Sign in

Saúde Mental FEAFES Galicia

@feafesgalicia.bsky.social
52 followers 161 following 238 posts

Traballamos para mellorar a calidade de vida das persoas con problemas de saúde mental e as súas familias.

PostsRepliesMedia
Saúde Mental FEAFES Galicia @feafesgalicia.bsky.social · 01/10/2026
Esta semana tivemos unha visita do máis especial! 💫🥰 Un grupo de persoas expertas de Europa achegouse á nosa sede para coñecer experiencias en torno ao acceso ao mercado laboral por parte de persoas mozas con problemas de saúde mental feafesgalicia.org/gl/novas/exp...
feafesgalicia.org
Expertos internacionais achéganse a Galicia para coñecer experiencias de éxito en saúde mental e mocidade
A comitiva, coordinada por Interreg Europa, compartiu onte unha xornada de traballo con Saúde Mental FEAFES Galicia para intercambiar impresións sobre os retos e oportunidades nos sistemas de apoio pa...
100
Saúde Mental FEAFES Galicia @feafesgalicia.bsky.social · 07/09/2026
📢 Estámoste buscando! 🫵🏼 🔎 Queremos incorporar unha orientadora ou orientador laboral ao noso equipo de Vigo. 📄 Consulta os requisitos da oferta e envía o teu CV ata o luns 13 de setembro a 📨vigo@feafesgalicia.org feafesgalicia.org/gl/novas/ofe...
feafesgalicia.org
Nova oferta de emprego
Saúde Mental FEAFES Galicia abre un proceso de selección para cubrir unha excedencia laboral no posto de Orientación Laboral en Vigo.
000
Saúde Mental FEAFES Galicia @feafesgalicia.bsky.social · 03/09/2026
👵🏼👴🏼Coñeces o programa Alume 60+? 👉🏼Unha iniciativa que puxo en marcha @alumelugo para fomentar a autonomía, reducir o illamento social e mellorar a saúde das persoas maiores de 60 anos con enfermidade mental grave na provincia de Lugo. feafesgalicia.org/gl/novas/ate...
feafesgalicia.org
Atendemos ás persoas maiores de 60 cun problema de saúde mental a través de “Alume 60+”
A Asociación Alume desenvolve o programa “Alume 60+” que presta atención ás persoas con trastorno mental grave de máis de 60 anos na provincia de Lugo.
100
Saúde Mental FEAFES Galicia @feafesgalicia.bsky.social · 31/08/2026
Cando coñecemos a Raymond, estaba nunha situación de grave risco de exclusión e os eu problema de #saúdemental non estaba sendo atendido. 🫂 Agora reside nun dos nosos pisos de transición: "O que quero é atopar unha vivenda e poñerme ben para traballar" feafesgalicia.org/gl/novas/lev...
feafesgalicia.org
"Levo un ano sentíndome tranquilo, sen ansiedade, sen angustia"
Acompañamos a 66 persoas con problemas de saúde mental e en grave risco de exclusión social grazas ao Concello de Santiago de Compostela
100
Saúde Mental FEAFES Galicia @feafesgalicia.bsky.social · 27/08/2026
Desde Saúde Mental FEAFES Galicia e a asociación Avelaíña , levamos a cabo o programa "Liña Curmáns", no que formamos asistentes persoais especializados en saúde mental e prestamos un servizo de acompañamento individualizado a persoas con problemas de saúde mental. feafesgalicia.org/gl/novas/lin...
feafesgalicia.org
Liña Curmáns. Formación en saúde mental e acompañamento individualizado
A asociación Avelaíña e Saúde Mental FEAFES Galicia, teñen en marcha o programa Liña Curmáns para acompañar ás persoas con problemas de saúde mental.
100
Saúde Mental FEAFES Galicia @feafesgalicia.bsky.social · 26/08/2026
A asociación @alumelugo desenvolve o programa “Impulsa”. Unha iniciativa que busca ampliar o coñecemento científico sobre as enfermidades mentais graves. Aarón Agudo, subdirector da asociación explícanos un pouco máis o funcionamento deste programa. youtu.be/1Xlen9bq0wo
youtu.be
Programa Impulsa. Investigación para a mellora na atención á saúde mental
YouTube video by Saúde Mental FEAFES Galicia
100
Saúde Mental FEAFES Galicia @feafesgalicia.bsky.social · 24/08/2026
♀️ Remata o programa de "Atención Integral a Mulleres cun problema de saúde mental" que realizamos co apoio da Consellería de Política Social e Igualdade. Con esta iniciativa ofrecemos apoio e información a 52 mulleres con problemas de saúde mental en Galicia. feafesgalicia.org/gl/novas/ref...
feafesgalicia.org
Reforzamos a Atención Integral a Mulleres cun problema de saúde mental
Grazas ao apoio da Xunta de Galicia atendemos a 52 mulleres cun problema de saúde mental en toda a comunidade.
000
Saúde Mental FEAFES Galicia @feafesgalicia.bsky.social · 30/07/2026
🗣️ “A dificultade á hora de atopar emprego non está na capacidade da persoa. O que máis pesa é o estigma”, -Iria Cela, orientadora laboral de Saúde Mental FEAFES Galicia. As persoas con problemas de saúde mental atopan moitas barreiras á hora de incorporarse ao mercado laboral⬇️
100
Saúde Mental FEAFES Galicia @feafesgalicia.bsky.social · 28/07/2026
As asociacións A Creba , DOA e Fonte da Virxe desenvolven o programa "Mediación familiar". Nel proporcionan orientación, mediación e intervención familiar especializada co obxectivomellorar a súa calidade de vida e fortalecer os vínculos familiares. 🫂 feafesgalicia.org/gl/novas/dam...
feafesgalicia.org
Damos apoio ás familias a través do programa de Mediación Familiar
En "Mediación Familiar" proporcionamos orientación e intervención familiar especializada ás familias de persoas con problemas de saúde mental
100
Saúde Mental FEAFES Galicia @feafesgalicia.bsky.social · 27/07/2026
No noso programa "Atendo Saúde Mental", ofrecemos información, asesoramento e apoio ás persoas con problemas de saúde mental en Galicia. Do mesmo xeito, impulsamos accións de información e sensibilización e fomentamos a participación activa destas persoas na comunidade.
101
Saúde Mental FEAFES Galicia @feafesgalicia.bsky.social · 23/07/2026
Presentámosvos como cada ano a nosa Memoria de actividades. Nela atoparedes o resumo das accións levadas a cabo durante este ano. Seguimos informando, asesorando e apoiando ás persoas con problemas de #saúdemental e as súas familias. Consulta a Memoria 2025 ⬇️ feafesgalicia.org/gl/novas/mem...
feafesgalicia.org
Memoria de actividades 2025
Un ano máis, presentamos a nosa memoria de actividades, onde podedes consultar as accións realizadas e os obxectivos acadados ao longo do pasado 2025
000
Saúde Mental FEAFES Galicia @feafesgalicia.bsky.social · 20/07/2026
📚Desde Saúde Mental Feafes Galicia e as nosas entidades asociadas presentámosvos o "Estudo diagnóstico da atención á saúde mental en Galicia: experiencias, necesidades e propostas dende o movemento asociativo.”
100
Saúde Mental FEAFES Galicia @feafesgalicia.bsky.social · 16/07/2026
👉🏼A nosa asociación Fonte da Virxe xestiona un grupo de apoio mutuo entre familias en Santiago de Compostela Tamara Vado, técnica da asociación, acompaña a este grupo e explícanos nesta entrevista como funciona e como se converte nun espazo seguro, de comprensión e de apoio.
101
Saúde Mental FEAFES Galicia @feafesgalicia.bsky.social · 13/07/2026
🏅 Hoxe felicitamos á nosa asociación A Mariña que recibirá a Medalla Emilia Pardo Bazán. 👉🏼Un recoñecemento á labor que a que realizan coas persoas con problemas de saúde mental, en especial coas mulleres vítimas de violencia de xénero. Parabéns! www.lavozdegalicia.es/noticia/amar...
lavozdegalicia.es
Saúde Mental A Mariña recibirá la Medalla Pardo Bazán: «É todo un orgullo e unha responsabilidade»
«Seguimos convencidos de que cada persoa merece dignidade e un proxecto de vida», reivindica la asociación
000
Saúde Mental FEAFES Galicia @feafesgalicia.bsky.social · 10/07/2026
💼➡️ Dúas persoas con problemas de saúde mental, participantes do programa de "Intermediación laboral e prácticas laborais" comezaron este mes as súas prácticas no Museo Provincial de Lugo (Rede Museística Provincial de Lugo) grazas ao apoio da Deputación de Lugo feafesgalicia.org/gl/novas/fav...
feafesgalicia.org
Favorecemos o acceso ao emprego coa colaboración da Deputación de Lugo
A Deputación de Lugo colabora coa inserción laboral das persoas con problemas de saúde mental a través do noso programa de “Intermediación laboral e prácticas laborais”
000
Saúde Mental FEAFES Galicia @feafesgalicia.bsky.social · 09/07/2026
♀️ As participantes do noso programa de Igualdade asistiron ao taller "Afectividade, sexualidade e anticoncepción" que impartimos tanto na delegación da Coruña como na de Santiago, en colaboración coa asociación ACADAR #igualdade #muller #saúdemental
100
Saúde Mental FEAFES Galicia @feafesgalicia.bsky.social · 02/07/2026
📢Temos unha nova oferta de emprego! 🔎 Buscamos unha orientadora ou orientador laboral para a nosa delegación da Coruña. ℹ️ Consulta a oferta e envía o teu CV ata o 8 de xullo a ✉️coruna@feafesgalicia.org +info na nosa web➡ feafesgalicia.org/gl/novas/ofe...
feafesgalicia.org
Oferta de emprego en A Coruña
Saúde Mental FEAFES Galicia abre un proceso de selección para cubrir unha baixa laboral no posto de Orientación Laboral en Coruña.
000
Saúde Mental FEAFES Galicia @feafesgalicia.bsky.social · 01/07/2026
🫱🏼‍🫲🏼Seguimos contando co apoio da Deputación da Coruña para o noso proxecto de inserción laboral para as persoas que teñen un problema de #saúdemental. 👉🏼 Grazas a este apoio, traballamos para que nosas persoas usuarias melloren a súa empregabilidade. feafesgalicia.org/gl/novas/a-d...
feafesgalicia.org
A Deputación da Coruña apoia a inserción laboral das persoas con problemas de saúde mental
Un ano máis a Deputación da Coruña colabora co proxecto de inserción laboral das persoas con problemas de saúde mental.
000
Saúde Mental FEAFES Galicia @feafesgalicia.bsky.social · 29/06/2026
🔵🟢🟣Continuamos coas clases de #petanca grazas á colaboración do Club de Petanca de Bandeira Esta vez foron as persoas usuarias da asociación #Andaina as que recibiron a súa primeira clase. Un primeiro contacto con este deporte moi enriquecedor 😊 Xa esperamos á seguinte!
000
Saúde Mental FEAFES Galicia @feafesgalicia.bsky.social · 26/06/2026
🏳️‍🌈 Con motivo do #DíadoOrgullo, sumámonos á camapaña #SaludMentalLGTBIQ de @consaludmental.bsky.social Porque sentirse parte, contar con apoio e vivir sen medo; son condicións esenciais para a saúde mental de todas as persoas.
100
Saúde Mental FEAFES Galicia @feafesgalicia.bsky.social · 25/06/2026
Este martes celebramos o III Torneo de "A Nosa Champions" no pavillón Coto Ferreiro do Concello da Estrada, a última concentración deste Torneo para a temporada 2025-2026. feafesgalicia.org/gl/novas/doa...
feafesgalicia.org
Doa alza o trofeo do III Torneo “A Nosa Champions”
O III Torneo de Fútbol Sala “A Nosa Champions” xogouse o pasado martes na Estrada. Contou coa participación das asociacións Doa, Alba, Lenda, Alume, A Creba e Avelaíña.
100
Saúde Mental FEAFES Galicia @feafesgalicia.bsky.social · 25/06/2026
⚖️ Neste 2026 cúmprense 20 anos dende que a ONU adoptou a Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con #Discapacidade. 🌐 Co obxectivo de facer balance, as entidades do Cermi Galicia iniciamos unha campaña para compartir onde estamos e a onde imos. 💙 Acompáñanos.
000
Saúde Mental FEAFES Galicia @feafesgalicia.bsky.social · 15/06/2026
O pasado xoves inauguramos nova actividade dentro da axenda do departamento de Ocio e Deportes: A petanca!! 🔵🟢🟣 Grazas a colaboración do Club de Pentanca de Bandeira, persoas usuarias da asociación Fonte da Virxe recibiron a súa primeira clase.💪🏼 #saúdemental #petanca
000
Saúde Mental FEAFES Galicia @feafesgalicia.bsky.social · 11/06/2026
Esta semana os nosos compañeiros da delegación de Ourense asistiron á Xornada de Visibilidade de Proxectos do Terceiros Sector 180, organizada pola Deputación de Ourense. 👇🏼
100
Saúde Mental FEAFES Galicia @feafesgalicia.bsky.social · 11/06/2026
A semana pasada, no programa de #igualdade en Lugo, realizamos o taller de "Competencias dixitais e trámites online" As mulleres participantes puideron mellorar o seu manexo de ferramentas dixitais para a promoción sociolaboral e, ao mesmo tempo,tecer unha rede entre compañeiras
100
Saúde Mental FEAFES Galicia @feafesgalicia.bsky.social · 04/06/2026
o programa "Senda pola Saúde Mental", que realizamos co apoio de Fundación "la Caixa" , prestamos apoio e acompañamento a persoas con problemas de #saúdemental que viven en zonas rurais de Ourense e Pontevedra e as súas familias e persoas achegadas.
100
Saúde Mental FEAFES Galicia @feafesgalicia.bsky.social · 03/06/2026
💚 Nós tamén lle damos like á vida 💚 Hoxe conmemórase o #DíadoDoantedeÓrganos, e desde @FEAFESGalicia queremos sumarnos á campaña impulsada por Alcer Coruña. Co lema "Nós dámoslle like á vida. Doa órganos | Agasalla vida", lembran a importancia dun xesto que pode salvar vidas.
000
Saúde Mental FEAFES Galicia @feafesgalicia.bsky.social · 03/06/2026
"Síntome máis apoiada e respaldada sabendo que sempre hai alguén aí." 🗣️"Estar aquí axudoume a conseguir emprego. Antes só traballaba días soltos ou abandonaba." 👉🏾 Son declaracións de persoas participantes no noso programa "Itinerarios personalizados de inclusión" ⬇️
100
Saúde Mental FEAFES Galicia @feafesgalicia.bsky.social · 01/06/2026
🗣️“Aquí aprendín a quererme e a saber estar comigo mesma” Clara é unha das 52 mulleres que participan no programa de “Atención Integral a Mulleres cun problema de Saúde Mental”. Unha iniciativa que realizamos grazas á colaboración da Consellería de Política Social e Igualdade.
100
Saúde Mental FEAFES Galicia @feafesgalicia.bsky.social · 22/05/2026
En @FEAFESGalicia , mantemos o compromiso coa #igualdade. Tras 2 anos da implementación do Plan de Igualdade, facemos balance das medidas establecidas para garantir a igualdade de oportunidades, a conciliación e previr situacións de acoso e discriminación. feafesgalicia.org/gl/novas/bal...
feafesgalicia.org
Balance do Plan de Igualdade de Saúde Mental FEAFES Galicia 2023/2027
Facemos balance das medidas impulsadas para garantir a igualdade de oportunidades, a conciliación e previr situacións de discriminación.
010
Saúde Mental FEAFES Galicia @feafesgalicia.bsky.social · 21/05/2026
Onte, no marco do Programa Integrado de Emprego de Saúde Mental FEAFES Galicia 2025-2026, Rodrigo Blanco, compañeiro do noso servizo de Asesoría Xurídica, impartíu unha formación sobre dereitos laborais para as persoas usuarias da nosa entidade.
100
Saúde Mental FEAFES Galicia @feafesgalicia.bsky.social · 20/05/2026
“Case a cuarta parte das persoas con medidas de apoio por parte da FUNGA presenta algún tipo de problema de saúde mental. É fundamental que as entidades traballen xuntas para garantirlles o apoio e necesario."- Eloína Injerto, directora da FUNGA. feafesgalicia.org/gl/novas/pen...
feafesgalicia.org
Pendentes de ti. Acompañamento para favorecer a inclusión
En “Pendentes de ti” traballamos para reverter os procesos de exclusión social de  29 persoas con problemas de saúde mental que reciben medidas de apoio da FUNGA.
100
Saúde Mental FEAFES Galicia @feafesgalicia.bsky.social · 18/05/2026
🤝 Aberto o prazo para solicitar as bolsas de formación para persoas con discapacidade psíquica na Valedora do Pobo! 📩 Se tes interese, escríbenos antes do 3 de xuño a info@feafesgalicia.org
100
Saúde Mental FEAFES Galicia @feafesgalicia.bsky.social · 13/05/2026
🗣️"O proceso de saída de prisión foi complexo. Con axuda da familia e de Lenda puiden saír adiante." Fran Prado, participante do programa "Pontes de Inclusión", falaba onte para Cadena SER Galicia, da súa experiencia dentro desta iniciativa. cadenaser.com/audio/ser_ga...
cadenaser.com
Hoy por Hoy Santiago (12/05/2026)
El magazine de actualidad de Santiago y comarca donde repasar la actualidad de la jornada | Cadena SER
100
Saúde Mental FEAFES Galicia @feafesgalicia.bsky.social · 11/05/2026
Unhas 200 persoas de toda Galicia participan no programa “Benestar e Saúde Mental”🚶🏼‍♂️‍➡️🏓🏊🏼‍♀️ 👉🏼 Neste programa buscamos que as persoas con problemas de saúde mental adquiran hábitos de vida saudables, fomentar a súa inclusión e ofrecer tempos de respiro para as súas familias.
100
Saúde Mental FEAFES Galicia @feafesgalicia.bsky.social · 08/05/2026
Estamos no 23º Congreso da @consaludmental.bsky.social , ‘Xuventude con saúde mental, futuro con esperanza’ O evento céntrase na saúde mental das persoas mozas con mesas temáticas que abordan temas como a atención á saúde mental infanto-xuvenil, a migración, a innovación e os coidados.
consaludmental.org
23º CONGRESO DE CONFEDERACIÓN SALUD MENTAL ESPAÑA
El 7 y 8 de mayo tiene lugar el 23º Congreso de la Confederación con el lema "Juventud con salud mental, futuro con esperanza"
100
Saúde Mental FEAFES Galicia @feafesgalicia.bsky.social · 06/05/2026
Hoxe, 6 de maio, é o Día Mundial da Saúde Mental Materna. Desde @feafesgalicia.bsky.social defendemos a necesidade de prestar atención e coidado á saúde das mulleres que son nais ou queren selo. #6demaio #DíaMundialdaSaúdeMentalMaterna #6demayo #díamundialdelasaludmentalmaterna
100
Saúde Mental FEAFES Galicia @feafesgalicia.bsky.social · 06/05/2026
O 20 de maio, o noso compañeiro Adrián Varela participará no simposio organizado por @eapngal.bsky.social no que se analizarán e proporán iniciativas para o acceso á vivenda das persoas en pobreza ou exclusión social. ℹ️ Máis información e inscripcións➡️ eapn-galicia.com/simposio-asi...
eapn-galicia.com
Simposio: Así aseguran as entidades de acción social o acceso á vivenda - EAPN Galicia
EAPN Galicia organiza o 20 de maio na Escola Galega [...]
001
Saúde Mental FEAFES Galicia @feafesgalicia.bsky.social · 05/05/2026
100 persoas con problemas de #saúdemental inician as súas prácticas tras rematar os cursos pertencentes ao catálogo do SEPE no Programa Integrado de Emprego, financiado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Servizo Público de Emprego Estatal feafesgalicia.org/gl/novas/com...
feafesgalicia.org
Comezan as prácticas non laborais dentro do Programa Integrado de Emprego de Saúde Mental FEAFES Galicia 2025-2026
100 persoas con problemas de saúde mental inician as súas prácticas no programa financiado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
000
Saúde Mental FEAFES Galicia @feafesgalicia.bsky.social · 30/04/2026
Para as persoas con problemas de #saúdemental, vivir no rural pode supoñer grandes dificultades. No programa Senda pola Saúde Mental, que realizamos coa colaboración de Fundación "la Caixa" , acompañamos e achegamos recursos a estas persoas na súa contorna ➡ feafesgalicia.org/gl/novas/sen...
feafesgalicia.org
Senda pola saúde mental. Sumamos esforzos para unha atención de proximidade no rural
Senda pola Saúde Mental continúa o seu camiño en Ourense e Pontevedra grazas á colaboración de Fundación ”la Caixa”
000
Saúde Mental FEAFES Galicia @feafesgalicia.bsky.social · 24/04/2026
📢 Iniciamos un novo proceso de selección!! 🔎 Buscamos a unha técnica ou técnico de atención integral para a nosa delegación de A Coruña ℹ️ Consulta os requisitos e envía o teu CV antes do martes 28 de abril a ✉️coruna@feafesgalicia.org feafesgalicia.org/gl/novas/nov...
feafesgalicia.org
Nova oferta de emprego
Saúde Mental FEAFES Galicia abre un proceso de selección para incorporar unha persoa ao seu equipo na Coruña
000
Saúde Mental FEAFES Galicia @feafesgalicia.bsky.social · 23/04/2026
Non sabes que lectura escoller para este #DíadoLibro? Isto pódeche interesar!! 📖 O noso equipo de profesionais fixo unha pequena selección de lecturas que abordan distintos temas relacionados coa #saúdemental
100
Saúde Mental FEAFES Galicia @feafesgalicia.bsky.social · 23/04/2026
✅Tes entre 18 e 29 anos e un diagnóstico en saúde mental? ✅Estás empadroada ou empadroado en Galicia? ✅Formas parte do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil? Podes participar no programa de prácticas remuneradas Fórmate na Empresa! Inscríbete aquí👉🏼 bit.ly/4d4VE5t
100
Saúde Mental FEAFES Galicia @feafesgalicia.bsky.social · 22/04/2026
#empréganos Non podiamos dar por pechados os IV Premios Empréganos sen facer de novo mención ás empresas e entidades recoñecidas en #Ourense o pasado xoves.🩵
100
Saúde Mental FEAFES Galicia @feafesgalicia.bsky.social · 21/04/2026
Seguimos coa emoción dos IV Premios #Empréganos, hoxe facendo mención ás persoas, empresas e entidades premiadas. 🏅Na categoría Empresa Promotora do Emprego con Apoio recoñeceuse a Textil Lonia, polas vacantes de emprego que ofrecen a persoas con problemas de saúde mental.
100
Saúde Mental FEAFES Galicia @feafesgalicia.bsky.social · 20/04/2026
Os nosos premios #Empréganos recoñeceron a empresas, organismos e persoas que favorecen a inserción laboral de persoas con problemas de saúde mental 💙 Aquí vos deixamos un pequeno resumo do acto que tivo lugar o pasado xoves no Teatro Principal de Ourense. ⬇️ feafesgalicia.org/gl/novas/iv-...
feafesgalicia.org
IV Premios Empréganos Saúde Mental
Estes premios recoñeceron onte ás empresas comprometidas coa inserción laboral das persoas con problemas de saúde mental en Ourense.
000
Saúde Mental FEAFES Galicia @feafesgalicia.bsky.social · 15/04/2026
🏆 Mañá celebramos os IV Premios Empréganos Saúde Mental. Un acto no que poñemos en valor e recoñecemos a labor que realizan con nós persoas, empresas e entidades pola mellora da empregabilidade das persoas con problemas de saúde mental. +info no programa #empréganos
000
Saúde Mental FEAFES Galicia @feafesgalicia.bsky.social · 14/04/2026
O pasado venres celebramos o II Torneo de "A Nosa Champions" deste 2026 na Cas do Deporte de Lugo. 🥇A asociación Doa alzouse co trofeo de gañador deste campeonato nun encontro moi reñido contra o equipo da asociación Alba. feafesgalicia.org/gl/novas/a-a...
feafesgalicia.org
A asociación Doa faise co trofeo do II Torneo “A Nosa Champions”
O torneo xogouse o pasado venres en Lugo e contou coa participación das asociacións Doa, Alba, Lenda e Alume.
100
Saúde Mental FEAFES Galicia @feafesgalicia.bsky.social · 08/04/2026
#oxestolendario #ElGestoLegendario 💡As entidades do terceiro sector reunímonos onte en diversos puntos de Galicia para pedirlle á cidadanía que marque o #cadro106 de fins solidarios na declaración da renda. @EAPNGalicia @XSolidaria feafesgalicia.org/gl/novas/oxe...
feafesgalicia.org
#OXestoLendario. Marca o X Solidario
Un ano máis pedímoslle á cidadanía que marque o X Solidario na súa declaración da renda baixo o lema #OXestoLendario
100
Saúde Mental FEAFES Galicia @feafesgalicia.bsky.social · 30/03/2026
🌐Remata o programa "Dixitalízate para o emprego" que realizamos coa colaboración de @consaludmental.bsky.social 💻 7 persoas cun problema de #saúdemental e en busca de emprego, participaron desta iniciativa para mellorar as súas habilidades e competencias dixitais feafesgalicia.org/gl/novas/rem...
feafesgalicia.org
Remata o programa "Dixitalízate para o emprego"
O programa “Dixitalízate para o emprego”, que realizamos en Santiago grazas ao apoio da Confederación SALUD MENTAL España, rematou este mes.
000