Fíos de Novas @fiosdenovas.bsky.social · 3hHoxe vimos o contraste: persoas acampadas por un teito accesible fronte a grupos que só berran "Viva España". Un dirixente de Núcleo Nacional ten inmobiliaria. Os datos falan por si mesmos. 📉 #DereitoATeito 001
Fíos de Novas @fiosdenovas.bsky.social · 3hMiles de mozas e mozos nas rúas por un teito digno. A dereita para no Congreso as medidas máis básicas. A pregunta é simple: se hai eleccións, irán votar ou deixarán que sigan bloqueando? ✊ #Galiza #VotoXuvenil 010
Fíos de Novas @fiosdenovas.bsky.social · 10hNo 2025 houbo 1.046 lanzamentos na Galiza. Non hai obxección de conciencia regulada para a policía, pero a desobediencia civil nunca pediu permiso: asume as consecuencias. Así caeu a mili. Por que ningún axente se nega a desaloxar familias sen alternativa? #Vivenda #Galiza 000
Fíos de Novas @fiosdenovas.bsky.social · 11hSe che preocupa o alugueiro, mira os feitos: a dereita votou contra estes decretos de protección; a esquerda apoiounos. Non é unha cuestión abstracta: debemos decidir se apoiamos a quen lle preocupa que quen aluga teña máis garantías ou menos. 🏠 010
Fíos de Novas @fiosdenovas.bsky.social · 12hAs protestas pola vivenda van de política. No 2026 o Congreso tumbou cinco decretos lei con medidas de vivenda cos votos de PP, Vox e Junts. Na Galiza e no resto do Estado a xente sae á rúa para pedir contas polo que se vota. 000
Fíos de Novas @fiosdenovas.bsky.social · 02/10/2026As propostas de odio e persecución contra inmigrantes e okupas non solucionan a crise da vivenda. Os votos de hoxe no Congreso podían minorala con prórrogas e protección inmediata. En vez diso, priorizouse o discursoe os eslóganes. #DereitoÁVivenda #NonAosDesafiuzamentos 000
Fíos de Novas @fiosdenovas.bsky.social · 02/10/2026O Congreso tumba os decretos de vivenda. A dereita (PP, Vox, Junts...) rexeitan suspender desafiuzamentos e limitar a especulación. O 26,8% dos fogares destina máis do 40% dos ingresos ao alugueiro. A emerxencia non pode depender dun ultimato parlamentario. #VivendaDigna #Galiza 000
Fíos de Novas @fiosdenovas.bsky.social · 01/10/2026Nestlé fala de 25 millóns investidos na planta de Pontecesures… despois de despedir traballadoraS nun ERE. A única fábrica galega de leite condensado para Europa e Oriente Medio. Parece claro: investir non necesariamente crea emprego, incluso o destrúe. #Nestlé #Pontecesures 000
Fíos de Novas @fiosdenovas.bsky.social · 30/09/2026AEPD advirte: IA para analizar currículos esixe intervencion humana efectiva, non formal. A súa puntuación non pode determinar de feito a decisión. A IA ten sesgos e a "eficiencia" non substitúe dereitos. #IA #DereitosLaborais #ProtecciónDeDatos 010
Fíos de Novas @fiosdenovas.bsky.social · 30/09/2026IPC ao 4,9%: non é só a gasolina que sube. Salarios ao 3% e só 30% dos convenios teñen revisión. Na Galiza, máis de 30.000 núcleos e dependencia do vehículo para moverse agravan o golpe. A resposta debe protexer rendas, non só compensar prezos. #Inflación #PoderAdquisitivo 010
Fíos de Novas @fiosdenovas.bsky.social · 29/09/2026Monbus mantivo conducindo durante horas a unha traballadora do bus urbano de Santiago tras ser agredida por un taxista (puñetazo na fronte). A CIG denuncia falta de protocolo e anuncia denuncia á Inspección. Protexer a condutora é protexer o servizo. 020
Fíos de Novas @fiosdenovas.bsky.social · 29/09/2026O Goberno aproba hoxe dous decretos: protección antidesafiuzamentos ata 2030 e prórroga de alugueiros. Necesario, mais insuficiente. Na Galiza case mil lanzamentos no 2025. Cumpre regular prezos, mobilizar baleiras e ampliar parque público. A vivenda é dereito, non mercadoría. 020
Fíos de Novas @fiosdenovas.bsky.social · 29/09/2026Cisxordania non é só “incidentes”. ONU e OCHA documentan desprazamento forzoso, récords de violencia de colonos e anexión de facto. Máis de 36.000 persoas desprazadas ata 2025; miles máis no 2026. O dereito internacional non pode ser selectivo. #Cisxordania #DereitosHumanos 030
Fíos de Novas @fiosdenovas.bsky.social · 28/09/2026Máis de 6.600 desafiuzamentos na Galiza entre o 2021 e o 2025. O 20 % dos fogares con menos recursos destina o 61,5 % do orzamento a vivenda. Que medida concreta evitará a próxima "Maricarmen"? #DereitoÁVivenda #Galiza 030
Fíos de Novas @fiosdenovas.bsky.social · 28/09/2026O reloxo laboral non pode seguir parado. Cada semana, 2,54 millóns de horas extra sen pagar no Estado. O rexistro dixital, anunciado para setembro, segue sen BOE. Na Galiza afecta a milhares de traballadoras e traballadores. ⏱️ #RexistroHorario #DereitosLaborais 000
Fíos de Novas @fiosdenovas.bsky.social · 27/09/2026Tres sindicatos coinciden: a patronal non negocia de boa fe no metal lucense. Ofertan 3% anual fronte á petición de 7% e revisión IPC nun sector con actividade e beneficios. Folga e mobilizacións en outubro para salarios dignos. #SalariosDignos #NegociaciónColectiva #Lugo 031
Fíos de Novas @fiosdenovas.bsky.social · 27/09/2026PP e PSdeG mudan o decreto do galego: ciencias en galego, mais o 50 % de límite mantense. Só intercambian materias. Os datos do IGE mostran que só o 7 % dos menores de 15 anos fala sempre galego. Cambiar prohibicións non é fomentar a lingua fóra das aulas. #Galego #LinguaGalega #Galiza 030
Fíos de Novas @fiosdenovas.bsky.social · 26/09/2026Avaliación profesional ou instrumento de disciplina? A Inspección propón sancionar a Mercadona con 50.000 € por penalizar a unha delegada da CIG en Vigo coa perda da prima como castigo pola súa acción sindical. O efecto disuasorio afecta a toda a plantilla. #LiberdadeSindical 000
Fíos de Novas @fiosdenovas.bsky.social · 26/09/2026Os erros do PP (incendios, sanidade, desgaste) non cambian o goberno de Galiza. Posiblemente porque as propostas das alternativas non se perciben, pero hainas. Para quen aposta por unha Galiza máis xusta, convén coñecelas e decidir a cal apoiar co voto. #Sondaxe 010
Fíos de Novas @fiosdenovas.bsky.social · 25/09/2026O capital convenceunos de que a vivenda era unha inversión e non un dereito. A consecuencia é clara: canto máis se busca o máximo rédito desa inversión, menos podemos acceder ao dereito. Na Galiza os datos das VUT confírmano. Precisamos mudar a lóxica. #DereitoÁVivenda 000
Fíos de Novas @fiosdenovas.bsky.social · 25/09/2026Culpar a Maricarmen por non anticipar a lexilación do 2026 e non comprar unha vivenda é culpa retrospectiva. As empresas demandan Estados cando mudan normas. Unha muller de 87 anos non ten esa capacidade. O mercado muda as regras; o poder non é igual para todos. 000
Fíos de Novas @fiosdenovas.bsky.social · 24/09/2026O Supremo suspende o voto de 168.000 persoas en semanas por medo a un efecto “contraproducente”. Maricarmen, 87 anos e 70 na mesma casa, é desafiuzada sen mecanismo efectivo de protección. A xustiza actúa rápido ante un risco electoral par a dereita e queda paralizada ante o dereito á vivenda. 011
Fíos de Novas @fiosdenovas.bsky.social · 24/09/2026A imaxe é clara: unha muller de 87 anos sae en camilla da casa na que viviu 71 anos. Centenares gritaban “non estás soa”. A solidariedade non substitúe a lei. Precisamos medidas reais que protexan o dereito á vivenda, non só palabras. 010
Fíos de Novas @fiosdenovas.bsky.social · 23/09/2026O relato dos okupas dá votos e diñeiro a PP, Vox e empresas de desokupación. A realidade é outra: Maricarmen pagou sempre a renda antiga e foi expulsada porque o mercado elevou o prezo fóra da súa pensión. A especulación é a que depexa á clase traballadora. 020
Fíos de Novas @fiosdenovas.bsky.social · 23/09/2026Máis de mil persoas impediron o acto de VOX en Santiago. O PPdeG saíu a defender a «liberdade de expresión» de Buxadé e de VOX. Non dixo unha palabra sobre os discursos que sinalan persoas pola súa orixe ou orientación e animan a perseguilas. Esa é a liña política do PP. 001
Fíos de Novas @fiosdenovas.bsky.social · 23/09/2026Lula na ONU: “Brasil non cabe no patio traseiro de ninguén”. Fronte ao unilateralismo de Trump, unha defensa clara da soberanía e da multipolaridade. Mensaxe que encaixa tamén na realidade de Galiza. #ONU #Lula #Soberanía 000
Fíos de Novas @fiosdenovas.bsky.social · 22/09/2026O Goberno autoriza a vía xudicial da extradición de Fergie Chambers, acusado de financiar Hamás por doazóns humanitarias a Gaza. A defensa e socios do Goberno denuncian persecución política. Un precedente que criminaliza a solidariedade. A decisión final está por chegar. #FergieChambers #Palestina 011
Fíos de Novas @fiosdenovas.bsky.social · 22/09/2026Arredor de mil persoas impediron onte o acto de Vox en Compostela. Buxadé fala de “fin da democracia”. Mais quen anima a “cazar” migrantes ten autoridade moral para dar leccións? Os datos de odio e as investigacións xudiciais din outra cousa. #Galiza #Compostela #Vox 000
Fíos de Novas @fiosdenovas.bsky.social · 21/09/2026O alto o fogo en Gaza deixou máis de 1.300 persoas mortas e 4.600 feridas mentres en Cisxordania avanza a ocupación do territorio. O 4 de outubro ás 12h na Alameda de Compostela reúnense voces que piden Resistencia, Liberdade e Paz. 001
Fíos de Novas @fiosdenovas.bsky.social · 19/09/2026Plan de residencias da Xunta: 1.800 prazas, pero 23 de 25 concellos son do PP. BNG, PSdeG e Sumar denuncian electoralismo e privatización. A Xunta di que son criterios técnicos. Transparencia e prazas 100% públicas xa. #Galiza #Residencias 011
Fíos de Novas @fiosdenovas.bsky.social · 19/09/2026**📢 Sigue os Fios de Novas en:** 📝 [Blog](hopto.org/fiosdenovas) 🌐 [Bluesky](bsky.app/profile/fios...) 💬 [WhatsApp](whatsapp.com/channel/0029...) 🐦 [X (Twitter)](x.com/fiosdenovas) 🎙️ [Podcast](fiosdenovas.podbean.com) 🎵 [TikTok](www.tiktok.com/@fiosdenovas)hopto.org 000
Fíos de Novas @fiosdenovas.bsky.social · 19/09/2026A veneración de evanxélicos e cristiáns que consideran Israel como “pobo de Deus” coloca, na práctica, a eles mesmos nunha posición secundaria. Son crentes de segunda. Nas redes o debate é claro: moitos sinalan esa xerarquía. Unha fe universal relegada a ser de segunda. 010
Fíos de Novas @fiosdenovas.bsky.social · 18/09/2026Cando a bandeira é ucraína, é solidariedade humanitaria. Cando é palestina, é “política” e “apoio a Hamás”. Macklemore dixo Free Palestine no estadio, vestiu o keffiyeh e foi expulsado da xira. A neutralidade só aparece cando non molesta o status quo. 010
Fíos de Novas @fiosdenovas.bsky.social · 18/09/2026whatsapp.com/channel/0029...whatsapp.comFíos de NovasChannel • 3 followers 000
Fíos de Novas @fiosdenovas.bsky.social · 18/09/2026O PP acusa a Sánchez de beneficiarse de prostitución en saunas do sogro mentres a Audiencia Nacional declara que eran actividades lícitas, e minimiza a sanción da Inspección na adega do conselleiro González. Carga contra o lícito e tolera o sancionado. A incoherencia é evidente. 021
Fíos de Novas @fiosdenovas.bsky.social · 18/09/2026A solidariedade da dereita con Ceuta traduciuse en bandeiras, gritos e boicots a concertos. Mentres tanto, máis de mil menores seguen nas rúas. Parece que non deixan outra opción que empurralos contra a fronteira coa esperanza de que a seguridade marroquí colapse e consigan metelos. 000
Fíos de Novas @fiosdenovas.bsky.social · 17/09/2026Ed Sheeran apoiou Ucraína no 2022. No 2026, cando Macklemore dixo “Free Palestine” na súa xira, dixo que prefería non falar publicamente sobre a súa opinión. Que cambiou? Porque pode falar sobre Ucraína e non sobre Palestina... ou Israel? 010
Fíos de Novas @fiosdenovas.bsky.social · 15/09/2026O odio disfrazado de información non informa: selecciona, insinúa e fabrica inimigos. Deshumaniza migradas, LGTBI e disidentes. Ruanda lembra onde pode chegar a violencia das palabras. Na Galiza a fronteira ten que ser clara: criticar políticas, nunca negar dignidade ás persoas. 010
Fíos de Novas @fiosdenovas.bsky.social · 15/09/2026O PP opónse á regularización. O seu conselleiro de Emprego ten a empresa familiar sancionada por ter inmigrantes ilegais na vendima. Quen defende realmente os dereitos laborais en Galiza? 010
Fíos de Novas @fiosdenovas.bsky.social · 14/09/2026As empresas de IA piden regulación porque saben que o mercado non se autorregula. Hoxe a gobernanza real está nas mans dunhas poucas compañías e multimillonarios, non das institucións democráticas. Nunca foi tan evidente que quen decide o noso futuro é o capital. 010
Fíos de Novas @fiosdenovas.bsky.social · 13/09/2026Vuelta 2027 sae de Santiago. Alta visibilidade no Xacobeo pode converter Compostela no escaparate perfecto para denunciar as detencións e sancións de 2025 contra quen protestou pacificamente. Memoria e transparencia. #Vuelta2027 001
Fíos de Novas @fiosdenovas.bsky.social · 11/09/2026A Xunta pretende redistribuír 5,1 millóns de fondos estatais de vivenda fóra das zonas tensionadas de A Coruña e Santiago. Os concellos afectados reclaman a transferencia inmediata nas zonas que cumpren as condicións. A crise habitacional non espera. #Vivenda #ZonasTensionadas #Galiza 012
Fíos de Novas @fiosdenovas.bsky.social · 10/09/2026A independencia xudicial é un requisito democrático. A idealización da xudicatura non. Xuíces poden ter prexuízos e cometer erros, como amosan as condenas documentadas. Mercen respecto cando amosan responsabilidade. #EstadoDeDereito 000
Fíos de Novas @fiosdenovas.bsky.social · 10/09/2026A maior axencia de crédito de Alemaña (SCHUFA) mantén unha base de datos paralela con rexistros históricos que, segundo os seus propios prazos, xa deberían estar eliminados. noyb denuncia e anuncia iposible demanda colectiva. Opacidade que condiciona crédito, alugueiro e emprego. #Privacidade 000
Fíos de Novas @fiosdenovas.bsky.social · 09/09/2026Coxon deixa Anthropic: OpenAI e Anthropic “apostan coas nosas vidas” na carreira da superintelixencia. Hubinger confirma desde dentro: existe risco de máis do 10 % de dano catastrófico na próxima década e non estamos preparados. O noso futuro escóndese na opacidade das empresas. #IA 000
Fíos de Novas @fiosdenovas.bsky.social · 08/09/2026PISA 2025: Galiza nos peores datos históricos. Lectura cae a 454 puntos. O modelo de plurilingüismo non avanzou no inglés e restou no galego. Os datos non mostran as vantaxes prometidas. Unha lingua propia non é obstáculo: é base. Onde están os supostos resultados? #Galego #PISA 020
Fíos de Novas @fiosdenovas.bsky.social · 08/09/2026A reunificación alemá modernizou o leste, pero a Treuhand privatizou a industria maioritariamente a capitais occidentais. Resultado: desemprego masivo, fenda patrimonial persistente e sensación de periferia. Producir non é repartir. A lección serve tamén para Galiza. 000
Fíos de Novas @fiosdenovas.bsky.social · 08/09/2026Adidas promove o seu servizo de zapato único con un ex-soldado israelí. Mentres, segundo a OMS, miles de persoas en Gaza —moitas nenas e nenos— perderon extremidades e carecen mesmo de próteses básicas. A desculpa de Adidas non responde á discrimnación real do seu servizo. 020
Fíos de Novas @fiosdenovas.bsky.social · 07/09/2026O 43,8 % da AfD en Saxonia-Anhalt non é unha anécdota. Saxonia-Anhalt ten pouca inmigración e altos niveis de precariedade económica. Cando os salarios non chegan e as institucións non responden, o terreo faise fértil para discursos extremos. Europa debería ler o aviso con serenidade e datos. 011
Fíos de Novas @fiosdenovas.bsky.social · 07/09/2026As empresas terán que informar por escrito de salario, horario, período de proba e algoritmos. Ampliacións de proba >6 meses esixirán xustificación. Os ceses por non superala disparáronse un 542% desde 2019. Transparencia para frear a precariedade encuberta. 010