Sign in

NON-TOXICNo ads · No shady algorithms

iiinova is part of the Atmosphere — an open, public network where you own your identity.

Ecoloxistas en Acción Galiza

@ecoloxistasenaccion.gal
304 followers 7 following 292 posts

Xentiña do común facendo ecoloxismo social

PostsRepliesMedia
Ecoloxistas en Acción Galiza @ecoloxistasenaccion.gal · 06/06/2026
A VIVENDA CÚSTANOS A VIDA Vigo é a cidade co alugueiro máis caro da Galiza, cunha media moi por riba dos 700 € ao mes. O prezo do alugueiro subiu máis da tripla do salario medio só no último ano. Somos cada vez máis pobres mentres que unha minoría enriquécese a nosa costa.
000 0
Ecoloxistas en Acción Galiza @ecoloxistasenaccion.gal · 30/05/2026
Saímos ás rúas de Vigo para rexeitar o desfile militar que está celebrandose nesta cidade e que é a expresión da vaga de rearme e belicismo que nos queren impoñer.
152 5
Ecoloxistas en Acción Galiza @ecoloxistasenaccion.gal · 04/05/2026
Ecoloxistas e Acción e Greenpeace despregaron unha gran pancarta á hora na que os participantes na asemblea xeral da sociedade no edificio LACS.   Pediron ás persoas accionistas de Altri que abandonen unha iniciativa industrial que só serviu pare xerar un enorme conflito social en Galicia.
032 3
Ecoloxistas en Acción Galiza @ecoloxistasenaccion.gal · 27/03/2026
A asociación veciñal A Unión de Matamá e Ecoloxistas en Acción presentaron 300 alegacións contra ampliación do PEOSE polígono industrial de Balaídos. A ampliación, como gran parte do polígono industrial existente, invade ás zonas residenciais de varias parroquias viguesas, en especial as de Matamá.
000 0
Ecoloxistas en Acción Galiza @ecoloxistasenaccion.gal · 09/03/2026
As Asociacións de Familias do Alumnado de Oleiros, xunto a Adolescencia Libre de Móbiles e o programa Escola Saudable de Ecoloxistas en Acción, invitan á comunidade educativa de Oleiros a un faladoiro intitulado «MEDRAR CON PANTALLAS NON É IGUAL A PROGRESO» o vindeiro 12 de marzo.
020 2
Ecoloxistas en Acción Galiza @ecoloxistasenaccion.gal · 08/03/2026
As rúas de Vigo ateigadas este #8M na manifestación do movemento feminista . Contra o patriarcado, o fascismo e a guerra. #Feminismo para mudalo todo!💜
020 2
Ecoloxistas en Acción Galiza @ecoloxistasenaccion.gal · 06/03/2026
Hai un tema central de actualidade que nos afecta máis do que crees. E non nos referimos a Trump nin os therian: é a industria. Por iso, lanzamos unha nova web con testemuños que che contan por que debemos mobilizarnos por unha #IndustriaLaJusta industrialajusta.org
050 5
Ecoloxistas en Acción Galiza @ecoloxistasenaccion.gal · 06/03/2026
Hai algo central na política actual que moldea o teu territorio, o teu modo de vida, a túa saúde, as túas oportunidades de emprego... Cóntanolo decenas de testemuños na nova web de @ecologistasenaccion.org 👉 industrialajusta.org E ti, a que esperas para mobilizarte por unha #IndustriaLaJusta?
020 2
Ecoloxistas en Acción Galiza @ecoloxistasenaccion.gal · 06/03/2026
🏭 A nosa contorna está marcada pola industria, e isto aféctanos no cotiá: na saúde, o emprego, o ambiente… Queres ver como? Cóntancho as túas veciñas con testemuños en primeira persoa na nova web #IndustriaLaJusta 👉 industrialajusta.org
020 2
Ecoloxistas en Acción Galiza @ecoloxistasenaccion.gal · 04/03/2026
Chega a Iª Edición dos Premios Antiviguesas Distinguidas, coa que se quere premiar aquelas organizacións que, dende a discrepancia cun goberno municipal que rexeitou a participación cidadá, traballan activamente por conseguir vivir nun Vigo socialmente xusto e ambientalmente sustentable.
021 2
Ecoloxistas en Acción Galiza @ecoloxistasenaccion.gal · 26/02/2026
O Venres 27, ás 19h no C.S. A Nubeira: Faladoiro con Julio Rodríguez López, biólogo y doutor en medicina molecular, sobre o impacto das pantallas na saúde física y mental, na presentación do seu libro “Jugar por jugar, el juego en el desarrollo psicomotor y en el aprendizaje”.
000 0
Ecoloxistas en Acción Galiza @ecoloxistasenaccion.gal · 26/02/2026
8.000 millóns € anuais en #IncentivosPerversos para a biodiversidade. 4 veces o investimento público para protexer a natureza. As subvencións ao sector primario son necesarias, pero deben, e poden, contribuír a resolver a crise ecolóxica. Como? 👉🏾 www.ecologistasenaccion.org/358833
020 2
Ecoloxistas en Acción Galiza @ecoloxistasenaccion.gal · 26/02/2026
Está a usarse ben o noso diñeiro para salvar a natureza? Hoxe publicamos o informe #IncentivosPerversos, onde che explicamos como funcionan algunhas axudas públicas que están a financiar a destrución da biodiversidade no Estado español. 👉🏾 www.ecologistasenaccion.org/358833
000 0
Ecoloxistas en Acción Galiza @ecoloxistasenaccion.gal · 25/02/2026
Hai cousas que non apetece escoitar pero que é necesario saber. Mañá contámoscho. #IncentivosPerversos
000 0
Ecoloxistas en Acción Galiza @ecoloxistasenaccion.gal · 05/02/2026
100.000 voces alzáronse para reclamar que a natureza e a nosa saúde non se toquen. Únete a elas e déixalle claro á Comisión Europea que queremos mellores leis para protexer o noso futuro. NECESITAMOS A TÚA SINATURA 👉🏾 www.ecologistasenaccion.org/mi-sa%C3%BAd... #HandsOffNature
020 2
Ecoloxistas en Acción Galiza @ecoloxistasenaccion.gal · 05/02/2026
Un novo desastre ambiental en Monte Neme. Un vertido de miles de litros de residuos mineiros, con alta concentración de metais pesados, anegou toda esta zona chegando ata o mar e contaminando todo. Unha desfeita ecoloxica da man da Xunta. Que en vez de responsabilizarse, bótalle a culpa á chuvia.
012 2
Ecoloxistas en Acción Galiza @ecoloxistasenaccion.gal · 04/02/2026
Organizacións ecoloxistas de toda Europa comezamos unha campaña de recollida de sinaturas para que a cidadanía exixa á Unión Europea que as leis ambientais non se toquen nin se poña en risco a saúde do planeta nin a dos seres humáns. 👉🏾 www.ecologistasenaccion.org/mi-salud-y-l... #HandsOffNature
030 3
Ecoloxistas en Acción Galiza @ecoloxistasenaccion.gal · 03/02/2026
O sábado 7, as 12h no Café O Castro: co lema ‘Camiña en vez de facer Scroll’, comezará un roteiro do patrimonio ambiental e histórico-cultural do Parque do Monte do Castro.
000 0
Ecoloxistas en Acción Galiza @ecoloxistasenaccion.gal · 03/02/2026
Organizacións ecoloxistas de toda Europa comezamos unha campaña de recollida de sinaturas para que a cidadanía exixa á Unión Europea que as leis ambientais non se toquen nin se poña en risco a saúde do planeta nin a dos seres humáns. 👉🏾 www.ecologistasenaccion.org/mi-salud-y-l... #HandsOffNature
010 1
Ecoloxistas en Acción Galiza @ecoloxistasenaccion.gal · 29/01/2026
Durante 28 días, elimina do teu smartphone as redes que máis tempo che roban (Instagram, TikTok, X, Facebook...) e faino de forma colectiva. Iso es todo. Podes consultar algo puntual a través do explorador web. Esta é a proposta de OFF FEBBRUARY (www.offm.org/off-february) na que participamos.
000 0
Ecoloxistas en Acción Galiza @ecoloxistasenaccion.gal · 28/01/2026
Ecoloxistas en Acción realiza este venres 30 en Coristanco, no local social de Agualada, un faladoiro sobre a contaminación electromagnética causada polas antenas de telefonía.
000 0
Ecoloxistas en Acción Galiza @ecoloxistasenaccion.gal · 26/01/2026
CAZOLADA! Seguimos amosando o noso rexeitamento ás empresas cómplices de Israel e facendo RUÍDO contra o xenocidio. O mércores (28/01) ás 20h no Burguer King (Rúa Pizarro 18 Vigo).
020 2
Ecoloxistas en Acción Galiza @ecoloxistasenaccion.gal · 24/01/2026
As estacións depuradoras seguen a verter sólidos ao mar. A xente mariñeira de cabo Prioriño (Ferrol) denuncian que recollen nas redes auténticas marañas de toalliñas e lixo mesturado co peixe. Non se trata dun problema anecdótico, senón dun fallo estrutural do sistema de saneamento.
010 1
Ecoloxistas en Acción Galiza @ecoloxistasenaccion.gal · 22/01/2026
Lamentamos o arquivo das dilixencias penais contra o vertido de pellets nas costas galegas e que de novo quen contamina saia impune, cando hai un evidente dano ao medio mariño destes microplásticos ao degradarse en nanopláticos e rematar na cadea trófica.
032 3
Ecoloxistas en Acción Galiza @ecoloxistasenaccion.gal · 21/01/2026
Pescadores da zona entre Prioriño Chico e Prioriño Grande denuncian que recollen nas redes auténticas marañas de toalliñas e lixo mesturado co peixe. Hai xornadas perdidas, aparellos inutilizados e perdas económicas. Cada desbordamento é unha agresión á ría, á biodiversidade e á saúde pública.
021 2
Ecoloxistas en Acción Galiza @ecoloxistasenaccion.gal · 21/01/2026
Un dos símbolos máis visibles desta mala xestión son as toalliñas húmidas, residuos plásticos que chegan ao mar a través do saneamento. Non son biodegradables, poden tardar séculos en desaparecer e fragmentan en microplásticos que xa están a entrar na cadea alimentaria humana.
020 2
Ecoloxistas en Acción Galiza @ecoloxistasenaccion.gal · 21/01/2026
A xente mariñeira de Ferrolterra alertan que a Ría de Ferrol afógase entre toalliñas húmidas. A Ría sufre unha contaminación inaceptable malia os millóns investidos no seu saneamento. Décadas de vertidos urbanos e industriais degradaron os ecosistemas e castigaron o sector pesqueiro artesanal.
043 4
Ecoloxistas en Acción Galiza @ecoloxistasenaccion.gal · 21/01/2026
Polo Día Internacional para o Decrecemento celebrarase mañá, xove ,en Vigo, no centro social A Nubeira unha palestra para reflexionar en conxunto sobre o decrecemento: Porqué, que e quen debe decrecer. Ademais, tamén falarase do Foro Social máis aló do Crecemento.
011 1
Ecoloxistas en Acción Galiza @ecoloxistasenaccion.gal · 12/01/2026
Novas mobilizacións por toda Galiza en contra o xenocidio en Palestina. A falsa Paz de Trump só trae máis colonialismo e apartheid. Estaremos nas rúas ata que o pobo palestino sexa libre. Polo embargo real de armas e a ruptura total de relacións con Israel! #PalestinaVencerá
020 2
Ecoloxistas en Acción Galiza @ecoloxistasenaccion.gal · 11/01/2026
A Conselleria de Industria píde as persoas que presentaron alegacións á mina de Touro que demostren ser parte interesada. Se recibes esta comunicación aquí che deixamos modelos de resposta a esa comunicación
051 5
Ecoloxistas en Acción Galiza @ecoloxistasenaccion.gal · 11/01/2026
As organizacións Amigas da Terra, Ecoloxistas en Acción e Greenpeace, integrantes do movemento Plantámonos, manifestan publicamente o seu apoio á concentración contra o Acordo de Libre Comercio UE-Mercosur convocada polo Sindicato Labrego Galego, tamén integrante do movemento Plantámonos.
010 1
Ecoloxistas en Acción Galiza @ecoloxistasenaccion.gal · 11/01/2026
Presentación no centro social A Nubeira do libro “Ditaduras Mineiras: Un informe urxente pola auga, a Vida e os Territorios”. A súa autora, Mai Costa, loitadora e activista contra a megaminería trouxonos os testemuños das comunidades afectadas pola megaminería en América Latina.
031 3
Ecoloxistas en Acción Galiza @ecoloxistasenaccion.gal · 10/01/2026
Saímos ás rúas de Compostela para condenar firmemente o ataque terrorista do Goberno de Trump sobre Venezuela. Os bombardeos en territorio venezolano, así como o secuestro do presidente Nicolás Maduro e de Cilia Flores, constitúen unha violación do dereito internacional.
02512 25
Ecoloxistas en Acción Galiza @ecoloxistasenaccion.gal · 05/01/2026
🔴 Manifestación nacional en Compostela contra a intervención imperialista de Trump en #Venezuela. Non máis sangue por petróleo. Pola soberanía dos pobos. Resistencia internacionalista contra o imperialismo! 🗓️sábado 10 de xaneiro ⏰12h 📍Alameda
001 1
Ecoloxistas en Acción Galiza @ecoloxistasenaccion.gal · 05/01/2026
O Domingo 11 de xaneiro, ás 11:30h, Mai Costa presentará o seu libro no centro social A Nubeira (Vigo). O libro “Ditaduras Mineiras: Un informe urxente pola auga, a Vida e os Territorios” é un racconto de accións realizadas en territorios e comunidades afectadas pola megaminería.
011 1
Ecoloxistas en Acción Galiza @ecoloxistasenaccion.gal · 24/12/2025
O excesivo tráfico de coches contribúe ao cambio climático, pero ademais, en cidades como Vigo convértese nun grave problema de saúde pública pola mala calidade do aire. A designación de Zonas de Baixas Emisións é un primer paso válido para obrigar a saír do inmobilismo a gobernos negacionistas.
000 0
Ecoloxistas en Acción Galiza @ecoloxistasenaccion.gal · 24/12/2025
O mellor agasallo que che podes facer este ano é o de contribuír a un mundo máis sostible e xusto. Se queres axudarnos a que este traballo siga sendo posible, asóciache a Ecoloxistas en Acción. Hai diferentes cotas, adaptadas a diferentes petos. 👉🏾 www.ecologistasenaccion.org/unete
000 0
Ecoloxistas en Acción Galiza @ecoloxistasenaccion.gal · 18/12/2025
Unha semana máis saímos ás rúas para sinalar aos cómplices do xenocidio. Unha nova cazolada por Palestina, desta vez diante do Carrefour Exprés do Paseo do Calvario en Vigo para denunciar a complicidade desta multinacional. Israel asasina, Carrefour patrocina! #BoicoteCarrefour #PalestinaVencera
030 3
Ecoloxistas en Acción Galiza @ecoloxistasenaccion.gal · 12/12/2025
Este venres 12 saímos á rúa para denunciar que o sistema actual favorece a especulación da vivenda e a precariedade laboral e reclamamos o control dos prezos do alugueiro, unha moratoria de licenzas de vivendas e melloras nun sistema transporte sostible. Vémonos no Farol de Urzáiz ás 20h
051 5
Ecoloxistas en Acción Galiza @ecoloxistasenaccion.gal · 12/12/2025
Baixo o lema ‘Vigo e O Morrazo para vivir’ reivindicamos un modelo turístico máis respectuoso ca veciñanza, facendo especial fincapé no Nadal vigués e os seus efectos no Morrazo.
000 0
Ecoloxistas en Acción Galiza @ecoloxistasenaccion.gal · 28/11/2025
Este ano, Ecoloxistas en Acción celebra a súa asemblea confederal na Galiza. No centro social A Nubeira, en Vigo, atoparanse activistas de case 200 grupos locais espallados polo Estado español para falar de ecoloxismo social para mudar o mundo #AsembleaVigo25
000 0
Ecoloxistas en Acción Galiza @ecoloxistasenaccion.gal · 25/11/2025
O xoves 4, Claudia Calvache Barbosa e Cristóbal López Pazo conversarán con Yayo Herrero sobre o seu novo libro Metamorfosis. Una revolución antropológica. Ás 19h no centro social A Nubeira (rúa Pizarro, 6 Vigo).
010 1
Ecoloxistas en Acción Galiza @ecoloxistasenaccion.gal · 25/11/2025
Campaña de co-financiamento dos gastos xurídicos da defensa ante os Tribunais da anulación da prorroga a ENCE na Ría de Pontevedra www.goteo.org/project/a-lo...
011 1
Ecoloxistas en Acción Galiza @ecoloxistasenaccion.gal · 24/11/2025
Que se agocha tras a gandería industrial? Un modelo destinado á exportación que destrúe bosques, favorece a transmisión de enfermidades, consome o 80% dos antibióticos no Estado español, pon en risco a nosa saúde, contamina a auga e xera máis emisións. Sábado 29 en Madrid #StopGanaderíaIndustrial
052 5
Ecoloxistas en Acción Galiza @ecoloxistasenaccion.gal · 17/11/2025
Tras 20 anos de loita da veciñanza, acadouse hoxe no pleno do concello de Pontevedra que, por unanimidade, se solicite ao Ministerio que non se continúe co trazado 2 e 3 da autovía A-57 e non destrozar máis o rural pontevedrés.
020 2
Ecoloxistas en Acción Galiza @ecoloxistasenaccion.gal · 13/11/2025
Na Cúpula dos Povos en Belém do Pará (Brasil) falando doutro xeito de facer as cousas. Un modelo que non dependa do saqueo e do espolio territorial. Porque é posible outro modelo que non sexa depredador da terra, do territorio, dos pobos e as comunidades.
032 3
Ecoloxistas en Acción Galiza @ecoloxistasenaccion.gal · 29/10/2025
🔻CAZOLADA🔻 XOVES 30 de outubro ás 20:00h.🕗 📌na rúa Príncipe de Vigo. diante de ZARA empresa cómplice do sionismo. FAGAMOS RUÍDO 🥁 Ata que Palestina sexa LIBRE 🍉 #boicoteisrael #BDS #bdsGZ #bdsGzVigo #zaracómplice #boicotezara
000 0
Ecoloxistas en Acción Galiza @ecoloxistasenaccion.gal · 21/10/2025
O vindeiro 25 de outubro ás 11.30h dende a Praza do Berbés a Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo fará un roteiro onde poderás coñecer como este uso ultraespeculativo da vivenda está transformando os nosos barrios e que podemos facer para frear o seu avance.
020 2
Ecoloxistas en Acción Galiza @ecoloxistasenaccion.gal · 19/10/2025
Este fin de semana xuntámonos deceas de colectivos de toda a península en Covas do Barroso para celebrar o IV Encontro sobre os impactos sociais e ambientais da minaría. Durante tres días puxemos en común a situación en diferentes territorios e elaboramos estratexias de coordinación e apoio mutuo.
040 4
Ecoloxistas en Acción Galiza @ecoloxistasenaccion.gal · 15/10/2025
Dia de folga na Galiza polo pobo palestino. #folgapalestina #palestinalibre🇵🇸❤️
020 2