Facultade de Ciencias da Comunicación @facom-usc.bsky.social · 28/09/2026🌱 Novo #LunsDeSementar 🎬 Presentamos 'ORB', unha curtametraxe de animación cartoon creada por Gael Trujillo Quiroga. 100
Reposted by Facultade de Ciencias da ComunicaciónUniversidade de Santiago de Compostela @usc.gal · 22/09/2026📺 Carlos Toural asume a dirección do decanato para “coidar, transformar e construír” o futuro da @facom-usc.bsky.social A reitora Rosa M. Crujeiras definiu esta Facultade como “un centro sólido, esixente e con moita vida” 🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no... 032
Facultade de Ciencias da Comunicación @facom-usc.bsky.social · 23/09/2026Hoxe damos un paso adiante como equipo decanal, coa mirada posta nunha idea que queremos que nos acompañe durante todo este camiño: FaCom somos todXs 🫱🏽🫲🏾. 100
Reposted by Facultade de Ciencias da ComunicaciónColexio Profesional de Xornalistas de Galicia @xornalistas.bsky.social · 23/09/2026O vindeiro mércores, 30 de setembro, é o último día para enviar propostas á XI #BolsaNachoMirás, organizada polo Colexio de Xornalistas e patrocinada por Abanca, coa colaboración da @facom-usc.bsky.social. Cunha dotación de 6.000 euros, está aberta a toda a profesión. xornalistas.gal/novas-evento... 011
Facultade de Ciencias da Comunicación @facom-usc.bsky.social · 23/09/2026📣 Irene Aba e Iria Souto forman parte do novo equipo de Alumnado Titor do curso 2026/2027 ao que poderedes acudir para pedirlles consello, realizarlles consultas ou resolver dúbidas. 100
Facultade de Ciencias da Comunicación @facom-usc.bsky.social · 21/09/2026Novo #LunsDeSementar 🌱 🏳️🌈 Presentamos 'Delante del armario', un documental interactivo sobre as persoas maiores LGTBIQ+ creado no marco da materia Narrativas Dixitais do Grao en Xornalismo. 100
Facultade de Ciencias da Comunicación @facom-usc.bsky.social · 21/09/2026📚 A Biblioteca da Facultade organiza a primeira edición dos Cursos de Competencias en Información do curso 2026/27, recoñecidos cun crédito ECTS. 100
Facultade de Ciencias da Comunicación @facom-usc.bsky.social · 18/09/2026📣 O proxecto DataECO, liderado polo investigador Emiliano Treré, convida a comunidade da #FaComUSC ao concerto de clausura do encontro do seu Consello Asesor. 📅 Venres 25 de setembro 🕕 De 18:15 a 19:00 horas 📍 Sala Seminario Europa do Centro de Estudos Avanzados, no Parque de Vista Alegre 100
Facultade de Ciencias da Comunicación @facom-usc.bsky.social · 17/09/2026📣 Presentámosvos ao novo equipo de #alumnadotitor do curso 26/27, ao que poderedes acudir para pedirlles consello, realizarlles consultas ou resolver dúbidas. 📮 Poderedes solicitarlles unha titoría ou contactalas a través dos seus correos electrónicos dispoñibles na Intranet da facultade. 100
Facultade de Ciencias da Comunicación @facom-usc.bsky.social · 16/09/2026#ComunidadeFaCom! Estades convidados/as ao acto de toma de posesión do decano, Carlos Toural. 🗓️ Martes 22 de setembro ⌚️ 13:00 h 📍 Plató de Cine 000
Reposted by Facultade de Ciencias da ComunicaciónColexio Profesional de Xornalistas de Galicia @xornalistas.bsky.social · 15/09/2026Amplíase até o 30 de setembro o prazo para enviar propostas á XI #BolsaNachoMirás, organizada e desenvolvida polo CPXG e patrocinada por Abanca, coa colaboración da @facom-usc.bsky.social . A bolsa ten unha dotación de 6.000 €, e está aberta a toda a profesión. www.xornalistas.gal/novas-evento... 012
Facultade de Ciencias da Comunicación @facom-usc.bsky.social · 16/09/2026🌍 O equipo decanal recibiu esta semana o estudantado de mobilidade entrante dos programas Erasmus+, Convenio Bilateral e SICUE. Durante o encontro, as persoas participantes puideron coñecer o funcionamento do centro e resolver as primeiras dúbidas sobre esta nova etapa. 100
Facultade de Ciencias da Comunicación @facom-usc.bsky.social · 15/09/2026📢 Esta semana comezan as clases do Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia da #FaComUSC. 👋 O estudantado foi recibido nun acto de benvida no que participaron a coordinadora do máster, Berta García Orosa, e o decano da Facultade, Carlos Toural Bran. 100
Facultade de Ciencias da Comunicación @facom-usc.bsky.social · 14/09/2026📢 Uninova, en colaboración coa Fundación Innovación Bankinter, convoca unha nova edición do Programa de Innovación AKADEMIA para o alumnado da USC. 💡 Un programa para explorar as transformacións que están a redefinir o mundo, a través de sesións en liña impartidas por persoas expertas. 100
Facultade de Ciencias da Comunicación @facom-usc.bsky.social · 14/09/2026Nova edición dos #LunsdeSementar 🌱 📽️ Presentamos "Sete vidas", unha curtametraxe elaborada por Estela Pensado Busto, Roi Prieto Gómez, Carolina Rey Porral, Pablo Rivas Domínguez, Saínza Rivas Porto, Julia Provincial Piñeiro e Darío Regueira Muñiz (Grao en Comunicación Audiovisual e Dobre Grao). 100
Facultade de Ciencias da Comunicación @facom-usc.bsky.social · 12/09/2026📢 A FaCom publica na Intranet a distribución do estudantado nos grupos interactivos de seminario e laboratorio, correspondente ás materias de Grao do primeiro cuadrimestre do curso 26-27. 101
Facultade de Ciencias da Comunicación @facom-usc.bsky.social · 08/09/2026📢 O Concello de Lalín, en colaboración coa FACOM, asociacións gastronómicas galegas e a Axencia de Turismo e Galicia, convoca o XXXIII Premio Internacional de Xornalismo Gastronómico 'Álvaro Cunqueiro'. 101
Facultade de Ciencias da Comunicación @facom-usc.bsky.social · 07/09/2026🎙️ A FaCom celebrou o acto de benvida para o novo estudantado dos graos en Xornalismo e Comunicación Audiovisual e do Dobre Grao. 100
Reposted by Facultade de Ciencias da ComunicaciónColexio Profesional de Xornalistas de Galicia @xornalistas.bsky.social · 20/07/2026🔴O vindeiro 15 de setembro remata o prazo da XI #BolsaNachoMirás , organizada e desenvolvida polo Colexio de Xornalistas e patrocinada por Abanca, coa colaboración da @facom-usc.bsky.social. Se tes unha idea para un proxecto de comunicación, preséntate! xornalistas.gal/novas-evento... 001
Facultade de Ciencias da Comunicación @facom-usc.bsky.social · 03/07/2026Unha nova promoción do Grao en Xornalismo (2022-2026) díxolle adeus á #FaComUSC nun emotivo acto de graduación 🎓 🎙️ A gala incluíu discursos, bromas, concursos e ata recoñecementos á traxectoria e contribución ao centro dos profesores Fermín Galindo, Xosé López e Ana Isabel Rodríguez. 100
Facultade de Ciencias da Comunicación @facom-usc.bsky.social · 23/06/2026🎓 24 estudantes graduáronse a semana pasada no Máster en Xornalismo e Comunicación Multimedia, culminando unha etapa de aprendizaxe, esforzo e crecemento profesional. 100
Facultade de Ciencias da Comunicación @facom-usc.bsky.social · 17/06/2026O pasado venres graduouse a promoción 2022-2026 do Grao en Comunicación Audiovisual da #FaComUSC. 🎬 A gala, presentada por diversos estudantes, estivo chea de lembranzas, bromas e momentos emotivos. 100
Reposted by Facultade de Ciencias da ComunicaciónUniversidade de Santiago de Compostela @usc.gal · 28/05/2026📲 O proxecto DataECO aborda na @facom-usc.bsky.social o impacto real das infraestruturas dixitais na emerxencia climática Liderado polo investigador de @novosmedios.bsky.social Emiliano Treré, recibe financiamento ao abeiro do programa ATRAE 🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no... 013
Reposted by Facultade de Ciencias da ComunicaciónColexio Profesional de Xornalistas de Galicia @xornalistas.bsky.social · 04/06/2026Até o martes 15 de setembro pódense presentar propostas para a XI #BolsaNachoMirás para proxectos xornalísticos, organizada e desenvolvida polo Colexio de Xornalistas e patrocinada por Abanca, coa colaboración da @facom-usc.bsky.social. xornalistas.gal/novas-evento... 001
Facultade de Ciencias da Comunicación @facom-usc.bsky.social · 03/06/2026O estudantado da materia ‘Fundamentos da Produción Audiovisual’ (1º de Comunicación Audiovisual), impartida polo profesor Raúl García, estreou o venres 29 de maio os videoclips realizados como parte da materia. 100
Facultade de Ciencias da Comunicación @facom-usc.bsky.social · 20/05/2026A FaCom convértese estes días nun espazo para a memoria e a reflexión sobre o xornalismo 📰 100
Facultade de Ciencias da Comunicación @facom-usc.bsky.social · 12/05/2026💡 O estudantado de IV Ciclo Universitario de Vilagarcía de Arousa visitou as instalacións da FaCom para coñecer de primeira man como se forma as xornalistas e os comunicadores do futuro. 100
Facultade de Ciencias da Comunicación @facom-usc.bsky.social · 11/05/2026Luns de sementar 🌱 🎙️ Pauli González Díaz (Dobre Grao) é a autora do pódcast 'Nadie T Preguntó', un espazo de entrevistas a xente nova descoñecida con experiencias que merecen ser contadas. 100
Facultade de Ciencias da Comunicación @facom-usc.bsky.social · 11/05/2026💡 O estudantado das materias 'Industrias culturais' (2º CAV) e 'Documental contemporáneo' (4º CAV), impartidas polos profesores Cibrán Tenreiro e Mª Soliña Barreiro, realizou unha práctica de campo no @playdocfest, que celebrou a súa 22ª edición en Tui entre o 29 de abril e o 3 de maio. 100
Facultade de Ciencias da Comunicación @facom-usc.bsky.social · 08/05/2026📢 Nesta semana na que rematan as aulas temos que destacar unha especial: a última clase do profesor Xosé López. 🏛️ Vinculado á USC dende o 1992, foi decano e director de Departamento da FaCom, director do grupo de investigación Novos Medios e coordinador do Grao en Xornalismo. 100
Facultade de Ciencias da Comunicación @facom-usc.bsky.social · 07/05/2026📢 O profesor Silvino Lopes Évora, presidente do Consello Científico e coordinador de Ciencias da Comunicación na Universidade de Cabo Verde, visítanos no marco do programa Erasmus+. 100
Facultade de Ciencias da Comunicación @facom-usc.bsky.social · 05/05/2026📢 Este ano foron 18 as comunicacións presentadas polo alumnado de Métodos de Investigación en Comunicación (3º de Xornalismo), materia impartida pola profesora Sara Pérez Seijo, na cuarta edición do #FaComgreso. 100
Reposted by Facultade de Ciencias da ComunicaciónColexio Profesional de Xornalistas de Galicia @xornalistas.bsky.social · 23/04/2026A XI edición da #BolsaNachoMirás, á que xa se poden enviar propostas até o 15 de setembro, ábrese a premiar proxectos de toda a profesión. A iniciativa está organizada e desenvolvida polo CPXG e patrocinada por Abanca, coa colaboración da @facom-usc.bsky.social. xornalistas.gal/novas-evento... 023
Facultade de Ciencias da Comunicación @facom-usc.bsky.social · 30/04/2026A xornalista Tamara Montero 🗞️ visitou as aulas de 'Movementos Xornalísticos' (4º curso do Grao en Xornalismo) para compartir co estudantado a súa forma de abordar a narración de historias factuais dende a práctica profesional. 100
Facultade de Ciencias da Comunicación @facom-usc.bsky.social · 30/04/2026Lembra que a FaCom estará pechada ata o vindeiro martes, 5 de maio. 📅 O 1 de maio pechamos por festivo nacional (Día do Traballo) 📅 O 4 de maio celebramos o Día da Liberdade de Expresión, festivo do noso centro. Retomamos a actividade habitual o martes! #LembraFaComUSC 000
Facultade de Ciencias da Comunicación @facom-usc.bsky.social · 30/04/2026💬 O estudantado de Áreas de Especialización Xornalística (4º de Xornalismo), impartida pola profesora Sara Pérez Seijo, recibiu a visita de dous alumni da FaCom: Elena Martín Lores (CAV) e Brais González Acuña (XOR). 100
Facultade de Ciencias da Comunicación @facom-usc.bsky.social · 28/04/2026Os xornalistas Fernando Mahía e Saúl Iglesias visitaron as aulas de 'Obradoiro de Creación Sonora e Radiofónica' 🎙️(Dobre Grao e CAV), impartidas pola profesora Tania Lombao, para presentar o pódcast 'Correntes do Atlántico' 🌊 no que se abordan 5 historias da emigración galega a América no Século XX. 100
Facultade de Ciencias da Comunicación @facom-usc.bsky.social · 27/04/2026Novo #lunsdesementar 🌱 'Noite Meiga' 🌘 é un videoclip de rap en galego dirixido por Jorge Díaz Saldarriaga, alumni de Comunicación Audiovisual. Este proxecto foi o TFG do autor (🎓 2022), que busca ensinar distintas zonas de Galicia para difundir a música en galego e amosar a nosa cultura. 100
Facultade de Ciencias da Comunicación @facom-usc.bsky.social · 23/04/2026🚀 O estudantado da materia Xestión da empresa informativa (3º Grao de Xornalismo e Dobre Grao) asistiu hoxe a unha sesión de orientación laboral. 👏🏼 Moitas grazas polos consellos! #estudantadofacomusc 000
Facultade de Ciencias da Comunicación @facom-usc.bsky.social · 23/04/2026📢 Isto pódeche interesar! ⚠️ Hoxe presentouse a XI Edición da Bolsa Nacho Mirás para xornalistas noveis, convocada polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (@colexiodexornalistas) en colaboración con Abanca e a #FacomUSC. 101
Facultade de Ciencias da Comunicación @facom-usc.bsky.social · 22/04/2026📢 O estudantado da materia "Industrias culturais" (2º de Comunicación Audiovisual), impartida polo profesor Cibrán Tenreiro, acolleu a visita de Lucía Ramiro, alumni da Facom e membro da cooperativa NUMAX, onde traballa na sección de Cinema. 100
Facultade de Ciencias da Comunicación @facom-usc.bsky.social · 22/04/2026🎓 O estudantado da materia Comunicación Interactiva (3º de Xornalismo), coordinada polo profesor Alberto Quian, recibiu o 21 de abril formación en accesibilidade dixital impartida por Iván Novegil, graduado na FaCom (2023). Actualmente, Iván goza dunha bolsa Schuman no Parlamento Europeo. 100
Facultade de Ciencias da Comunicación @facom-usc.bsky.social · 20/04/2026📸 Este luns 20 inaugurouse de xeito oficial a exposición fotográfica “Contrarreloxo”, de Icía García Mosquera, alumna de 3º de Xornalismo. 100
Facultade de Ciencias da Comunicación @facom-usc.bsky.social · 20/04/2026Hoxe é #LunsdeSementar 🌱 📖 Nesta semana na que festexamos o Día do Libro (23 de abril), toca presentar “Follas vellas: a libraría que revive os libros”, unha peza xornalística elaborada por Cristina Martínez Lorenzo (Grao en Xornalismo). 100
Facultade de Ciencias da Comunicación @facom-usc.bsky.social · 17/04/2026💡 O estudantado das materias 'Laboratorio de Contidos Informativos' (Máster) e 'Obradoiro de Creación Sonora e Radiofónica' (CAV e Dobre Grao), impartidas polos profesores Alejandro López e Tania F. Lombao visitaron os estudios da Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia. 100
Facultade de Ciencias da Comunicación @facom-usc.bsky.social · 16/04/2026🎬 A Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) celebrou na FaCom as 'Xornadas de difusión do audiovisual en galego'. 100
Facultade de Ciencias da Comunicación @facom-usc.bsky.social · 15/04/2026📢 A FaCom acolleu a presentación da 'Guía de Autodefensa Dixital: recupera a túa soberanía dixital', por parte de Enxeñaría Sen Fronteiras Galicia (ESF-Galicia). 100
Facultade de Ciencias da Comunicación @facom-usc.bsky.social · 14/04/2026📢 Atención, estudantado: 🗓️ Ata o 5 de maio permanece aberto o prazo para responder as enquisas de satisfacción coa docencia recibida deste 2º semestre. 📩 Pódese acceder ás enquisas a través do correo electrónico que xa recibistes ou da secretaría virtual. 100
Facultade de Ciencias da Comunicación @facom-usc.bsky.social · 13/04/2026📸 O Auditorio da Facultade acolleu este luns a conferencia 'Vida e obra de José Suárez', a cargo do especialista en fotoxornalismo Xosé Luis Suárez Canal, no marco dos actos de celebración convocados pola Real Academia de Belas Artes de Galicia. 100
Facultade de Ciencias da Comunicación @facom-usc.bsky.social · 13/04/2026Luns de sementar 🌱 📷 Presentamos o fotolibro 'O Santuário dos Pajés', que retrata a contorna natural e social desta comunidade indíxena en Brasilia. 100