Sign in

CUAC FM

@cuacfm.org
154 followers 27 following 107 posts

A radio comunitaria da Coruña. Asociación cultural declarada de utilidade pública. Nas ondas desde 1996. 📍A Coruña 🔗 linktr.ee/cuacfm

PostsRepliesMedia
CUAC FM @cuacfm.org · 23/09/2026
Solzimer, de Málaga, gaña a Batalla de Bandas do XXVIII Concurso de Bandas e Solistas de CUAC FM O grupo malagueño Solzimer alzouse co primeiro premio, dotado con 1.000 euros, na Batalla de Bandas do XXVIII Concurso de Bandas e Solistas de CUAC FM, celebrada este sábado na Sala Mardi Gras da…
cuacfm.org
Solzimer, de Málaga, gaña a Batalla de Bandas do XXVIII Concurso de Bandas e Solistas de CUAC FM
O grupo malagueño Solzimer alzouse co primeiro premio, dotado con 1.000 euros, na Batalla de Bandas do XXVIII Concurso de Bandas e Solistas de CUAC FM, celebrada este sábado na Sala Mardi Gras da Coruña. O segundo posto, con 900 euros de recompensa, foi para o proxecto barcelonés Vlack Carmen. Aínda queda por coñecerse o nome da banda local gañadora do premio Eva Coyote.
010
CUAC FM @cuacfm.org · 07/09/2026
CUAC FM estrea tempada cunha grella renovada e tres estreas CUAC FM 103.4 estrea nova tempada cunha grella renovada. O cambio máis visible chega pola mañá, coa incorporación en directo de La Cafetera de 8.30 a 10.00, e pola noite, co traslado de Carne Cruda ao horario de madrugada. Pero o groso da…
cuacfm.org
CUAC FM estrea tempada cunha grella renovada e tres estreas
CUAC FM 103.4 estrea nova tempada cunha grella renovada. O cambio máis visible chega pola mañá, coa incorporación en directo de La Cafetera de 8.30 a 10.00, e pola noite, co traslado de Carne Cruda ao horario de madrugada. Pero o groso da grella segue a ser, coma sempre, produción propia: máis de trinta programas feitos por e para a comunidade, entre os que estrean esta tempada…
000
CUAC FM @cuacfm.org · 03/09/2026
Escape Motor sae á estrada: emisión especial en directo do Rally Terra de Galicia O programa Escape Motor de CUAC FM realizará unha emisión especial en directo este sábado 5 de setembro, narrando en directo o II Rally Terra de Galicia dende as 08.00h ata aproximadamente as 20.30h. A proba,…
cuacfm.org
Escape Motor sae á estrada: emisión especial en directo do Rally Terra de Galicia
O programa Escape Motor de CUAC FM realizará unha emisión especial en directo este sábado 5 de setembro, narrando en directo o II Rally Terra de Galicia dende as 08.00h ata aproximadamente as 20.30h. A proba, puntuable para o Campeonato de España de Rallyes de Tierra (CERT), percorrerá varios concellos da comarca de Bergantiños e arredores. CUAC FM 103.4 vai vivir unha xornada especial este sábado 5 de setembro coa emisión en directo de Escape Motor, que se despraza ata o…
000
CUAC FM @cuacfm.org · 01/09/2026
Vellenials abrirá a nova tempada de CUAC FM no Auditorio de Afundación CUAC FM inaugura a súa nova tempada radiofónica cun evento de humor en directo protagonizado por Vellenials (e amizades), o sábado 10 de outubro no Auditorio de Afundación da Coruña, dentro dos actos do 30 aniversario da…
cuacfm.org
Vellenials abrirá a nova tempada de CUAC FM no Auditorio de Afundación
CUAC FM inaugura a súa nova tempada radiofónica cun evento de humor en directo protagonizado por Vellenials (e amizades), o sábado 10 de outubro no Auditorio de Afundación da Coruña, dentro dos actos do 30 aniversario da emisora. CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña, dá o pistoletazo de saída á súa nova tempada cun evento especial de humor en directo.
000
CUAC FM @cuacfm.org · 13/08/2026
Así foi o Especial Eclipse Total de CUAC FM: reescoita e revive o programa completo en video CUAC FM emitiu onte, mércores 12 de agosto, un especial en directo dende o Monte da Fraga con motivo da eclipse solar total vivida en A Coruña. Entrevistas, música e a experiencia única do momento de…
cuacfm.org
Así foi o Especial Eclipse Total de CUAC FM: reescoita e revive o programa completo en video
CUAC FM emitiu onte, mércores 12 de agosto, un especial en directo dende o Monte da Fraga con motivo da eclipse solar total vivida en A Coruña. Entrevistas, música e a experiencia única do momento de totalidade xa están dispoñibles en vídeo para quen queira revivilo ou descubrilo por primeira vez. CUAC FM emitiu onte, mércores 12 de agosto, o seu…
010
CUAC FM @cuacfm.org · 12/08/2026
🔴 EN DIRECTO | Sigue o ESPECIAL ECLIPSE TOTAL desde o Monte da Fraga, na Coruña Hoxe, CUAC FM vive a eclipse en directo Hoxe mércores 12 de agosto, de 18:00 a 21:00 horas, CUAC FM emite un especial en directo dende o Monte da Fraga con motivo da eclipse solar total que se pode observar dende A…
cuacfm.org
🔴 EN DIRECTO | Sigue o ESPECIAL ECLIPSE TOTAL desde o Monte da Fraga, na Coruña
Hoxe, CUAC FM vive a eclipse en directo Hoxe mércores 12 de agosto, de 18:00 a 21:00 horas, CUAC FM emite un especial en directo dende o Monte da Fraga con motivo da eclipse solar total que se pode observar dende A Coruña. Tres horas de programa con persoas convidadas, mitoloxía, conexións en directo dende distintos puntos da cidade e a experiencia do momento de totalidade.
000
Reposted by CUAC FM
CISPAC @cispac.bsky.social · 14/07/2026
@cuacfm.org | 4x5 Eólicos En Galicia, Solución Ou Problema? ℹ️ Onda Ciencia trae un debate sobre o modelo de implantación da enerxía eólica en Galicia 👥 Vicente Díaz (UDC), Aurora Grandal D’Anglade (UDC-CISPAC) e Fernando De Llano (UDC) cuacfm.org/radioco/prog...
cuacfm.org
Onda Ciencia ponlle o ramo á súa cuarta tempada cun dos debates máis intensos, complexos e estratéxicos que afronta o noso territorio hoxe: aquel sobre o modelo de implantación da enerxía eólica en Galicia.
013
CUAC FM @cuacfm.org · 06/08/2026
A Coruña vivirá a eclipse total do 12 de agosto e CUAC FM contarao en directo dende o Monte da Fraga A Coruña vivirá o próximo 12 de agosto un dos fenómenos astronómicos máis esperados da década: unha eclipse solar total, cunha fase de totalidade duns 76 segundos e o momento máximo previsto…
cuacfm.org
A Coruña vivirá a eclipse total do 12 de agosto e CUAC FM contarao en directo dende o Monte da Fraga
A Coruña vivirá o próximo 12 de agosto un dos fenómenos astronómicos máis esperados da década: unha eclipse solar total, cunha fase de totalidade duns 76 segundos e o momento máximo previsto arredor das 20:28 horas. CUAC FM, no marco do seu 30º aniversario, emitirá un especial en directo dende o Monte da Fraga para acompañar este acontecemento. CUAC FM emitirá un programa…
000
CUAC FM @cuacfm.org · 05/08/2026
CUAC FM repasa todo o Festival Noroeste Estrella Galicia nun especial de dúas horas CUAC FM emitiu este luns 3 de agosto un especial en directo de dúas horas dedicado por completo ao XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia. Un equipo da emisora repasou artista por artista a programación completa…
cuacfm.org
CUAC FM repasa todo o Festival Noroeste Estrella Galicia nun especial de dúas horas
CUAC FM emitiu este luns 3 de agosto un especial en directo de dúas horas dedicado por completo ao XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia. Un equipo da emisora repasou artista por artista a programación completa do festival, con conexións en directo con Apolo18 e Tsunami Arise, gañadores do Concurso de Bandas e Solistas de CUAC FM. CUAC FM colleu aire e ritmo nos mandos técnicos para ofrecer, este luns 3 de agosto de 19:00 a 21:00 horas, un especial monográfico sobre o…
000
CUAC FM @cuacfm.org · 31/07/2026
Unha radio comunitaria máis en risco: CUAC FM apoia a Radio Enlace fronte ao peche do seu local O concelleiro do Partido Popular do distrito madrileño de Hortaleza esixiu esta semana o abandono "inmediato" do local municipal que Radio Enlace ocupa desde 2022, deixando sen espazo a programas…
cuacfm.org
Unha radio comunitaria máis en risco: CUAC FM apoia a Radio Enlace fronte ao peche do seu local
O concelleiro do Partido Popular do distrito madrileño de Hortaleza esixiu esta semana o abandono "inmediato" do local municipal que Radio Enlace ocupa desde 2022, deixando sen espazo a programas realizados por persoas con mobilidade reducida e outros colectivos. Desde CUAC FM, emisora comunitaria tamén, sumámonos á rede de apoio a Radio Enlace nun momento crítico para a súa continuidade.
001
CUAC FM @cuacfm.org · 29/07/2026
CUAC FM analiza en directo o cartel do Festival Noroeste Estrella Galicia o 3 de agosto CUAC FM emitirá o vindeiro 3 de agosto, de 19:00 a 21:00 horas, un programa especial en directo dedicado por completo ao XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia. O espazo repasará os horarios e recomendará os…
cuacfm.org
CUAC FM analiza en directo o cartel do Festival Noroeste Estrella Galicia o 3 de agosto
CUAC FM emitirá o vindeiro 3 de agosto, de 19:00 a 21:00 horas, un programa especial en directo dedicado por completo ao XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia. O espazo repasará os horarios e recomendará os concertos que non hai que perder entre os máis de 40 recitais que se celebrarán do 5 ao 9 de agosto na Coruña. CUAC FM súmase á recta final da conta atrás para o XXXIX…
000
CUAC FM @cuacfm.org · 14/07/2026
Eólicos en Galicia, solución ou problema? Neste último episodio analizamos o impacto dos muíños de vento desde unha tripla perspectiva: 🏛️ A riqueza do noso patrimonio e da paisaxe cultural. ⚓ As innovacións tecnolóxicas da eólica mariña (offshore). 💶 A balanza económica entre os custos locais e…
cuacfm.org
Eólicos en Galicia, solución ou problema?
Neste último episodio analizamos o impacto dos muíños de vento desde unha tripla perspectiva: 🏛️ A riqueza do noso patrimonio e da paisaxe cultural. ⚓ As innovacións tecnolóxicas da eólica mariña (offshore). 💶 A balanza económica entre os custos locais e os beneficios globais. Para afondar nesta realidade, conversamos con tres voces expertas da Universidade da Coruña (UDC): 👨‍🔬 Vicente Díaz Casás (Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol - CITENI) 👩‍🔬 Aurora María Grandal D’Anglade (Instituto Universitario de Xeoloxía - CISPAC) 👨‍💼 Fernando De Llano Paz (Facultade de Economía e Empresa - GREFIN) Un coloquio imprescindible sobre o marco normativo, as tensións sociais no rural, o impacto ambiental e os retos do noso litoral, buscando as claves para un verdadeiro pacto social.
010
CUAC FM @cuacfm.org · 13/07/2026
Tsunami Arise e Apolo18, gañadores do Concurso de Bandas de CUAC FM, subirán ao escenario do Festival Noroeste O XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia xa ten cartel completo, con máis de 40 artistas e nomes como Bomba Estéreo, Rusowsky, Yerai Cortés, Sprints ou Ángel Stanich. Entre as…
cuacfm.org
Tsunami Arise e Apolo18, gañadores do Concurso de Bandas de CUAC FM, subirán ao escenario do Festival Noroeste
O XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia xa ten cartel completo, con máis de 40 artistas e nomes como Bomba Estéreo, Rusowsky, Yerai Cortés, Sprints ou Ángel Stanich. Entre as confirmacións destacan Tsunami Arise e Apolo18, gañadores do XXVIII Concurso de Bandas e Solistas de CUAC FM, que subirán aos escenarios da Coruña do 5 ao 8 de agosto. Xa está aquí o tan agardado cartel completo da XXXIX edición do…
010
CUAC FM @cuacfm.org · 06/07/2026
Saficonas estrea o seu primeiro episodio con Cecilia Burillo como protagonista Les Coruña e CUAC FM estrean Saficonas, un novo podcast dentro do proxecto Iconas que busca dar voz e visibilidade ao talento LGTBIQ+. No seu primeiro episodio, a conductora Estela López Rodríguez conversa coa…
cuacfm.org
Saficonas estrea o seu primeiro episodio con Cecilia Burillo como protagonista
Les Coruña e CUAC FM estrean Saficonas, un novo podcast dentro do proxecto Iconas que busca dar voz e visibilidade ao talento LGTBIQ+. No seu primeiro episodio, a conductora Estela López Rodríguez conversa coa multiinstrumentista, compositora e docente coruñesa Cecilia Burillo, nunha entrevista próxima e sincera sobre a súa traxectoria musical, os seus proxectos e a súa propia experiencia vital.
000
CUAC FM @cuacfm.org · 01/07/2026
O xurado do XXVIII Concurso de Bandas e Solistas de CUAC FM desvela os grupos seleccionados O xurado do XXVIII Concurso de Bandas e Solistas de CUAC FM completou a súa labor tras escoitar os 120 proxectos musicais recibidos e xa se coñecen os grupos e solistas que actuarán no Festival Noroeste…
cuacfm.org
O xurado do XXVIII Concurso de Bandas e Solistas de CUAC FM desvela os grupos seleccionados
O xurado do XXVIII Concurso de Bandas e Solistas de CUAC FM completou a súa labor tras escoitar os 120 proxectos musicais recibidos e xa se coñecen os grupos e solistas que actuarán no Festival Noroeste Estrella Galicia e na batalla de bandas da Sala Mardi Gras. As bandas galegas seleccionadas para actuar no Festival Noroeste Estrella Galicia son Apolo 18…
000
Reposted by CUAC FM
Universidade da Coruña @udc.gal · 27/06/2026
Nova entrega de #OndaCiencia 🎧🔬 Blanca Laffon Lage, Elvira Santiago Gómez e Miguel Cuerva Vidales da #UDC, cóntannos sobre a conexión entre saúde humana, animal e ambiental. Escóitao xa 👉https://bit.ly/4oYP9GQ Proxecto da Unidade de Divulgación Científica e Cultural #UDC e @cuacfm.org  #UnhaSaúde
021
CUAC FM @cuacfm.org · 23/06/2026
Isabel Lema conversa en ONDA CIENCIA con Blanca Laffon, Miguel Cuerva e Elvira Santiago sobre os retos globais que nos axexan: dende a prevención das pandemias ata como nos afectan os contaminantes invisibles (coma os nanomateriais dos cosméticos)
cuacfm.org
Un mundo, unha soa saúde
Na imaxe: Blanca Laffon, Miguel Cuerva, Isabel Lema e Elvira Santiago Onda Ciencia mergúllase de cheo no paradigma "One World, One Health" (‘Un mundo, unha soa saúde’), un enfoque global que nos lembra que a saúde humana, a animal e a ambiental están totalmente interconectadas. Nun contexto marcado polos retos climáticos e tecnolóxicos, o programa analiza como non é posible protexer o noso benestar sen coidar os ecosistemas nin sen previr riscos globais: desde as ameazas zoonóticas (enfermidades que saltan de animais a humanos) nas granxas ata os novos contaminantes invisibles que entran no noso corpo no día a día.
000
CUAC FM @cuacfm.org · 18/06/2026
Novo deseño, playlist e alertas: a app de CUAC FM actualízase a fondo polo 30 aniversario da emisora CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña que emite no 103.4 FM, presenta a actualización máis importante da súa aplicación móbil desde o seu lanzamento. A nova versión, dispoñible para Android e iOS,…
cuacfm.org
Novo deseño, playlist e alertas: a app de CUAC FM actualízase a fondo polo 30 aniversario da emisora
CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña que emite no 103.4 FM, presenta a actualización máis importante da súa aplicación móbil desde o seu lanzamento. A nova versión, dispoñible para Android e iOS, chega coincidindo co 30 aniversario da emisora e incorpora un redeseño completo, novas funcionalidades e melloras técnicas para achegar a programación de CUAC a todo o mundo…
110
CUAC FM @cuacfm.org · 17/06/2026
«Estrelados na Estratosfera» gaña o premio á mellor identidade visual no II Festival de Podcast de Emuga O podcast de CUAC FM Estrelados na Estratosfera, presentado por Víctor Fernández e Iván Pensado, foi galardoado co premio á mellor identidade visual no II Festival de Podcast organizado pola…
cuacfm.org
«Estrelados na Estratosfera» gaña o premio á mellor identidade visual no II Festival de Podcast de Emuga
O podcast de CUAC FM Estrelados na Estratosfera, presentado por Víctor Fernández e Iván Pensado, foi galardoado co premio á mellor identidade visual no II Festival de Podcast organizado pola Asociación de Emisoras Municipais Galegas (Emuga), celebrado este venres 13 de xuño en Fene. O II Festival de Podcast de Emuga chegou á súa fin este venres en Fene coa entrega de 15 galardóns a outros tantos traballos.
000
CUAC FM @cuacfm.org · 14/06/2026
Os ‘OSCUACS’ coroan as Malhumoradas como Mellor Programa na gala do 30 aniversario de CUAC FM A radio comunitaria da Coruña celebrou o sábado 13 de xuño a gala dos seus Premios OSCUACS, os galardóns máis sinceramente amañados da historia da radiodifusión, no auditorio de Afundación no Cantón…
cuacfm.org
Os ‘OSCUACS’ coroan as Malhumoradas como Mellor Programa na gala do 30 aniversario de CUAC FM
A radio comunitaria da Coruña celebrou o sábado 13 de xuño a gala dos seus Premios OSCUACS, os galardóns máis sinceramente amañados da historia da radiodifusión, no auditorio de Afundación no Cantón Grande. Ante un público entregado e coa colaboración do Concello da Coruña, CUAC FM reuniu a toda a súa familia para recoñecer, entre risas e emoción, o traballo voluntario de quen fai posible 30 anos de radio libre e independente na Coruña.
010
CUAC FM @cuacfm.org · 13/06/2026
Kid Mount visita Estrelados na Estratosfera: “Parece que non hai teito para a música en galego” O programa Estrelados na Estratosfera de CUAC FM recibiu como invitado a Kid Mount, un dos artistas máis destacados da nova escena de música urbana en galego. Nun formato distendido e directo, o artista…
cuacfm.org
Kid Mount visita Estrelados na Estratosfera: “Parece que non hai teito para a música en galego”
O programa Estrelados na Estratosfera de CUAC FM recibiu como invitado a Kid Mount, un dos artistas máis destacados da nova escena de música urbana en galego. Nun formato distendido e directo, o artista de Xinzo de Limia falou do seu proceso creativo, da evolución do reggaetón en galego e dos seus proxectos para o verán. Estrelados na Estratosfera, o espacio de entretemento de CUAC FM conducido por Víctor Fernández e Iván Pensado, "
011
CUAC FM @cuacfm.org · 05/06/2026
Cine, relatos e xogos de mesa: CUAC FM estrea ‘Sueños Diabólicos’ e recupera os seus programas estivais CUAC FM presenta a súa programación de verán cunha estrea e dous regresos moi esperados. O novo programa Sueños Diabólicos incorpora ao 103.4 FM un espazo de cinefilia sen filtros, mentres que…
cuacfm.org
Cine, relatos e xogos de mesa: CUAC FM estrea ‘Sueños Diabólicos’ e recupera os seus programas estivais
CUAC FM presenta a súa programación de verán cunha estrea e dous regresos moi esperados. O novo programa Sueños Diabólicos incorpora ao 103.4 FM un espazo de cinefilia sen filtros, mentres que Radio Relatos e 2d6 retoman a súa cita estival complementada coa mellor selección musical. A radio comunitaria da Coruña enfronta os meses de verán cunha grella renovada que combina estreas, regresos e a mellor música para acompañar a tempada máis refrescante do ano.
000
Reposted by CUAC FM
Crunhi∆ NeuroDiverGente👣 @crunhia.bsky.social · 30/05/2026
Tenemos un programa de radio en @cuacfm.org (radio comunitaria de Coruña que acaba de cumplir 30 años de existencia). Parte de la celebración consistió en un maratón de 30 horas de directo. Nuestro programa: #radiorelatos se emitió con imagen y no lo sabíamos. Nos encantó vernos después. Apertas
Cartel de publicidad del programa #radiorelatos en el especial del maratón 30 horas por los 30 años de radio libre
021
Reposted by CUAC FM
Crunhi∆ NeuroDiverGente👣 @crunhia.bsky.social · 29/05/2026
Reemisión el próximo jueves a las 19.00! Escúchalo. Te encantará. @cuacfm.org
011
Reposted by CUAC FM
Crunhi∆ NeuroDiverGente👣 @crunhia.bsky.social · 22/05/2026
@cuacfm.org #RadioRelatos somos nós!
011
CUAC FM @cuacfm.org · 22/05/2026
30 horas en directo: CUAC celebra 30 anos cun maratón histórico CUAC FM celebra os seus 30 anos cunha maratón de radio de 30 horas en antena CUAC FM conmemora o seu 30º aniversario cun maratón de radio de 30 horas ininterrompidas en emisión, con inicio o sábado ás 15:00 horas e remate o domingo…
cuacfm.org
30 horas en directo: CUAC celebra 30 anos cun maratón histórico
CUAC FM celebra os seus 30 anos cunha maratón de radio de 30 horas en antena CUAC FM conmemora o seu 30º aniversario cun maratón de radio de 30 horas ininterrompidas en emisión, con inicio o sábado ás 15:00 horas e remate o domingo pola tarde. Máis de vinte programas da emisora coruñesa participan nesta cita especial, que combina música, entrevistas, ficción sonora, humor e análise mediática nunha das emisións máis ambiciosas da historia da emisora.
030
CUAC FM @cuacfm.org · 19/05/2026
Plácido Lizancos, Nieves Rodríguez Brisaboa e Natalia Álvarez conversan con Isabel Lema sobre o problema da vivenda en España e as súas solucións nun novo episodio de Onda Ciencia producido pola UDC e CUAC FM
cuacfm.org
Vivenda: desafíos e solucións.
Plácido Lizancos, Nieves Rodríguez , Natalia Álvarez analizan o problema da vivenda en España e as súas solucións nun novo episodio de Onda Ciencia conducido por Isabel Lema en CUAC FM
010
Reposted by CUAC FM
Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña @bibcoruna.bsky.social · 18/05/2026
Polo Día do Libro, conversamos con Jaime, da #FundaciónAmadordeCastro, sobre libros e bibliotecas. Tamén foron entrevistados os libreiros de Lume e Arenas. Podes escoitar este programa tan especial de “Radio en Ruta”, de @cuacfm.org, en: 📲https://f.mtr.cool/wlvgdqdmls
011
CUAC FM @cuacfm.org · 12/05/2026
Escape Motor chega aos 400 programas: dez anos percorrendo o mundo do motor desde A Coruña O programa de motor de CUAC FM, Escape Motor, celebrou o pasado xoves 7 de maio o seu episodio número 400, consolidándose como un dos espazos de maior continuidade da radio comunitaria coruñesa. O fito…
cuacfm.org
Escape Motor chega aos 400 programas: dez anos percorrendo o mundo do motor desde A Coruña
O programa de motor de CUAC FM, Escape Motor, celebrou o pasado xoves 7 de maio o seu episodio número 400, consolidándose como un dos espazos de maior continuidade da radio comunitaria coruñesa. O fito alcánzase tras máis de dez anos de traxectoria ininterrompida dedicada á información do automobilismo, o motociclismo e os deportes do motor en todas as súas modalidades.
000
CUAC FM @cuacfm.org · 07/05/2026
O vindeiro sábado 9 de maio, CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña, sairá de novo á rúa. Co gallo da celebración da 30 edición do Día da Ciencia na Rúa, CUAC FM emitirá un programa especial, en directo, desde os Cantóns da Coruña, ubicando seu estudo de emisión de radio en exteriores no icónico Pal
cuacfm.org
CUAC FM trasládase ao Palco da Música para dar cobertura ao Día da Ciencia na Rúa 2026
Este sábado 9 de maio, a radio comunitaria da Coruña sae á rúa para vivir o Día da Ciencia na Rúa. De 11:00 a 14:00 horas, en directo desde o Palco da Música dos Cantóns da Coruña. Escóitannos no 103.4 FM, en cuacfm.org ou vén vernos en directo!
010
CUAC FM @cuacfm.org · 30/04/2026
🎙️ O último episodio de Recendo (CUAC FM) analizou a figura de Begoña Camaño, homenaxeada das #LetrasGalegas2025, coa escritora e biógrafa Beatriz Maceda. Xornalismo, activismo e literatura galega nunha soa conversa. Escoita o programa na nosa web.
cuacfm.org
Recendo dedica o seu último episodio a Begoña Camaño, homenaxeada das Letras Galegas 2026
O programa de CUAC FM recibiu a escritora e biógrafa Beatriz Maceda para analizar a figura da xornalista e novelista viguesa, á que a Real Academia Galega dedica este ano o Día das Letras Galegas, que se celebra o 17 de maio. O espazo Recendo, programa da Alexandre Bóveda que emite en CUAC FM, dedicou o seu último programa á figura de…
000
Reposted by CUAC FM
URCM - Unión de Radios Libres y Comunitarias de Madrid @urcmadrid.bsky.social · 20/04/2026
La URCM, muy presente en el 26º #REMCuentro26 A Coruña 2026 www.urcm.net/2026/04/20/l... @cuacfm.org
021
Reposted by CUAC FM
URCM - Unión de Radios Libres y Comunitarias de Madrid @urcmadrid.bsky.social · 23/04/2026
En el #díadelibro recomendamos algunos libros que, últimamente, han editado radios libres y comunitarias aprovechando sus aniversarios: Contrabanda FM de Barcelona, @cuacfm.org de A Coruña y nuestra socia Radio XATA , claro. Y tú, ¿conoces algún otro libro sobre el movimiento?
011
CUAC FM @cuacfm.org · 27/04/2026
CUAC FM estrea o 1 de maio TRECÉPOLIS, novo programa musical dirixido por Avelino Pérez. 📅 1 de maio 🕓 Venres 16:00–17:00
cuacfm.org
“TRECÉPOLIS”, o novo programa musical de Avelino Pérez, estrea o 1 de maio en CUAC FM
CUAC FM estrea o 1 de maio “TRECÉPOLIS”, un novo programa musical dirixido por Avelino Pérez que se emitirá os venres de 16:00 a 17:00.
010
CUAC FM @cuacfm.org · 21/04/2026
Do primeiro noticiario con IA á busca no arquivo sonoro: CUAC FM despregou a súa folla de ruta tecnolóxica no Encontro Estatal de Medios Comunitarios O taller "IA aplicada á radio comunitaria", celebrado no marco do ReMCuentro 26, serviu de escenario para que CUAC FM presentase os seus proxectos…
cuacfm.org
Do primeiro noticiario con IA á busca no arquivo sonoro: CUAC FM despregou a súa folla de ruta tecnolóxica no Encontro Estatal de Medios Comunitarios
O taller "IA aplicada á radio comunitaria", celebrado no marco do ReMCuentro 26, serviu de escenario para que CUAC FM presentase os seus proxectos de intelixencia artificial en activo: a transcrición automatizada de podcasts con modelos de código aberto, unha ferramenta experimental de busca semántica no arquivo histórico da emisora, novas utilidades de xestión interna e o desenvolvemento dunha nova versión da app oficial.
000
CUAC FM @cuacfm.org · 18/04/2026
O ReMCuentro 26 pecha en A Coruña cun novo plan de acción para os medios comunitarios e a renovación da presidencia da ReMC A clausura do Encontro Estatal de Medios Comunitarios reuniu este sábado no espazo NORMAL da Universidade da Coruña aos participantes das xornadas para facer balance dunha…
cuacfm.org
O ReMCuentro 26 pecha en A Coruña cun novo plan de acción para os medios comunitarios e a renovación da presidencia da ReMC
A clausura do Encontro Estatal de Medios Comunitarios reuniu este sábado no espazo NORMAL da Universidade da Coruña aos participantes das xornadas para facer balance dunha edición histórica, marcada pola presenza institucional sen precedentes e a aprobación dunha folla de ruta para os próximos dous anos. O ReMCuentro 26 puxo o punto final este sábado 18 de abril con un acto de clausura no que a bilbaina organizadora, CUAC FM, e a renovada dirección da Rede de Medios Comunitarios compartiron escenario para sintetizar tres días intensos de debate, formación e asemblea.
000
Reposted by CUAC FM
URCM - Unión de Radios Libres y Comunitarias de Madrid @urcmadrid.bsky.social · 14/04/2026
La URCM participará en el ReMCuentro 2026 en A Coruña, organizado por @cuacfm.org www.urcm.net/2026/04/14/1...
021
CUAC FM @cuacfm.org · 17/04/2026
O ReMCuentro 26 abriu hoxe en A Coruña cun debate sobre democratización mediática. Regularización pendente dos medios comunitarios, situación preocupante dos medios públicos galegos e pedagoxía como antídoto á desinformación.
cuacfm.org
A regularización dos medios comunitarios e a precariedade dos medios públicos galegos, no centro do debate inaugural do ReMCuentro 26
O ReMCuentro 26 inaugurou este venres as súas xornadas no espazo NORMAL da Universidade da Coruña cun coloquio no que xornalistas, investigadores e expertas en comunicación debateron sobre os obstáculos á democratización mediática en España e Galicia: a pendente regularización dos medios comunitarios, a situación dos medios públicos galegos e os mecanismos de propagación da desinformación. A Coruña acolleu esta tarde o acto inaugural do…
000
CUAC FM @cuacfm.org · 13/04/2026
Como empregamos a IA en CUAC?... Temos un taller que non vas querer perder.
cuacfm.org
CUAC FM explora a intelixencia artificial na radio comunitaria no Encontro Estatal da ReMC na Coruña
O Encontro Estatal de Medios Comunitarios da ReMC, que se celebra na Coruña organizado por CUAC FM, acollerá un taller práctico sobre intelixencia artificial aplicada á radio comunitaria. Será unha sesión pensada para achegar estas ferramentas ao día a día das emisoras sen perder a mirada crítica sobre o seu impacto. A intelixencia artificial está a entrar con forza en ámbitos moi diversos, tamén no da comunicación e a produción sonora.
000
CUAC FM @cuacfm.org · 10/04/2026
📻 O vindeiro venres 17 de abril inaugúrase o ReMCuentro 26 na Coruña co coloquio "Democratización mediática: utopía ou realidade?". Participan Alfonso Hermida, Salomé Herce e José Emilio Pérez. Modera Isabel Lema. 19:00h no espazo NORMAL da UDC. Entrada libre. #MediosComunitarios #CUACFM
cuacfm.org
O Encontro Estatal de Medios Comunitarios 2026 arrincará na Coruña cunha reflexión sobre o futuro do ecosistema mediático
O Encontro Estatal de Medios Comunitarios, ReMCuentro 26, inaugurará as súas xornadas o vindeiro venres 17 de abril ás 18:30 horas no espazo NORMAL da Universidade da Coruña. O acto abrirá co coloquio "Democratización mediática: utopía ou realidade? Retos, barreiras e oportunidades para a transformación do ecosistema mediático", un debate con voces de referencia do xornalismo, a historia e a investigación en comunicación.
001
CUAC FM @cuacfm.org · 08/04/2026
CUAC FM convoca o XXVIII Concurso de Bandas e Solistas con 5.000 euros en premios CUAC FM convoca o XXVIII Concurso de Bandas e Solistas, aberto a proxectos musicais de todo o Estado con ata 15 cancións editadas. O certame repartirá 5.000 € en premios e inclúe actuacións no Festival Noroeste…
cuacfm.org
CUAC FM convoca o XXVIII Concurso de Bandas e Solistas con 5.000 euros en premios
CUAC FM convoca o XXVIII Concurso de Bandas e Solistas, aberto a proxectos musicais de todo o Estado con ata 15 cancións editadas. O certame repartirá 5.000 € en premios e inclúe actuacións no Festival Noroeste Estrella Galicia e unha final na Sala Mardi Gras.
000
CUAC FM @cuacfm.org · 06/04/2026
📢 Os algoritmos non son neutrais… pero tamén hai formas de resistir. O investigador Emiliano Treré participará no Encontro Estatal de Medios Comunitarios cun taller baseado no seu libro 'Algorithms of Resistance', que será publicado proximamente en castelán.
cuacfm.org
Emiliano Treré impartirá un taller sobre “algoritmos de resistencia” no Encontro Estatal de Medios Comunitarios
Emiliano Treré impartirá no Encontro Estatal de Medios Comunitarios un taller sobre algoritmos de resistencia baseado no seu libro publicado por MIT Press.
000
Reposted by CUAC FM
Praza Pública @praza.gal · 02/04/2026
📻 REPORTAXE | Que bonita é a radio! Cuac FM (@cuacfm.org) fai 30 anos e reivindícase como espazo para contar historias praza.gal/acontece/que...
praza.gal
Que bonita é a radio! Cuac FM fai 30 anos e reivindícase como espazo para contar historias - Praza Pública
A emisora comunitaria da Coruña está a celebrar o seu trixésimo aniversario dunha programación de actividades. Cunha grande implantación social na cidade, segue a pelexar pola obtención da licenza de ...
094
Reposted by CUAC FM
Universidade da Coruña @udc.gal · 30/03/2026
📢O xoves 9/04 ás 19:30 horas, na Sala Cubo de Normal terá lugar a presentación do volume “Universo Cantigas. II. Cantigas de Amigo”, de Manuel Ferreiro (coord.), Mariña Arbor Aldea, Bieito Arias Freixedo e Leticia Eirín. Anímate a asistir! #CulturaUDC #PublicaciónsUDC #UDC #UniversoCantigas
021
CUAC FM @cuacfm.org · 29/03/2026
📻 O libro dos 30 anos de CUAC FM preséntase na librería Lume da Coruña o martes 31 de marzo ás 18.30 h. Entrada e exemplares gratuítos. Con Iñaki Gabilondo entre os seus autores. Vémonos alí 🙌 #CUACFM #ACoruña
cuacfm.org
Tres décadas de CUAC FM en papel: o libro con Iñaki Gabilondo entre os seus autores chega á librería Lume
O vindeiro martes 31 de marzo ás 18.30 horas, a librería Lume acolle unha nova presentación de "Que bonitas son as ondas radiofónicas. 30 anos de CUAC FM", a obra colectiva que recolle tres décadas de radio comunitaria na Coruña. O libro garda un segredo que xa deixou sen palabras a máis dunha persoa: un capítulo asinado polo xornalista Iñaki Gabilondo.
053
CUAC FM @cuacfm.org · 28/03/2026
Grazas por virdes!
100
Reposted by CUAC FM
BNG A Coruña @bngacorunha.bsky.social · 28/03/2026
Este 27M fixéronse 30 anos desde que naceu @cuacfm.org. Tres décadas de radio libre, de espazo para a creatividade das coruñesas e os coruñeses. O 𝗧𝗲𝗮𝘁𝗿𝗼 𝗖𝗼𝗹𝗼́𝗻 acolleu un concerto para festexar este aniversario e non quixeron perdelo nin 𝗔𝘃𝗶𝗮 𝗩𝗲𝗶𝗿𝗮 nin 𝗠𝗲𝗿𝗰𝗲𝗱𝗲𝘀 𝗤𝘂𝗲𝗶𝘅𝗮𝘀.
Queixas, Veira e Tomás Legido, un dos fundadores de CuacUn momento da actuación de César de Centi
111
CUAC FM @cuacfm.org · 23/03/2026
CUAC FM inmortalizou o seu 30 aniversario cunha gran foto de familia na Praza de María Pita CUAC FM reúne á súa comunidade na Praza de María Pita nunha foto histórica polo seu 30 aniversario. A programación continúa con concertos e máis actividades conmemorativas.
cuacfm.org
CUAC FM inmortalizou o seu 30 aniversario cunha gran foto de familia na Praza de María Pita
CUAC FM reúne á súa comunidade na Praza de María Pita nunha foto histórica polo seu 30 aniversario. A programación continúa con concertos e máis actividades conmemorativas.
010
CUAC FM @cuacfm.org · 18/03/2026
Onda Ciencia afonda nas mellores formas de desfrutar da eclipse total de sol que presenciarmos nas bisbarras coruñesa e ferrolana o 12 de agosto. Con Isabel Lema-Blanco, Ángel Daniel Arós, Xabier Pérez Couto @astroxabi, Alsira Salgado e Susana García Barros, investigadores da UDC e membros de ÍO.
cuacfm.org
Como vivir unha eclipse? Que nos di a astronomía? Onda Ciencia aborda este fenómeno histórico no segundo episodio da tempada
Como escoller o lugar máis idóneo para ver a eclipse? Que precaucións debemos tomar? Onda Ciencia afonda nas formas máis seguras de desfrutar da eclipse total o 12 de agosto. Ángel Daniel Arós, Xabier Pérez Couto (@astroxabi), Alsira Salgado e Susana García Barros analizan a transcendencia deste fenómeno histórico desde unha perspectiva científica e pedagóxica.
000
CUAC FM @cuacfm.org · 17/03/2026
Salomé Herce falará na Coruña sobre estratexias para frear a desinformación e os discursos de odio nos medios comunitarios Salomé Herce participará no Encontro Estatal de Medios Comunitarios na Coruña cunha charla sobre estratexias para frear a desinformación e os discursos de odio.
cuacfm.org
Salomé Herce falará na Coruña sobre estratexias para frear a desinformación e os discursos de odio nos medios comunitarios
Salomé Herce participará no Encontro Estatal de Medios Comunitarios na Coruña cunha charla sobre estratexias para frear a desinformación e os discursos de odio.
001