Sign in

O Dosi Veiga

@dosiveiga.bsky.social
807 followers 493 following 10.1K posts

Físico, astrónomo amador, hostaleiro accidental e plantador de castiñeiros. Proxectos actuais: www.CeosGalegos.com (ten BlueSky) e www.LeirasDeProgo.com

PostsRepliesMedia
O Dosi Veiga @dosiveiga.bsky.social · 4h
Pero mira que me foden estas merdas. Hai que ser cutre e miserable, de verdade. E ignorante.
340 0
O Dosi Veiga @dosiveiga.bsky.social · 12h
Traballar no bar en quenda de mañá é 🤬 Xantar as 16:00 horas 🙃 Mais...
160 0
O Dosi Veiga @dosiveiga.bsky.social · 17h
3° paso: paquetes de 3 quilos en bolsas de rede, lavables e reutilizables. 4° paso: á neveira, enre 2-3 °C, temperatura óptima para que a Gnomoniopsis ("o fungo") se manteña inerte, de habelo. 5° paso: cata para comprobar calidade. Aínda haberá unha última revisión visual na bolsa antes da venda.
050 0
O Dosi Veiga @dosiveiga.bsky.social · 17h
Que se lle fai as castañas desde que se collen do souto? ("Que fago eu, quero dicir"). 1° paso: 2-3 días en auga fría para flotalas; eliminamos as que teñen bicho ou podremia (moitos falsos positivos e negativos, na nosa experiencia). 2° paso: revisión visual (eliminar furadas)...
1110 0
O Dosi Veiga @dosiveiga.bsky.social · 15/10/2026
Cousas = facer paquetes de 3 quiliños coas castañas (estas son mesturas de variedades) e metelas en neveira (lembrei onte que temos a metade delas apagadas por fin de tempada 🤷). E outro repaso para quitar bichiños e apartar as grandotas 😍
130 0
O Dosi Veiga @dosiveiga.bsky.social · 15/10/2026
Pois tocou quenda de tarde no bar. Así aproveitando un os tempos mortos para... cousas
1130 0
O Dosi Veiga @dosiveiga.bsky.social · 15/10/2026
Hai variedades de castañas diferentes? Vós, que opinades? 😁
1130 0
O Dosi Veiga @dosiveiga.bsky.social · 14/10/2026
Olla que fermosas 😍
1100 0
O Dosi Veiga @dosiveiga.bsky.social · 14/10/2026
Por exemplo, o castiñeiro "milenario" que o ano pasado lle apañei longais moi pequenas (o que aproveitei para cocelas e facer cervexa 😁), este ano está botándoas un pouca máis grandes. Metinlle uns centos de litros de auga en 2 veces ao longo de xullo.
140 0
O Dosi Veiga @dosiveiga.bsky.social · 14/10/2026
E deixámolo aquí. Queda unha ducia de castiñeiros pero xa é noite e sería moito vicio.
000 0
O Dosi Veiga @dosiveiga.bsky.social · 14/10/2026
Na seguinte fileira: 2, 2, 12 e 0,5 kg respectivamente, nos 4 primeiros. O 3° vai haber que mimalo. É da variedade famosa😍
100 0
O Dosi Veiga @dosiveiga.bsky.social · 14/10/2026
Os 6°, 7° e oitavo (de Romariz) deron 2,5 kg, 2,5 kg e 15, respectivamente. Este "de Romariz" ten fama de dar castañas grandes pero que non enchen o cu. Eu penso que será falta de auga. Este ano levou dúas regas e case todas teñen un bo cuíño 🤷
100 0
O Dosi Veiga @dosiveiga.bsky.social · 14/10/2026
O quinto é un dos plantados fóra de liña. Cousas de erros cometidos. 4,5 kg de castañas.😁
100 0
O Dosi Veiga @dosiveiga.bsky.social · 14/10/2026
Na quenda da tarde comezamos forte co 4° castiñeiro e 9,6 castañas apañadas
110 0
O Dosi Veiga @dosiveiga.bsky.social · 14/10/2026
Tamén "encalei" de novo, dests volta con cunchas de mexilón (e algunha de volandeira). Aínda hai restos; vai ser cal de liberación lenta, penso. A idea é subir o pH ata 6, que seica é o óptimo para os castiñeiros.
100 0
O Dosi Veiga @dosiveiga.bsky.social · 14/10/2026
...Ao seguinte pedín orzamento para poda: 2000 €. Porque non os tiña daquela. En botei cal magnésica. O ano pasado vendín por separado a variedade famosa e cortei 3 improdutivos/secos. Este ano reguei un par de veces en xullo, coa cuba de 1000 litros. Unha das regas con micorriza disolta na auga😁
100 0
O Dosi Veiga @dosiveiga.bsky.social · 14/10/2026
Na fila 3ª apañei nos tres primeiros castiñeiros;i 2 kg, unha presada e 2,5 kg respectivamente. Entre o 1° e o 2° hai 3 m de separación. Quen dixo "sacrificio invernal"? 😁 🪚 Haberá que ir xantar, que son horas.🥳 de
210 0
O Dosi Veiga @dosiveiga.bsky.social · 14/10/2026
E, no quinto castiñeiro, a pesar do seu aspecto espídico, 15 quilos!!!
120 0
O Dosi Veiga @dosiveiga.bsky.social · 14/10/2026
No 4° caeron 2 kg e medio de castañas pequenotas.
110 0
O Dosi Veiga @dosiveiga.bsky.social · 14/10/2026
Na fileira 2ª apañei quiliño e medio no segundo castiñeiro. Pero grandotas.
120 0
O Dosi Veiga @dosiveiga.bsky.social · 14/10/2026
Se vos preguntades polos castiros 2 e 4 foron sacrificados na ara de Husqvarna, na honra de Virgo e Ceres. Os seus compañeiros 1, 3 e 5 agradeceránlles toda a vida os servizos prestados.😁
130 0
O Dosi Veiga @dosiveiga.bsky.social · 14/10/2026
Castiñeiro 5 de 40. 4,5 quilos de castañas pequenas e medianas. Como os seus compañeiros, precisa de medicina de "machada", esterco e agarimo 😁
120 0
O Dosi Veiga @dosiveiga.bsky.social · 14/10/2026
Castiñeiro 3 de 40. 4 quiliños, pero moitas de calibre grande 😍
130 0
O Dosi Veiga @dosiveiga.bsky.social · 14/10/2026
Castiñeiro 1 de 40. 5 quilos e medio.😎
160 0
O Dosi Veiga @dosiveiga.bsky.social · 14/10/2026
Encántame o arrecendo a souto pola mañanciña 😍 #LeiraAPedreira #LeirasDeProgo
2291 0
O Dosi Veiga @dosiveiga.bsky.social · 13/10/2026
O de "cu fino" hai moito menos. Son vermes de Pammene fasciana ou Cydia splendana ; unha especie de avelaíña. Nalgures lin que abortan o crecemento do ourizo e da castaña, pero non, aparece tamén en castañas feitas. Estes pódense diminuír con trampas de feromonas. O Curculio non.
Verme de Cydia, arriba, e de Curculio elephas, abaixo dereita.
120 0
O Dosi Veiga @dosiveiga.bsky.social · 13/10/2026
Os vermes na miña zona adoitan ser de dous tipos. Ámbolos dous casos o ovo é posto ou na flor ou no ourizo pequeno, polo que o verme aliméntase da castaña e agora sae ao exterior, soterrándose para hibernar. O da foto é o de "cu gordo", Curculio elephas; é do que máis teño.
290 0
O Dosi Veiga @dosiveiga.bsky.social · 10/10/2026
Operación de trauma realizada. Cortado da galla de carballo agresora, comprobación que o castiñeiro tiña dúas gallas (unha parece conservar zume), corte limpo dunha, desinfección e entalado da outra.
171 0
O Dosi Veiga @dosiveiga.bsky.social · 07/10/2026
Pois parece que están ricas, si
1100 0
O Dosi Veiga @dosiveiga.bsky.social · 06/10/2026
Se non tes plans en Ourense para este mércores ás 20:00 eu propoño este: unha charliña do Marcos Pérez (director dos @mc2coruna.bsky.social ) cun sentido do humor que xa se nota no título. Para aprender e divertirse, abofé. Ah, e eu de "telonero" 😎
0178 0
O Dosi Veiga @dosiveiga.bsky.social · 06/10/2026
Pois vaia merda do carafio... Partiu unha galla dun rebolo e levou por diante un castiñeiro. 😭😭 Mañá levarei motoserra e a ver se é recuperable. Shit.
140 0
O Dosi Veiga @dosiveiga.bsky.social · 05/10/2026
Para a edición de ##CeosGalegos27 recibimos máis de 60 propostas; abondo para 5 calendarios. Tras unha primeira escolma do deseñador gráfico (criterios comerciais) quedan 35. Abondo para 3 calendarios. Agora tócame a min a escolma final 😳 Só poden ficar 14-15 imaxes 🥲
1124 0
O Dosi Veiga @dosiveiga.bsky.social · 05/10/2026
Preparando as efemérides para #CeosGalegos27, así a última hora. Que podía saír mal? 🙄
000 0
O Dosi Veiga @dosiveiga.bsky.social · 05/10/2026
100 0
O Dosi Veiga @dosiveiga.bsky.social · 03/10/2026
Parabéns de novo á Natalia e á toda a PSOE de Ourense por alimentar ao monstro. Agora, a rañala!!
1183 0
O Dosi Veiga @dosiveiga.bsky.social · 02/10/2026
Quen lle acaba de meter un consumo de menos de 10 litros aos 100 quilómetros á Besta®? 😁 56 litros para 100 km. E aínda lle podo reducir algo máis.😊
140 0
O Dosi Veiga @dosiveiga.bsky.social · 02/10/2026
Vai a vella morrendo, vai a vella aprendendo.
1100 0
O Dosi Veiga @dosiveiga.bsky.social · 01/10/2026
Coitelo de buceo, machada, machado e "pata de cabra"; polo menos. A min se me paran na Besta® tería que dar moitas explicacións.
130 0
O Dosi Veiga @dosiveiga.bsky.social · 01/10/2026
100 0
O Dosi Veiga @dosiveiga.bsky.social · 30/09/2026
Ourensanians de ben!!!! Actúo!! O mércores 7 de outubro, ás 20:00 horas, @cervexariaomoucho.bsky.social En realidade fago de teloneiro do xenial Marcos do @mc2coruna.bsky.social co seu humor... "particular"; xa veredes. 🤣
096 0
O Dosi Veiga @dosiveiga.bsky.social · 30/09/2026
Primeiras castañas vendidas... e escoitando os saloucos do "tratante". Sobre que este ano vai ser malo, e a ver se as próximas son un pouco máis grandes e me suben... 10 céntimos.🤪 O peor, que me cabreou (despois, xa no futingo)...
190 0
O Dosi Veiga @dosiveiga.bsky.social · 30/09/2026
000 0
O Dosi Veiga @dosiveiga.bsky.social · 30/09/2026
Isto comeza a ter dimensións profesionais. A morea de esterco vén de duplicar o seu tamaño. Os aforros para o inverno.
040 0
O Dosi Veiga @dosiveiga.bsky.social · 30/09/2026
No paseo rural de onte polas #LeirasDeProgo: - 2 corzas (nai e filla) ás que lles cedín o paso en canto decidiron cruzar - un teixugo áxil - 2 vultos que non recoñecín (supoño raposo e coello) Déixovos un vídeo dunha captura fugaz.
0130 0
O Dosi Veiga @dosiveiga.bsky.social · 28/09/2026
🤣 Grazas pola descrición gráfica. Por sorte, lin antes de botar o grolo do café. Se tardo un chisco sáeme polo nariz.
120 0
O Dosi Veiga @dosiveiga.bsky.social · 27/09/2026
Facemos un pouco de física básica? Onte rematei de beber esta botella de cl de auga no Alto do Paraño (límite provincial Ourense-Pontevedra). Ao chegar á capital, Ourense, presenta este aspecto. Por que?
9151 0
O Dosi Veiga @dosiveiga.bsky.social · 26/09/2026
Pola zona da Lama (Pontevedra). Aquí hai outros problemas. A metades das leiras están en rede Natura 2000 e hai outros predadores de cousas verdes 🤪
252 0
O Dosi Veiga @dosiveiga.bsky.social · 26/09/2026
U-la Besta®?
151 0
O Dosi Veiga @dosiveiga.bsky.social · 26/09/2026
Como celebrades vós este sábado de solciño? Eu, de excursión para visitar unhas leiras dunha descoñecida, que me contactou pola web de #LeirasDeProgo. 🤷 A miña 2ª visita para asesoramento de campo "sen compromiso" (xa sabedes, de balde 😁). Eu, que levo nisto catro días.
131 0
O Dosi Veiga @dosiveiga.bsky.social · 25/09/2026
Apalei primeiras castañas. No souto plantado hai 40 anos, un castiñeiro que vai 2 semanas por diante. Antes dicíase que as primeiras polo SanMiguel. Este ano 10 días de adianto. Se chove (como se anuncia) a semana que vén, poida que haxa gran colleita das variedades normais e serodias.
1101 0