que corre. 🖊️📷 Porfolio de Galicia, 1905.
0335
Galegas @galegas.bsky.social · 29/03/2025
Muller baixando pola rúa San Francisco no barrio mariñeiro do Berbés, Vigo. 📷 Lucien Roisin, c.1930. Roisin foi un fotógrafo e editor francés establecido en Barcelona coñecido pola gran cantidade de postais que editou con imaxes de diferentes lugares e persoas do Estado español.
090
Galegas @galegas.bsky.social · 20/03/2025
Mariscadoras na ría de Noia. 📷 Anna Turbau, 1978. Nos anos 70, Anna Turbau podería considerarse unha das máis importantes fotorreporteiras que había en Galicia, onde chegou como colaboradora das revistas "Interviú" e "Primeira Plana". 🖊️ Rebeca Pardo.
0162
Galegas @galegas.bsky.social · 17/03/2025
Nenas xogando no Areal, Vigo. 📷 Raniero Fernández, 1959. En 1958, dous empresarios dos EEUU, lanzaron a versión do aro feita de marlex, un plástico de recente invención. No primeiro ano a empresa vendeu 100 millóns de 'hula hoops". O aro foi dos primeiros xogos en globalizarse. 🖊️Cortizas.
0110
Galegas @galegas.bsky.social · 06/03/2025
Muller vendendo pan na feira. 📷 José Suárez, 1960's Marzo, espigarzo; abril, espigas mil; maio, froleado; San Xoán, granado; Santiago, fouciño ao rabo; pola Santa Mariña, metido na arquiña. Que é? ✍️ Popular
0111
Galegas @galegas.bsky.social · 23/02/2025
Rosalía de Castro retratada pola súa filla Alejandra Murguía de Castro. "Alejandra, que naceu en 1859, retratou a unha Rosalía adolescente inspirándose, seguramente, nunha fotografía moi anterga." 🖊️Carvalho Calero. #DíadeRosalía
0174
Galegas @galegas.bsky.social · 17/02/2025
Muller apañando patacas no Morrazo. 📷 Xosé Suárez, c. 1935. "A pataca fixo entre nós a función de "quitafame" como alternativa á castaña infectada de tinta. Hoxe son moi cobizadas as da Limia, as da Terra Chá, as de Lemos, as de Bergantiños, as de Coristanco". ✍️ Fausto Galdo.
0164
Galegas @galegas.bsky.social · 16/02/2025
Muller fiando en Caión, A Coruña. 📷 Ramón Dimas, 1956. "Teño un brinco co que brinco, até o brincar me aborrece, canto máis o brinco brinca, máis a barriga lle crece". Que é? ✍️ Popular.
0141
Galegas @galegas.bsky.social · 13/02/2025
Rosa, a do Topo, nun ritual. Sobrada, Tomiño. 📷 Anna Turbau, 1977. "Eu crieime nunha casa ao pé dun carreiro que levaba á consulta dunha bruxa. Pasaban moitas mulleres berrando fóra de si. Cando facían o camiño de regreso trala consulta viñan todas tranquilas". 🖊️Ledicia Costas.
0122
Galegas @galegas.bsky.social · 10/02/2025
Lavandeiras de Santiago. 📷 Ksado, c. 1925. "Marica se vas ao río a lavar non torzas a roupa que a podes rachar. Aturuxan as lavandeiras suspirando os seus amores alí sempre é primavera porque canta o reiseñore". 🖊️ Popular.
091
Galegas @galegas.bsky.social · 05/02/2025
Mulleres tendendo e botando roupa ao clareo en Sada. 📷 Ramón Dimas, 1956. "Arredor do 1960, Mercedes, outra lavandeira, cobraba trinta pesetas á semana por cada muda, composta por toda a roupa da persoa xunto coas sabas e as toallas". ✍️ Mari Vega Cerqueiro.
0132
Galegas @galegas.bsky.social · 02/02/2025
Nenas xogando á roda na casa de Pondal, Ponteceso. 📷 Vidal, c. 1950. "Onde vas, triste soldado? onde vas, triste de ti? Vou ver miña namorada que hai tempo non a vin. A túa namorada é morta que eu coas honras corrín. Dáme os sinais que levaba para me eu fiar de ti..." 🖊️ Popular.
0130
Galegas @galegas.bsky.social · 01/02/2025
Mulleres preparando sementes no curral da casa. 📷 José Suárez, c. 1960. Nalgunhas casas os alpendres, o palleiro, a adega, o poleiro, etc., distribúense en torno a un curral, espazo situado na fronte da vivenda, pechado por un muro cun amplo portalón. 🖊️ Pedro de Llano.
0161
Galegas @galegas.bsky.social · 31/01/2025
Moza posando,Terra de Montes. 📷 Virxilio Vieitez, c. 1960. Esta imaxe, na que a rapaza aparece diante do "haiga" co costureiro na man, reflicte a situación xerada pola emigración. O monumental coche do emigrado serve de escenario para a foto agradecendo o agasallo recibido de América.
0121
Galegas @galegas.bsky.social · 30/01/2025
Mulleres nun tranvía vigués. 📷 Pacheco, c. 1920. En 1914 comezan a circular os tranvías en Vigo. En 1920 inaugúrase a liña ao Porriño, cos seus coches tipo Odessa, que abastecía a cidade de produtos agrícolas, en especial leite fresco. Esta liña coñecíase como "O tranvía das leiteiras".
0102
Galegas @galegas.bsky.social · 29/01/2025
Mulleres vendendo pan na feira de Santiago de Compostela. 📷 Bene, c. 1950. "Eu caseime na montaña por terra de moito gran. O forno da miña sogra botaba silvas no vran". ✍️ Popular.
0100
Galegas @galegas.bsky.social · 28/01/2025
Mulleres e nena debullando millo. 📷 Bene, c. 1958. Cando chegou o señor cura estabamos degrañando millo á luz do carburo. Logo duns falares, mentres escudriñaba cada un dos lugares da cociña, don Severiano aferrouse ao derradeiro anaco de xamón. Mañá a merenda será un triste cacho de pan.
0133
Galegas @galegas.bsky.social · 27/01/2025
Muller levando un carro de estrume, Baiona. 📷 Ksado, c. 1920. Dependendo da zona, os restos vexetais que se apañan no monte (toxos, xestas, follas caídas, fentos...) para facer a cama na corte dos animais, coñecese como: estrume, valume, batume, mulime, molima, esquilmo, louza...
0203
Galegas @galegas.bsky.social · 26/01/2025
Traballadora do balneario no castiñeiro xigante de Bembibre, Viana do Bolo. 📷 Vida Gallega, 1908. Esta árbore, famosa polas súas dimensións, foi tallada na Guerra Civil porque dende unha das súas pólas Otero Pedrayo promunciou un discurso a favor do Estatuto Galego do 36. ✍️ Antón Fraguas.
0122
Galegas @galegas.bsky.social · 25/01/2025
Mulleres e nena na romaría dos Milagres, Amil. 📷 Cristina G. Rodero, 1979. Este setembro a avoa levoume aos Milagres. Fixemos o camiño andando dende Xeve. Foi a primeira vez que vin nacer o sol, pero a maior sorpresa do día agardaba no santuario: a virxe ía vestida con cartos!
090
Galegas @galegas.bsky.social · 24/01/2025
Muller bailando cunha regueifa. 📷 Caamaño, c. 1956 A regueifa era unha rosca ou bolo de pan das vodas galegas. Elaborado preferentemente con fariña de trigo e adobiado con ovos, azucre e fitas. Adoitaba repartirse despois do banquete entre os veciños non convidados ao casamento.
0182
Galegas @galegas.bsky.social · 23/01/2025
Muller vendendo pan e empanadas na Feira de Santa Susana, Santiago de Compostela. 📷 Raniero Fernández, 1959. "Inda hoxe non comín, inda non probei bocado, sinón un bolo de trigo, que tiña medio ferrado". 🖊️ Popular.
0153
Galegas @galegas.bsky.social · 22/01/2025
Muller bailando unha muiñeira. 📷 Carlos Valcárcel, 1969. 🎶 "Sei cantar e sei bailar, eu de todo sei facer; como son filla dun pobre, todo me cómpre saber". 🎶 🖊️ Popular.
0131
Galegas @galegas.bsky.social · 21/01/2025
Mulleres nunha danza. 📷 Arquivo Pacheco, c. 1930. "Non todos que á romaxe van entran na igrexa a rezar; uns poucos van polo santo os máis van por bailar". "O que non canta e non baila que ven facer á ruada? a aprender catro mentiras pra contar pola semana".
094
Galegas @galegas.bsky.social · 18/01/2025
Muller tocando o bombo no Campo da Leña, A Coruña. 📷 A. R. G., 1890. O bombo é un instrumento insuficientemente valorado na música popular, máis tanxer o bombo non é cousa sinxela. Silencios e contratempos, sen perder o ritmo, son propios das boas tanxedoras. ✍️ Calixto Albán.
0131
Galegas @galegas.bsky.social · 17/01/2025
Muller fotógrafa na Alameda de Vigo. 📷 Magar, 1968. Os chamados "fotógrafos minuteros" ou "fotógrafos de caixón" establecíanse nas prazas e xardíns das cidades ou percorrían festas e feiras retratando ás persoas para logo venderlle a fotografía que tiñan lista "ao minuto".
0111
Galegas @galegas.bsky.social · 16/01/2025
Muller facendo madeixas en Allariz. 📷 José Suárez, 1930. Est'é o tempo d'estroupel'estroupele, est'é o tempo d'estroupelear, est'é o tempo de maza-lo liño, est'é o tempo do liño mazar. 🖊️ Popular.
0110
Galegas @galegas.bsky.social · 15/01/2025
Traballadoras da Pontesa, Ponte Sampaio. 📷 A.D., c. 1965. Durante 4 décadas moitas mulleres da área de Pontevedra concentraron a súa forza de traballo na fábrica de Alfares A Pontesa, unha das máis avanzadas nos seus comezos e protagonista de protestas laborais nos últimos anos. 🖊️Do gris ao violeta.
0163