Sign in

Paula

@conmemoria.bsky.social
10 followers 13 following 32 posts

🙋🏻‍♀️Alumna que está facendo as prácticas no gabinete de memoria e imaxe do CISPAC e quere compartir as súas vivencias 📚Grao en Historia da USC 📱ComPAErteo!

PostsRepliesMedia
Reposted by Paula
CISPAC @cispac.bsky.social · 27/02/2025
Fernando Agrasar (UDC-CISPAC), comisario da exposición “A Cidade das Artes” polo 175 aniversario da Real Academia Galega de Belas Artes 👉🏽 A mostra, que conta con máis de 300 pezas, permanecerá exposta no Kiosco Alfonso da Coruña ata o 26 de abril
cispac.gal
Fernando Agrasar, comisario da exposición "A Cidade das Artes" polo 175 aniversario da Real Academia Galega de Belas Artes - CISPAC
O investigador do CISPAC Fernando Agrasar é o comisario da exposición "A Cidade das Artes. 175 Aniversario da Real Academia Galega de Belas Artes", inaugurada esta quinta feira no Kiosco Alfonso da Co...
012
Paula @conmemoria.bsky.social · 28/02/2025
E, sobre todo, estiven moi contenta porque o ambiente de traballo era moi bo, especialmente cos meus compañeiros de prácticas. Moitas grazas por seguirme e espero que aprenderades coa miña conta🥰! #comPAErteo2025 @facultadexh.bsky.social
032
Paula @conmemoria.bsky.social · 28/02/2025
Para finalizar, remato as miñas prácticas facendo un balance moi positivo deste mes de traballo: foi unha experiencia moi enriquecedora na que desenvolvín distintas tarefas vencelladas ao labor investigador.
110
Paula @conmemoria.bsky.social · 28/02/2025
✅Actualizar información e correxir erros. ✅Traducir o informe antropolóxico-forense a galego. ✅Citar a bibliografía co mesmo sistema de citación.
100
Paula @conmemoria.bsky.social · 28/02/2025
✅Comparar os informes e integrar unicamente a información que non fora exposta xa noutro apartado anterior (posto que os informes moitas veces repiten a mesma información). ✅Realizar unha introdución, unha conclusión e unha ficha técnica.
100
Paula @conmemoria.bsky.social · 28/02/2025
Para elaborar este informe tiven que realizar varias tarefas: ✅Ler todos os informes e elaborar unha estrutura coherente na que se puidera integrar toda a información (sendo a tarefa que me presentou máis dificultades).
100
Paula @conmemoria.bsky.social · 28/02/2025
Podedes consultar os 4️⃣ informes (e proximamente o informe integral) na páxina de Nomes e Voces: www.nomesevoces.net/gl/lugares/f...
nomesevoces.net
Fosa do cemiterio de Rubiáns - Vilagarcía de Arousa - Nomes e voces
100
Paula @conmemoria.bsky.social · 28/02/2025
-antropolóxico-forense, realizado pola Unidade de Antropoloxía Forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia -xenético, feito polo laboratorio de xenética forense da USC Luis Concheiro
Fotografía obtida da páxina de Nomes e Voces.Fotografía obtida da páxina de Nomes e Voces.
100
Paula @conmemoria.bsky.social · 28/02/2025
Este informe integraba nun único documento os catro informes que os equipos de traballo elaboraron sobre esta intervención: -informe histórico, do que se encargou @grupohistagra-usc.bsky.social -arqueolóxico, elaborado por Tempos Arqueólogos
Fotografía obtida da páxina de Nomes e Voces.Fotografía obtida da páxina de Nomes e Voces.
111
Paula @conmemoria.bsky.social · 28/02/2025
Hoxe, o meu último día no CISPAC, rematei o labor que ocupou a maior parte do tempo das miñas prácticas: a elaboración dun informe integral📄 sobre a intervención da fosa común de Rubiáns dentro do plan de Memoria Democrática (2021-2024), do que falei noutra publicación.
111
Paula @conmemoria.bsky.social · 27/02/2025
Pese a diferenza de idioma, Alejandra e eu pasámolo moi ben aprendendo sobre as investigacións de Chiara, que tratan sobre políticas feministas contemporáneas. En breves poderedes ver a entrevista na web!😆 #comPAErte2025 @facultadexh.bsky.social
011
Paula @conmemoria.bsky.social · 27/02/2025
✍🏻Hoxe tiven que facer unha entrevista e despois transcribila para a páxina web do @cispac.bsky.social. Alejandra e eu entrevistamos a Chiara Luce Breccia 👩🏻, doutoranda en filosofía na Universidade de Pisa, que está facendo unha estancia no centro.
131
Paula @conmemoria.bsky.social · 24/02/2025
📄Podedes consultar a crónica do evento na páxina do CISPAC: cispac.gal/posts-actual... #comPAErteo2025 @facultadexh.bsky.social
cispac.gal
Crónica das I Xornadas de Centros de Investigación Interuniversitarios do SUG: Ciencia e Conciencia no século XXI - CISPAC
O 20 de febreiro de 2025 celebráronse as I Xornadas de Centros de Investigación Interuniversitarios, organizadas polos centros CITMAga, ECOBAS e CISPAC.
022
Paula @conmemoria.bsky.social · 24/02/2025
Parte 3️⃣:
110
Paula @conmemoria.bsky.social · 24/02/2025
Parte 2️⃣:
110
Paula @conmemoria.bsky.social · 24/02/2025
Ola! Déixovos por aquí o resumo da conferencia "Ciencia e Conciencia no século XXI" 📚🧪👩‍💻 á que asistín o pasado xoves no @cispac.bsky.social. Parte 1️⃣:
131
Paula @conmemoria.bsky.social · 19/02/2025
🗣️Onte recibimos unha actividade de formación sobre a comunicación da investigación🔍 do @cispac.bsky.social. Foi impartida por un membro de @mazarelos.gal. Unha charla moi interesante na que aprendimos un pouco máis sobre os labores desenvolvidas por este centro!
132
Reposted by Paula
CISPAC @cispac.bsky.social · 14/02/2025
Cara a unha cidadanía enerxética. Encontro aberto na comarca do Barbanza 👉🏽 O encontro estará coordinado por Xavier Simón, catedrático da Universidade de Vigo e director de transferencia do CISPAC 📅 19 FEB | 19.30h 📍 Local da Comunidade de Montes de Baroña barbanzaecosocial.org/gl/2025/02/1...
barbanzaecosocial.org
Terceiro encontro aberto do Laboratorio Ecosocial para impulsar unha comunidade enerxética no Barbanza | Laboratorio Ecosocial do Barbanza
14/02/25 | O vindeiro mércores 19 de febrero celebrarase en Baroña o terceiro encontro aberto sobre a creación dunha comunidade enerxética no Barbanza, coordinada pola A USC (a través do CISPAC e o gr...
002
Paula @conmemoria.bsky.social · 14/02/2025
Podedes ver a publicación enteira na conta de Instagram: www.instagram.com/p/DGDH2gfKIt... @facultadexh.bsky.social #comPAERTEO2025
instagram.com
Login • Instagram
Welcome back to Instagram. Sign in to check out what your friends, family & interests have been capturing & sharing around the world.
010
Paula @conmemoria.bsky.social · 14/02/2025
Feliz San Valentín💘👭💐!! No gabinete de Memoria e Imaxe do @cispac.bsky.social para celebrar este día subimos unha publicación de contidos do Fondo de Terra e Memoria centrados no amor. Mirade que fotos e cartas máis fermosas💌📷!
141
Paula @conmemoria.bsky.social · 13/02/2025
Mentres tanto, compártavos algunhas das que me pareceron máis interesantes: www.lavozdegalicia.es/noticia/arou... www.lavozdegalicia.es/noticia/arou... www.farodevigo.es/comarcas/202... #comPAErteo2025 @facultadexh.bsky.social
lavozdegalicia.es
Un tótem recordará a los republicanos ejecutados y enterrados en el cementerio de Rubiáns
La exhumación de la fosa de Vilagarcía marcó el camino a seguir para el plan de memoria democrática en Galicia, que se traslada a Narón y a Salvaterra
011
Paula @conmemoria.bsky.social · 13/02/2025
Podedes atopar toda a información destas fosas na páxina do proxecto de "Nomes e Voces" (do que falarei noutra publicación): www.nomesevoces.net/es/lugares/p.... En breves actualizarémola e engadiremos nestas publicacións as noticias que estiven recopilando para facer a información máis accesible.
100
Paula @conmemoria.bsky.social · 13/02/2025
-Fosa do cemiterio de Santa Mª A Maior do Val (Narón) -Fosa de San Pedro do Castro (Viana do Bolo) -Fosa do do Cemiterio de San Salvador de Trasanquelos (Oza/Cesuras) -Fosas de Filgueira (Crecente)
100
Paula @conmemoria.bsky.social · 13/02/2025
Ata o momento exhumáronse 9 fosas: -Fosa do cemiterio de Rubiáns (Vilagarcía de Arousa) -Fosa do cemiterio de San Pedro de Filgueira (Crecente) -Fosa do cemiterio de Santa Eulalia de Vilacoba (Lousame) -Fosa do cemiterio da Capela (A Capela) -Fosa do cemiterio de San Breixo (Celanova)
100
Paula @conmemoria.bsky.social · 13/02/2025
Este é un convenio asinado entre a Xunta de Galicia e a USC que ten como obxectivo buscar, identificar e exhumar a persoas desaparecidas durante o golpe de Estado e a retagarda da Guerra Civil en Galicia. O seu equipo está dirixido polo grupo @grupohistagra-usc.bsky.social.
Páxina web de HISTAGRA
110
Paula @conmemoria.bsky.social · 13/02/2025
Ola!! Estes días cambiei a miña área de traballo e estiven traballando na área de "Memoria". En concreto, estiven facendo unha recopilación das noticias que se publicaron ultimamente en prensa sobre o "Plan Cuadrienal de Memoria Democrática 2021-204". En que consiste este plan? Abro 🧵:
Fotografía obtida da páxina web de HISTAGRA.Imaxe obtida de RTVE.esFotografía obtida de EFE.
120
Paula @conmemoria.bsky.social · 10/02/2025
Estes días puxen o meu graniño de area neste proxecto⏳: transcribín unha entrevista do fondo oral vencellada á época da Transición, un labor moi interesante que espero que facilite o estudo desta época! @facultadexh.bsky.social #comPAErteo2025
010
Paula @conmemoria.bsky.social · 10/02/2025
Mais, se queredes facer unha consulta ao arquivo, con cita previa, podedes realizar consultas no @cispac.bsky.social de 9 a 13 horas, onde os meus compañeiros vos atenderán encantados😆! Tamén vos aconsello que vos pasedes polo seu perfil de Instagram: www.instagram.com/terraememori....
instagram.com
Login • Instagram
Welcome back to Instagram. Sign in to check out what your friends, family & interests have been capturing & sharing around the world.
110
Paula @conmemoria.bsky.social · 10/02/2025
Sabedes o que é o proxecto "Terra e Memoria"⁉️🧐 Este comprende un Fondo Documental de fontes: -🗣️orais -🖼️gráficas -🗞️hemerográficas Esta é á súa páxina web: www.terraememoria.usc.gal.
Imaxe obtida da páxina web do CISPAC.
362
Paula @conmemoria.bsky.social · 06/02/2025
Sen dúbida foi unha charla moi interesante que me mostrou a forma na que a tradución e o contexto histórico se influencian entre si. Non podo esperar para empezar o libro! #comPAErteo2025
010
Paula @conmemoria.bsky.social · 06/02/2025
De todas elas quedeime cunha: as traducións fanse a través da percepción do tempo presente, que está condicionada por normas e valores. Mediante o estudo destas traducións podemos coñecer a historia de forma máis fidedigna, o que nos permite alonxarnos da versión dos "vencedores da Historia".
110
Paula @conmemoria.bsky.social · 06/02/2025
Nela, o filólogo Xoán Manuel Garrido Vilariño explicou algunhas das conclusións ás que chegou tras máis de 30 anos de investigación sobre as 8 traducións realizadas ao clásico de Primo Levi, Se isto é un home, dende a súa publicación ata a actualidade.
110
Paula @conmemoria.bsky.social · 06/02/2025
Hoxe, como parte das miñas prácticas, tiven a sorte de poder asistir a unha conferencia organizada por @cispac.bsky.social e por @grupohistagra-usc.bsky.social na @facultadexh.bsky.social Abro 🧵:
151
Paula @conmemoria.bsky.social · 05/02/2025
Ola! Chámome Paula e este mes estarei compartindo a miña experiencia realizando prácticas no @cispac.bsky.social. Espero que vos guste o meu contido e que aprendades ao igual que estou aprendendo eu!😄👩‍💻📚 #compaerteo @facultadexh.bsky.social
063