Sign in

iiinova is part of the Atmosphere — an open, public network where you own your identity.

Fundación Érguete-Integración

@fundacionerguete.org
44 followers 94 following 339 posts

Traballamos pola inclusión social e laboral de persoas en risco ou situación de exclusión, proporcionando apoio, orientación, formación e acompañamento.

PostsRepliesMedia
Fundación Érguete-Integración @fundacionerguete.org · 17/10/2026
No Día Internacional para a Erradicación da Pobreza queremos lembrar que, ante a vulnerabilidade, a resposta social e institucional non pode ser o rexeitamento, o desprazamento nin a estigmatización. ❌ Ninguén elixe vivir sen fogar, sen seguridade, sen intimidade e sen dereitos.
000 0
Fundación Érguete-Integración @fundacionerguete.org · 16/10/2026
Para erradicar a pobreza non abonda con mirar para outro lado ou desprazar o problema. Necesitamos:  ➡️Ampliar os recursos de acollida e acompañamento ➡️Facilitar o acceso a unha vivenda digna e accesible ➡️Facer fronte aos discursos de odio e á aporofobia #APobrezaNonSeElixe
000 0
Fundación Érguete-Integración @fundacionerguete.org · 15/10/2026
Nas últimas semanas denunciamos perfís en redes que se dedican a gravar e ridiculizar persoas en situación de exclusión social severa. Rirse da extrema vulnerabilidade é unha forma grave de violencia e aporofobia. Se ves contidos vexatorios en redes, non os alimentes: denuncia. #ApobrezaNonSeElixe
000 0
Fundación Érguete-Integración @fundacionerguete.org · 14/10/2026
O senfogarismo é un problema estrutural que nos afecta a toda a sociedade. Non podemos permitir que a resposta sexa a indiferenza ou o rexeitamento. Cando mudamos o discurso de odio por empatía, empezamos a esixir solucións reais. #APobrezaNonSeElixe #ContrAporofobia
000 0
Fundación Érguete-Integración @fundacionerguete.org · 09/10/2026
No #DíaNacionalTerceiroSector contámosche por qué estamos orgullosas de participar no Terceiro Sector: 🧩Somos unha peza clave no reforzo do estado de benestar 🌱Creamos comunidade acompañando ás persoas 📈Somos un motor xerador de riqueza e emprego aínda sen ter ánimo de lucro
000 0
Fundación Érguete-Integración @fundacionerguete.org · 07/10/2026
Finaliza o prazo para enviar CV ao proceso de selección de persoal de limpeza. Aquelas persoas que non reciban convocatoria para entrevista deben entender que non continúan no proceso de selección. Grazas a tódalas persoas que enviaron a súa candidrtura!
000 0
Fundación Érguete-Integración @fundacionerguete.org · 07/10/2026
Despois duns días de descanso, 15 de outubro volvemos abrir as portas da nosa aula de Ciberemprego! Un espazo gratuíto no que contarás con ordenadores, conexión a internet e o acompañamento do noso equipo técnico para avanzar na túa procura de emprego.
000 0
Fundación Érguete-Integración @fundacionerguete.org · 06/10/2026
As 10 mulleres que participan nesta edición do proxecto DANA xa están a poñer en práctica diferentes técnicas autodefensa, ao tempo que traballan a confianza en si mesmas e o control emocional Grazas a todas por poñerlle tanta enerxía e complicidade dende o primeiro minuto! 💜
000 0
Fundación Érguete-Integración @fundacionerguete.org · 01/10/2026
📣 AVISO IMPORTANTE: Dende hoxe, xoves 1 de outubro, e ata o vindeiro martes 6 (ámbolos dous incluídos), o servizo de Ciberemprego permanecerá pechado. Volvemos o mércores 7 con forzas renovadas! 🔋💪 Desculpade as molestias 🙇
000 0
Fundación Érguete-Integración @fundacionerguete.org · 30/09/2026
OFERTA DE EMPREGO EN VIGO Na Fundación Érguete-Integración buscamos incorporar persoal de limpeza para a nosa sede en Vigo. Se cumpres os requisitos indicados na oferta, podes enviar o teu CV actualizado indicando no asunto “Selección persoal” ℹ️ www.fundacionerguete.org
000 0
Fundación Érguete-Integración @fundacionerguete.org · 29/09/2026
Na nova edición de Olimpia, o noso espazo de encontro e participación para mulleres, abrimos as portas da aula para desfrutar de actividades de lecer en compañía, coñecer mellor a cidade e dedicar un tempo ao autocoidado e o apoio mutuo. Primeira parada: Monte do Castro🛖
Grupo de mujeres participantes del proyecto Olimpia de la Fundación Érguete Integración sentadas en un banco escuchando a un guía en el Monte do Castro en Vigo.Grupo de mujeres participantes del proyecto Olimpia de la Fundación Érguete Integración escuchando a un guía en el Monte do Castro en Vigo.
000 0
Fundación Érguete-Integración @fundacionerguete.org · 25/09/2026
Esta semana, o alumnado do noso último Punto de Formación Incorpora de Fundación "la Caixa" visitou as súas instalacións para coñecer de primeira man o seu funcionamento e seguir sumando experiencias nun contorno de traballo real. #IncorporaFundlaCaixa #programaIncorpora #PFI
Dos alumnas de la formación en almacén de la Fundación Érguete, con chalecos reflectantes, empujan un carro lleno de cajas con comida por el pasillo de un almacén.Cuatro personas, alumnado de la formación de almacén de la Fundación Érguete, empacan paquetes de alimentos en bolsas blancas sobre una mesa en el almacén del Banco de Alimentos de Vigo.Alumnado de la formación de almacén de la Fundación Érguete, con chalecos reflectantes, pasean por las instalaciones del almacén del Banco de Alimentos de Vigo.Alumnado del último Punto de Formación Incorpora de Fundación la Caixa desenvuelto por la Fundación Érguete, con chalecos reflectantes, organizan palés de alimentos en el almacén del Banco de Alimentos de Vigo, con la supervisión de un voluntario de la entidad, con chaleco azul.
000 0
Fundación Érguete-Integración @fundacionerguete.org · 24/09/2026
A nosa compañeira Lucía Lavandeira recibiu hoxe, co gallo do Día da Merced, unha mención de honra pola súa labor no Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar.🏅 Parabéns, Lucía! Para nós é un orgullo enorme poder contar co teu compromiso, empatía e profesionalidade no equipo 💚
000 0
Fundación Érguete-Integración @fundacionerguete.org · 23/09/2026
Retomamos as sesións de escalada con mozos/as en situación de exclusión social severa e/ou con adiccións. A actividade forma parte de Brotes de Inclusión, un proxecto co que damos unha resposta integral a través do acompañamento psicosocial, o deporte, a formación e o emprego.
000 0
Fundación Érguete-Integración @fundacionerguete.org · 16/09/2026
🟣Apetéceche un plan diferente para coñecer Vigo, compartir e crear con outras mulleres? Podes participar nunha, en varias ou en tódalas actividades, de xeito totalmente gratuíto‼️ #FundaciónÉrguete #quehacerenvigo
Cartel del Proxecto Olimpia 2026 de la Fundación Érguete Integración, un espacio de encuentro para mujeres, con calendario de actividades del 17/09 al 22/10 y datos de contacto.
000 0
Fundación Érguete-Integración @fundacionerguete.org · 15/09/2026
Hai uns días soubemos da existencia dunha conta de Instagram que publica vídeos de persoas en situación de extrema vulnerabilidade sen o seu consentimento e facendo mofa da súa situación 👉Non compartas este tipo de vídeos ou publicacións 👉Se te atopas cunha conta ou publicación deste tipo, denúnciaa
000 0
Fundación Érguete-Integración @fundacionerguete.org · 14/09/2026
🟣A tradición conta que en 1589, cando as tropas inglesas iniciaron o asalto á cidade da Coruña, María Pita matou o alférez que encabezaba o ataque e, baixo o berro “Quen teña honra, que me siga”, converteuse nun dos máis grandes símbolos da resistencia. ➕https://fundacionerguete.org/maria_pita_es
000 0
Fundación Érguete-Integración @fundacionerguete.org · 09/09/2026
Seguro que coñeces os modos silencio, avión e non molestar do teu móbil, pero sabes cales son as diferenzas entre estas funcións e cando usar cada unha? 📲 Explicámoscho neste novo #Ciberconsello! #fundaciónérguete #ciberemprego
000 0
Fundación Érguete-Integración @fundacionerguete.org · 07/09/2026
💻Abrimos novas datas para a formación en Competencias Dixitais para o Emprego, un curso para gañar autonomía no mundo dixital. 📞Se queres participar, chama ao 986 253 176 ou escríbenos a erguete.pfi@gmail.com
000 0
Fundación Érguete-Integración @fundacionerguete.org · 04/09/2026
🟡No Día Mundial da Saúde Sexual, lembramos que protexer a saúde sexual implica garantir o desfrute libre e seguro da sexualidade, contar con información actualizada e de calidade, e eliminar calquera barreira no acceso á atención sanitaria e aos métodos de prevención. #4septiembre
000 0
Fundación Érguete-Integración @fundacionerguete.org · 02/09/2026
Ana abriu Yana co apoio do Punto de Autoemprego Incorpora que xestionamos dende a Fundación Érguete - Integración. Co seu negocio funcionando, deu un paso máis e acoleu alumnado en prácticas das nosas formacións💚Grazas, Ana, por compartir a túa experiencia e abrir portas a quen o necesita!
000 0
Fundación Érguete-Integración @fundacionerguete.org · 01/09/2026
Este mes arrincamos o #Ciberemprego a pleno rendemento antes de facer unha pausa: a partir do mércores 16 de setembro, o espazo permanecerá pechado por vacacións. Non te preocupes: volvemos antes de que te decates😉
000 0
Fundación Érguete-Integración @fundacionerguete.org · 27/08/2026
🧵Arrincamos, no Centro Penitenciario de Teixeiro, un taller de fotobordado para persoas privadas de liberdade sen redes de apoio. Unha ferramenta coa que explorar emocións, construír vínculos e romper co illamento a través da arte. 📸✂️ #InclusiónSocial #Teixeiro
000 0
Fundación Érguete-Integración @fundacionerguete.org · 25/08/2026
📦 Buscas mellorar o teu perfil profesional e acceder a novas oportunidades de emprego en Vigo? Abrimos a inscrición para a nosa próxima formación de Auxiliar de almacén. Máis info no 986 253 176 ou en erguete.pfi@gmail.com ⚠️ Prazas limitadas! #FormaciónGratuíta #Vigo
000 0
Fundación Érguete-Integración @fundacionerguete.org · 24/08/2026
Presentámosvos a Umi e Xurxo🐾, novos integrantes do noso equipo no centro penal da Lama!😍 🐶 Esta cadeliña e este can tan sociables acompañáronnos no inicio dunha nova edición da terapia asistida con animais, na que participan 8 mulleres privadas de liberdade.
Dos mujeres, voluntarias del refugio de animales de Cambados, sonriendo junto a dos perros con correa antes de entrar a la terapia con animales que realizan en el centro penitenciario de A Lama con la Fundación Érguete
000 0
Fundación Érguete-Integración @fundacionerguete.org · 19/08/2026
Se vas de camiño a algún sitio, estás facendo unha ruta ou quedaches con alguén nun lugar concorrido, Whatsapp ofrece unha función que pode resultarche moi útil: a localización en tempo real. Contámosche como funciona nun novo #Ciberconsello!😉 #CompetenciasDixitais #Érguete
000 0
Fundación Érguete-Integración @fundacionerguete.org · 18/08/2026
Comezamos un novo taller para adquirir ferramentas e mellorar as habilidades necesarias na busca e mantemento do emprego con 10 persoas privadas de liberdade no Centro de Inserción Social Carmen Avendaño de Vigo. #fundaciónérguete #inclusiónsociolaboralenmediopenal #cisvigo
Técnica de medio penal de la Fundación Érguete sentada en una mesa con alumnado de la formación de competencias para el empleo  en una dinámica de grupo con un puzzle de piezas rosas y moradas sobre una hoja.Manos de una alumna de la formación en competencias para el empleo realizando un puzzle de pezas rosas, moradas y blancas en una dinámica de grupo.Técnica de medio penal de la Fundación Érguete sentada en una mesa al fondo con alumnado de la formación de competencias para el empleo en una dinámica de grupo con un puzzle de piezas de colores llamativos en primer plano.
000 0
Fundación Érguete-Integración @fundacionerguete.org · 12/08/2026
Cada martes e xoves, a nosa unidade móbil aparca no porto de Marín para estar onde máis se precisa: acompañando a máis de 30 persoas en situación de exclusión social severa e/ou con problemas de drogodependencia, grazas ao Plan Social Ence. #plansocialencepontevedra
000 0
Fundación Érguete-Integración @fundacionerguete.org · 10/08/2026
📱 Para moitas persoas privadas de liberdade, a fenda dixital convértese nun obstáculo máis no camiño cara á inserción laboral e a inclusión social. Por iso, vimos de impartir unha formación en competencias dixitais para o emprego dirixida a 11 persoas internas no CIS de Vigo.
Aula de informática Ciberemprego de la Fundación Érguete con participantes en una formación de competencias digitales para el empleo. La técnica que imparte la formación sonriente al frente y un alumno levantando la mano.
000 0
Fundación Érguete-Integración @fundacionerguete.org · 06/08/2026
📣Volve DANA, un espazo pensado para que as mulleres adquiran ferramentas de defensa persoal, reforcen a súa confianza e poñan o autocoidado no centro. Se che interesa participar, podes solicitar máis información ata o 1 de setembro no 986 25 31 76 ou en tecnica.reincorpora@gmail.com
Curso de defensa personal y autocuidado para mujeres. Del 16 de septiembre al 11 de noviembre; los lunes, martes y miércoles en horario de 16:00 a 18:00 en Fundación Érguete-Integración Vigo.
000 0
Fundación Érguete-Integración @fundacionerguete.org · 04/08/2026
🚗A área de intervención en medio penal conta cun novo vehículo grazas á subvención destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación do 0,7% do IRPF , xestionada pola Consellería de Política Social e Igualdade.
000 0
Fundación Érguete-Integración @fundacionerguete.org · 03/08/2026
No Ciberemprego non paramos! (nin sequera en agosto)👉 seguimos ao teu carón para facilitarche o camiño: ordenadores e conexión a internet de balde, apoio dun equipo profesional que che acompañará e o horario da imaxe durante o mes de agosto. Agardámoste!😉
Imaxe informativa co horario do Ciberemprego da Fundación Érguete-Integración para o mes de agosto de 2026, sobre un fondo cun campo de xirasoles. Na parte superior figuran os logotipos da Fundación e do Ciberemprego.
Horario: De luns a venres de 10:00 a 14:00h, excepto:
Martes 4 e semana do 10 ao 14: de 12:00 a 14:00h.
Luns 17: pechado.
Datos de contacto: Avenida E. Martínez Garrido, 21, Interior, 36205 Vigo. Teléfono 986 253 176. Correo electrónico ciberemprego@gmail.com.
000 0
Fundación Érguete-Integración @fundacionerguete.org · 30/07/2026
📲Poñemos en marcha un novo curso de smartphone para que aprendas a aproveitar todas as posibilidades do teu dispositivo dun xeito práctico e seguro. As prazas son limitadas! Reserva a túa. 👇
Cartel de un curso de teléfono móbil en el Ciberemprego de la Fundación Érguete, con imagen de un joven con móvil, fechas 10 al 14 de agosto de 9:00 a 12:00 horas. Temas: manejo y funciones básicas, multimedia, internet, apps, gestiones telemáticas y seguridad.
000 0
Fundación Érguete-Integración @fundacionerguete.org · 28/07/2026
Hoxe, 28 de xullo, conmemoramos o Día Mundial contra a Hepatite.  Na Fundación Érguete realizamos probas rápidas para detectar a hepatite C. Son confidenciais, anónimas gratuítas A detección precoz salva vidas💚 #WorldHepatitisDay #FundacionErguete #pruebarápidahepatitisc
001 1
Fundación Érguete-Integración @fundacionerguete.org · 27/07/2026
Neste #Ciberconsello explicámosche paso a paso como activar e ampliar o tempo de cancelación de envío en Gmail ata un máximo de 30 segundos. Un axuste sinxelo que che salvará de máis dun apuro!🖥️📩 #CompetenciasDigitales #TrucosGmail #FundaciónÉrguete
000 0
Fundación Érguete-Integración @fundacionerguete.org · 24/07/2026
Algunhas hepatites poden estar anos no organismo sen facer ruído, pero danando o fígado e transmitíndose a outras persoas sen sabelo. 👉 Facerse unha proba rápida é a ferramenta máis sinxela e eficaz para coñecer o teu estado de saúde. 💚A detección precoz salva vidas.
000 0
Fundación Érguete-Integración @fundacionerguete.org · 23/07/2026
Arrinca unha nova formación en Auxiliar de Psiquiatría con 10 persoas internas no C.P. de Teixeiro. 👉A formación proporciónalles ferramentas para actuar como internos/as de apoio, ao tempo que melloran as súas oportunidades de inserción laboral unha vez recuperen a liberdade.
Dos mujeres, la técnica de la FUndación Érguete y la docente del curso de auxiliar de psiquiatría, de pie frente a una pared de ladrillo con letras metálicas, fachada del centro penitenciario de Teixeiro
000 0
Fundación Érguete-Integración @fundacionerguete.org · 22/07/2026
Sabías que podes ter hepatite e non presentar ningún síntoma? 😮 Contámosche como se transmite, cales son as principais sinais de alerta e que podes facer no teu día a día para protexerte A detección precoz salva vidas. 💚
000 0
Fundación Érguete-Integración @fundacionerguete.org · 20/07/2026
📣 Buscas emprego no Rosal? En outubro e novembro impartiremos un curso gratuíto en Comercio, Reposición e Operacións Básicas de Almacenaxe, con formación en carretilla elevadora, manipulación de alimentos e prácticas en empresa. 📞986 253 176 ✉️ incorpora@fundacionerguete.org.
Cartel de curso para el empleo en O Rosal: comercio y operaciones de almacén, con prácticas y formación en carretilla elevadora y manipulación de alimentos, del 6 oct al 30 nov, con contacto de la FundaiónÉrguete
000 0
Fundación Érguete-Integración @fundacionerguete.org · 15/07/2026
🐴 Este mes de xullo poñemos en marcha unha nova edición da Terapia Equina con 8 persoas privadas de liberdade no CIS da Coruña, unha actividade orientada a favorecer a inclusión social e o desenvolvemento persoal das e dos participantes. #terapiaequina #acoruña #inclusionsocial #fundaciónérguete
000 0
Fundación Érguete-Integración @fundacionerguete.org · 14/07/2026
🤝 Durante o primeiro semestre de 2026, o noso Servizo de Orientación Laboral acompañou a case 500 persoas demandantes de emprego. 💼 A través deste servizo ofrecemos sesoramento na procura activa de emprego e apoio para acceder a oportunidades formativas e laborais.
000 0
Fundación Érguete-Integración @fundacionerguete.org · 13/07/2026
📍No CP de Teixeiro o CIS a Coruña desenvolvemos o taller "Dereitos e Recursos para unha Nova Oportunidade" con mulleres privadas de liberdade, no que lles informamos sobre o acceso ao Ingreso Mínimo Vital e o dereito ao esquecemento. #fundaciónérguete #ProxectoEVA
Tres mujeres frente a la fachada del centro penitenciario de Teixeiro: la técnica de la Fundación Érguete y las encargadas de impartir los talleres "Dereitos e Recursos para unha Nova Oportunidade"
100 1
Fundación Érguete-Integración @fundacionerguete.org · 08/07/2026
👉Iniciamos a formación de Auxiliar de Psiquiatría en Pereiro de Aguiar, na que 7participantes adquirirán as competencias necesarias para desempeñar a función de interno/a de apoio, ademais de obter unha titulación que mellorarrá as súas oportunidades de inserción laboral.
Cartel de inicio de la formación de Auxiliar de Psiquiatría de la Fundación Érguete en el Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar, con imagen con dos siluetas de cabezas, una con un cordel enredado y otra con un cordel en perfecta espiral.
000 0
Fundación Érguete-Integración @fundacionerguete.org · 01/07/2026
Estás en busca activa de emprego? No #Ciberemprego facilitámosche as ferramentas necesarias para que poidas avanzar na procura poñendo á túa disposición, de xeito gratuíto, ordenadores, conexión a internet e o acompañamento do noso equipo técnico para resolver as túas dúbidas.
000 0
Fundación Érguete-Integración @fundacionerguete.org · 30/06/2026
📱Se queres sacarlle máis partido ao teu móbil e gañar autonomía, agardámoste no noso vindeiro curso presencial en Vigo. FORMACIÓN GRATUÍTA E CON PRAZAS LIMITADAS! Inscríbete no 📞986 253 176 ou en📧 ayudanteciber2@gmail.com. #CompetenciasDixitais #FormaciónVigo #FundaciónÉrguete
000 0
Fundación Érguete-Integración @fundacionerguete.org · 25/06/2026
🐟Dante, o peixiño deseñado no CEEPR Lourdes de @Aspronaga para as nosas Redes-eñadas, viaxou ao fin de curso do CEIP Emilia Pardo Bazán da Coruña para celebrar o fin de curso. Un encargo elaborado en 3D nos nosos programas de inclusión sociolaboral  Feliz verán!🌊
000 0
Fundación Érguete-Integración @fundacionerguete.org · 23/06/2026
📍Estas semanas, parte do noso equipo técnico participou unha formación especializada na realización de probas rápidas de VIH e hepatite C, impartida de xeito presencial en Santiago de Compostela e complementada con varias sesións en liña.
000 0
Fundación Érguete-Integración @fundacionerguete.org · 11/06/2026
As/os participantes no PFI Atención en Hostalaría, continúan a avanzar na súa preparación👉Este mes, as sesións desenvólvense nas instalacións de La Villa Bouzas, un entorno que lles permite achegarse á realidade diaria do sector e poñer en práctica os coñecementos adquiridos.
000 0
Fundación Érguete-Integración @fundacionerguete.org · 01/06/2026
📅 Xa podes consultar o horario de xuño no noso servizo de #Ciberemprego!💻 Un espazo pensado para impulsar a túa busca de emprego e formación, no que tes acceso gratuíto a ordenadores, internet e outros recursos que poden axudarche na túa inserción laboral.
000 0
Fundación Érguete-Integración @fundacionerguete.org · 13/05/2026
🚗Dende o programa de #InclusiónSociolaboralEnMedioPenal iniciamos as valoracións das persoas que resultarán beneficiarias dunha bolsa destinada a sufragar o custo do curso de Seguridade Viaria, unha axuda orientada a mellorar a mobilidade xeográfica de cara á incorporación laboral. #irpf
100 1