Sign in

Composcleta

@composcleta.bsky.social
123 followers 138 following 93 posts

Promovemos a mobilidade sostible en Compostela e comarca. Mellor en bici! 🚲 www.composcleta.org

PostsRepliesMedia
Composcleta @composcleta.bsky.social · 20h
ℹ️🚲 Que é a posición primaria? Refírese a circular en cidade polo centro do carril. Aquí van algúns beneficios: - Formas parte activa do tráfico - Es máis visible - Evitas adiantamentos perigosos - Evitas ángulos mortos, portas abertas e desperfectos da rúa #mellorEnBici #novasNormasCirculacion
Por que se aconsella a posición primaria?Beneficios da posición primariaSinalización que indica circular polo centro do carril
074
Composcleta @composcleta.bsky.social · 03/10/2026
🚌 ↔️ 🚲 O vehículo que segue a unha bicicleta debe manter unha distancia de seguridade mínima de 5 metros. 🚴‍♀️ Casco obrigatorio sempre en vías interurbanas. En zona urbana, obrigatorio para menores de 16 anos e profesionais. 👩🏻‍💻 Toda a normativa no Real Decreto 518/2026: www.boe.es/buscar/doc.p...
Distancia de seguridadeO vehículo que segue a unha persoa en bicicleta debe manter unha
distancia de seguridade mínima de 5 metrosCasco
Sempre en vías interurbanas
En vías urbanas, obrigatorio para menores de 16 anos e actividades
profesionais
020
Composcleta @composcleta.bsky.social · 03/10/2026
🚐 🚙 Vehículos adiantando a persoas en bici 🚴‍♀️: ↔️ Deben deixar mínimo 1,5 metros de separación. 🛑 Deben reducir a velocidade polo menos en 20 km/h baixo a máxima da vía interurbana. 🔀 Deben cambiar totalmente de carril se hai máis dun carril por sentido.
Mínimo 1,5 m de separaciónReducir a velocidade no adiantamentoCambiar de carril no adiantamento se é posible
120
Composcleta @composcleta.bsky.social · 03/10/2026
✅ As bicicletas circularán en urbano preferiblemente polo centro do carril 🚲🌇
- As bicicletas circularán en urbano preferiblemente polo centro do carril.
120
Composcleta @composcleta.bsky.social · 25/09/2026
📣 O mércores acompañamos a un grupo de estudantes da @usc.gal nunha actividade da semana de #BenvidaUSC e da #SEM. Percorremos os 3 campus, aconsellando e collendo confianza. Andar en bicicleta non se esquece, pero hai que practicar! 🚲 E para a próxima pedalada, a policía local en bicicleta! 🚨🚴‍♂️
Participantes na pedalada de Benvida á USCNo campus do casco históricoPedalando no campus sur
142
Composcleta @composcleta.bsky.social · 20/09/2026
Marabilloso domingo en bici 🚲☀️Pedalada familiar desde o Campus Sur ata o Gadis de Milladoiro e volta. Percurso moi seguro, excepto na saída de Santiago ao non poder usar o tramo de Conxo con crianzas. Agardamos que o @concellosantiago.bsky.social habilite o tramo do túnel do tren axiña! Feliz #SEM
Imaxe da ciclovía
Ciclovía Bicis entrando no campus surBicis en Milladoiro
043
Composcleta @composcleta.bsky.social · 15/09/2026
🚲🌱 Paseo circular pola ciclovía Santiago de Compostela – O Milladoiro Organiza: Composcleta Colabora: Club Ciclista Ames 📆 20 de setembro de 2026 🕚 11.00 h 🔂 Duración aprox: 2’5 h 🏁 Chegada aprox a Ames: 12.00 h Apúntate aquí! ⬇️ framaforms.org/sem-2026-pas... #SEM #EuropeanMobilityWeek
Cartaz do paseo entre Santiago e O Milladoiro
022
Composcleta @composcleta.bsky.social · 12/09/2026
🎉 ESTUDANTES! 23 de setembro ás 18:00 faremos unha pedalada polos campus como parte das xornadas de #BenVidaUSC de @culturausc.bsky.social e para celebrar a SEM. Tes ata o día 20, prazas limitadas 😬⏱️ Apúntate aquí! ⬇️ aplicacions.usc.es/deportes/pub... #USC #mellorEnBici #mobilityweek #composcleta
Cartaz pedalada polos campus da USC
113
Composcleta @composcleta.bsky.social · 03/09/2026
🎉 Comezan as festas da Rúa de Abaixo! Temos o pracer de colaborar na mini volta ciclista ao barrio 🚲Percorrido familiar para tódalas idades e musicooon! 📍Saída da igrexa da Pastoriza ás 12:00 Xunta Xoán XXIII Xasmíns San Roque Sta Clara Avda Coimbra Xasmíns San Roque Sta Clara Rúa de Abaixo 🎊🎈🎉
Programa das festas do Barrio das Marías
012
Composcleta @composcleta.bsky.social · 11/08/2026
Dá gusto aproveitar días así en Compostela! ☀️ Moverse polas ciclovías fai que facer as compras ou dar un paseo polas Fontiñas sexa un auténtico pracer. A desfrutar do bo tempo! 🚲🛍️ #Compostela #AsFontiñas #MobilidadeSostible
Bicicletas aparcadas nos aparcabicis diante de Área Central
012
Composcleta @composcleta.bsky.social · 10/06/2026
‼️ Non perdades este evento mañá xoves 11 de xuño na @librarialila.bsky.social 📚 Estarán as autoras do libro "Señoras en bicicleta", que relata como a invención da bicicleta impactou a vida das mulleres, converténdose en símbolo da emancipación 🚲 📷: IG Libraría Lila de Lilith #mobilidadesostible
Imaxe do Instagram da Libraría Lila de Lilith:
Conversa coas autoras do libro Señoras en bicicleta.
Xoves, 11 de xuño ás 19:00
021
Composcleta @composcleta.bsky.social · 08/06/2026
🎉 Moi ben o pasamos onte pedalando pola ciclovía de San Caetano a Conxo 🚲💚 🚧👷 Aproveitamos tamén para ver como van avanzando as obras da conexión co Milladoiro 🚸Estas infraestruturas facilitan a accesibilidade a peóns, ciclistas e persoas con mobilidade reducida 🚶🚲👨‍🦽 #mobilidadesostible
Ciclovía no parque da PaxonalObservando as obrasObservando unha das pontes da conexión co MilladoiroA ciclovía á altura de Santa Marta
021
Composcleta @composcleta.bsky.social · 03/06/2026
Feliz Día Mundial da Bicicleta! 🎉 Mellor en bici! 🚲💚 #worldbicycleday #díadabicicleta #díadelabicicleta #sustainability #mobilidadesostible
Varias ciclousuarias entrando na rúa da Senra despois dunha pedalada
132
Composcleta @composcleta.bsky.social · 02/06/2026
🚲 BICICLETA: A ENERXÍA QUE NOS MOVE! ✨ Ante a crise enerxética: Bicicleta estratéxica! Unímonos sobre dúas rodas para reivindicar unha mobilidade sostible, saudable e transformadora. Apúntaste? 🗓️ Domingo 7 de xuño 🕥 10:30 h 🎒 Picnic ao rematar - trae os teus petiscos! 👶 Rapazada a partir de 8 anos
Cartaz pedalada
121
Composcleta @composcleta.bsky.social · 25/05/2026
🚲 Onte fixemos un paseo de inspección das obras da ciclovía Santiago - Milladoiro 📅 O DOMINGO 7 DE XUÑO faremos unha pedalada pola ciclovía polo #DíaInternacionalDaBicicleta #Santiago #Milladoiro #MobilidadeSostible #DíaDaBicicleta #Ciclovía #MáisBicis #MobilidadeUrbana @conbici.bsky.social
Dúas socias de Composcleta observan o progreso das obras da ciclovía Santiago - Milladoiro
111
Composcleta @composcleta.bsky.social · 18/05/2026
O venres pedalamos por Palestina no 78 aniversario da Nakba para que non se esqueza o xenocidio que está a perpetrar o estado sionista de Israel e para pedir á UE que corte os acordos comerciais. 🇵🇸🚲 #nakba #PedaladaXPalestina #Compostela #GazaSunbirds #GreatRideOfReturn #FreePalestine
Grupo de participantes na pedalada por Palestina diante da catedral, na Praza do Obradoiro
052
Composcleta @composcleta.bsky.social · 12/05/2026
🚲 Pedalada x Palestina en Compostela! 🇵🇸 Composcleta únese á campaña internacional The Great Ride of Return de GazaSunbirds.org para esixir xustiza e a fin do xenocidio. Ven pedalar con nós! 📍 Pza. do Obradoiro 📅 Venres 15 de maio ás 17:00h 🚲 Ruta: Familiar e doada (4,3 km) 🇵🇸 Vide con bandeiras!
Cartaz Pedalada por Palestina
133
Composcleta @composcleta.bsky.social · 08/04/2026
🪡 Repaso de actividades da asociación: 🔧 O GT de infraestruturas segue a colaborar con entidades locais para mellorar o equipamento para ciclousuaries. Enviamos ás candidatas á reitoría da @usc.gal un escrito con ideas para mellorar o uso da bici na universidade. Foto: USC #usc #bicicleta 1/3
Bicicletas eléctricas do servizo éBici da USC no Campus Vida
120
Composcleta @composcleta.bsky.social · 13/02/2026
Que ben o pasamos o martes no repair café na ETSE @usc.gal con Enxeñería sen fronteiras! Cambiamos zapatas de freo, inchamos unha roda tubeless, vimos como identificar se a nosa cadea está gastada... Canto aprendemos! 👩‍🔧⚙️🔧
Fotos do repair caféFotos do repair caféFotos do repair caféFotos do repair café
041
Composcleta @composcleta.bsky.social · 06/02/2026
🚲🔧 Bike repair café 🗓️ Martes 10 de febreiro 🕔 17:00-19:00 📍 Vestíbulo da Escola Técnica Superior de Enxeñería, Campus Sur 🔊 Organizamos con Enxeñería Sen Fronteiras un taller de reparación e mantemento de bicicletas. Se queres aprender a cambiar rodas, a poñer parches, ou falar de bicis, anímate!
Cartaz do Bike Repair Café. Martes 10 de febreiro de 17h a 19h. ETSE
021
Composcleta @composcleta.bsky.social · 11/12/2025
Estes aparcabicis seguen un deseño antigo. En Composcleta apostamos polos aparcadoiros en U-invertido, xa que teñen o deseño óptimo en canto a espazo, seguridade e comodidade. En Compostela podes ver moitos deles! Así que xa sabes, se aparcas nalgún "aparca-rodas", moito ollo! 👀 (2/2)
Bicicleta nun aparcabicis en u invertido nunha rúa de Compostela
010
Composcleta @composcleta.bsky.social · 11/12/2025
Se tes bici con freos de disco... coidado cos aparcabicis onde hai que introducir a roda! Os ferros do aparcadoiro están a unha altura á que os discos adoitan chocar, podéndose estropear raiándose ou dobrándose, xa que son moi delicados. (1/2)
Roda traseira dunha bici aparcada nun soporte que toca co freo de disco
120
Composcleta @composcleta.bsky.social · 05/11/2025
- Nun paso de peóns, nunca frees de golpe ❌ Frea de forma progresiva para non bloquear as rodas e non esvarar ✅ - Nunca xires mentres pasas por unha liña ou paso de peóns ❌ Xira sempre despois de pasalo ✅ -Vixía que as rodas estean á presión adecuada ✅ Con moita presión, deslizarán máis facilmente ❌
Coidado coas liñas brancas (por exemplo, pasos de peóns)Xira despois de pasar polo paso de peónsFrea progresivamente achegándote aos pasos de peóns
020
Composcleta @composcleta.bsky.social · 28/09/2025
Celebramos hoxe a #SEM aínda coa dor polo #atropelo de Plácido hai 5 días. Crespóns no brazo, flores e candeas para denunciar o que medios e institucións calaron. #seguridadevialXA
Reunidas no lugar do atropeloA bici branca con flores e candeas
032
Composcleta @composcleta.bsky.social · 24/09/2025
Onte xuntámonos para homenaxear ao ciclista falecido, Plácido, veciño de Vidán, que saía pedalar habitualmente cos seus amigos. Colocamos unha bicicleta branca e flores en recordo a Plácido e para reclamar máis seguridade. Todo o noso cariño e apoio á familia e amizades de Plácido nestes momentos.
Foto de Diego CidrásFoto de FaustinoFoto de Álvaro
030
Composcleta @composcleta.bsky.social · 03/09/2025
Este sábado volvemos colaborar coa AVV As Marías na mini volta ciclista ao barrio. Apta para crianzas que saiban andar en bici 🧑‍🧑‍🧒‍🧒🚲🩵 Contaremos tamén coa polícía cortando tráfico. 🚥 Saída da Pastoriza ⏰ 12:00 Animádevos!
Imaxe do programa das Festas da Rúa de Abaixo para o sábado pola mañá
010
Composcleta @composcleta.bsky.social · 10/07/2025
🏖️ Dentro das actividades de verán dos CSCs do @concellosantiago.bsky.social hai dous roteiros en bici! 🚲🎉 🗓️ venres 11 de xullo 🗓️ venres 18 de xullo Tedes máis info aquí ⬇️ santiagodecompostela.gal/gl/noticias/...
Na programación de xullo, a rede de Centros Socioculturais tamén animará aos veciños e veciñas a subir á bicicleta, a través de diferentes rutas e obradoiros. A primeira delas será o próximo venres, día 11, cunha ruta en bicicleta polos
"canóns do Tambre". O percorrido terá dúas horas de duración, e está dirixido a maiores de 14 anos.
As inscricións realizaránse no CSC Maruxa e Coralia.
Ademais, o venres 18 está previsto un roteiro ciclista urbano, que sairá ás 18.30 horas. Neste caso, as inscricións faranse na Casa das Asociacións de Cornes. Un día antes, o xoves 17, celebrarase un obradoiro sobre bicicletas eléctrcas, para coñecer as posibilidades do ciclismo urbano como medio de transporte.
020
Composcleta @composcleta.bsky.social · 29/06/2025
Rematamos o Congreso Ibérico con 2 pedaladas 🚲 A primeira coa @lilicleta montando festa polas rúas 🎵🎶 e a segunda foi unha volta aos arredores de Compostela 🌳🌺🌾🌿 Obrigadas a todas as organizadoras, participantes e voluntarias por estes días tan bonitos que vimos de compartir 💚 #ConBiciSantiago2025
Organización e voluntarias no escenario do Auditorio durante a clausura do CongresoA Lilicleta na Praza de MazarelosO grupo de participantes na pedalada ao lado da Colexiata do SarO grupo da pedalada no Bosque de Galicia
021
Composcleta @composcleta.bsky.social · 28/06/2025
Derradeira plenaria no Congreso Ibérico A Bicicleta e a Cidade 💚 Obrigadas a Henrik Lundorff Kristensen e a Marie Joly por amosarnos as boas prácticas que levan a cabo en Copenague e en Francia, modelos a imitar 🚲🌱 #ConBiciSantiago2025 @conbici.bsky.social
Henrik Lundorff Kristensen presentandoMarie Joly presentando
020
Composcleta @composcleta.bsky.social · 28/06/2025
Agora mesmo con Carlos Rodríguez, autor de Bicicleta o Barbarie 📖 Compartindo moi interesantes reflexións sobre o imaxinario posible da bici💡 Relatos curtos ideais para o verán! 😋 #conbicisantiago2025
Portada do libro Bicicleta o BarbarieAsistentes
020
Composcleta @composcleta.bsky.social · 28/06/2025
🔧 Moito aprendemos no obradoiro de Espazos non mixtos de mecánica a cargo das Radiantas e con compañeiras do Col·lectiu Punt 6 e da Cicloficina do Porto 👩🏽‍🔧🚲⚙️🧰 Obrigadas, amigas! 💜✨ @conbici.bsky.social #conbicisantiago2025
Grupo de participantes no obradoiroAs participantes levantan unha bici despois do obradoiro🐶
021
Composcleta @composcleta.bsky.social · 27/06/2025
Sen esquecer a contribución de Ruth Lamas, presentando as accións levadas a cabo na Àrea Metropolitana de Barcelona, incluíndo a rede Bicivía 🤩
Presentación Ruth LamasRede Bicivía na AMB
000
Composcleta @composcleta.bsky.social · 27/06/2025
Último plenario do día: 🛠💡Politica integral ciclista interurbana. Coa Deputación de Gipuzkoa e John van Echtelt (Utrecht). Fantásticos proxectos que temos a sorte de coñecer no Congreso Ibérico A Bicicleta e a Cidade! 🚲✨ #ConBiciSantiago2025 @conbici.bsky.social
Foto do escenario A presentación de GipuzkoaPresentación de JohnAs Cycle Highways de Utrecht
141
Composcleta @composcleta.bsky.social · 27/06/2025
Paulo Sérgio Pinto Rodrigues, de Infraestruturas de Portugal, presentando o proxecto das fantásticas Ecopistas portuguesas 🚲🌳 😎 E en primicia: o mapa combinado de @viasverdes-ffe.bsky.social e Ecopistas de Portugal 💚 @conbici.bsky.social #ConBiciSantiago2025
Mapa Ibérico das Ecopistas e Vías Verdes de Portugal e Espanha
021
Composcleta @composcleta.bsky.social · 27/06/2025
Seguimos no Congreso Ibérico A Bicicleta e a Cidade! Moito podemos aprender da Deputación de @gipuzkoa.eus en materia de infraestruturas ciclistas! 🤩🚲 #ConBiciSantiago2025 @conbici.bsky.social
000
Composcleta @composcleta.bsky.social · 27/06/2025
✨ Primeira plenaria do Congreso Ibérico A Bicicleta e a Cidade: Melissa Bruntlett "Cycling Towards Empathy", falando de como facer as cidades máis inclusivas para todas 💚🚲🚸🩼👩‍🦽 @modacitylife.com @conbici.bsky.social #ConBiciSantiago2025
Melissa Bruntlett no escenario do Auditorio de Galicia presentando o seu relatorio: Cycling Towards Empathy: Reimagining More Inclusive Cities
032
Composcleta @composcleta.bsky.social · 26/06/2025
🎉 Primeiras actividades do Congreso Ibérico en Compostela! Ademais da formación de #FactoríaDeCiclistas, asistimos á benvida institucional no @concellosantiago.bsky.social Isto xa está en marcha pero aínda tes tempo de inscribirte, bule! 🚴‍♀️✨ #ConBiciSantiago2025
Autoridades do Concello de Santiago xunto con representantes de ConBici e participantes no Congreso Ibérico A Bicicleta e a Cidade, no Pazo de Raxoi
021
Composcleta @composcleta.bsky.social · 25/06/2025
Reunidas no Auditorio con @conbici.bsky.social e o resto de voluntarias, preparando o 21º #CongresoIbérico Comezamos mañá co obradoiro da Factoría de Ciclistas e a visita guiada por Compostela ás 18h. Programa actualizado aquí: drive.google.com/file/d/1FqfD... 🚲✨ #ConBiciSantiago2025
Voluntarias reunidas na sala circular do Auditorio de Galicia
032
Composcleta @composcleta.bsky.social · 20/06/2025
Compostela vístese de verde para acoller o 21º #CongresoIbérico A Bicicleta e a Cidade 🚲✨🌿🍃 Consulta o programa definitivo do Congreso e máis info: congresoiberico.conbici.org Enchamos as rúas de Compostela de bicis! Inscríbete! 💚 @conbici.bsky.social @concellosantiago.bsky.social @usc.gal
Bus urbano con publicidade do Congreso Ibérico A Bicicleta e a Cidade na rúa Senra, en Compostela
052
Composcleta @composcleta.bsky.social · 25/05/2025
Estes fondos concedéronse para ofrecer unha alternativa ao carro nos desprazamentos interurbáns. Tamén con choiva. Como no centro de Europa, onde o firme non é terra. A proposta do concello (amarela) é para uso recreacional e con moito máis desnivel #mobilidade #compostela t.co/GXj2GDkp2H
A proposta do concello ten moito máis desnivel, polo que a ciclovía non será empregada por xente que queira unha alternativa sinxela para chegar a Compostela desde Milladoiro
020
Composcleta @composcleta.bsky.social · 25/05/2025
Rexeitamos a suspensión do tramo de Conxo da Ciclovía. Tanto polo contido (a ruta xa se modificara para non pasar polo Ecobosque, é a liña vermella na imaxe) como pola forma tan pouco preceptiva na que se fixo #compostela #mobilidade
A liña azul marca o actual camiño peonil, a liña vermella evita o EcoBosque de Conxo e era a actual proposta para a ciclovía
030
Composcleta @composcleta.bsky.social · 30/03/2025
🚲 Convidámosvos a participar nunha nova edición do Domingo en Bici! 📆 6 de abril ás 11:00 na Alameda 🧑‍🧑‍🧒‍🧒 Percorrido apto para tódalas idades 🍓 Remataremos cun pícnic no Campus Sur (traede algo para compartir) ✅ Inscrición para persoas non socias: forms.gle/uNUT4h52yuGW...
Cartaz convocando o Domingo en Bici: 6 de abril ás 11:00 na Alameda
021
Composcleta @composcleta.bsky.social · 28/03/2025
🎉 Este sábado inaugúrase parte da Ciclovía que conectará Compostela co Milladoiro. 🔓 Abrirase o tramo entre as Brañas do Sar e a Estación Intermodal nun fito para a mobilidade sostible en Santiago de Compostela 🚲💚 Vide celebralo connosco!
Imaxe xerada por IA. Descrición: cartaz con información da inauguración do tramo da ciclovía - sábado 29 de marzo ás 11:30 nas piscinas do Sar
100
Composcleta @composcleta.bsky.social · 19/02/2025
🚲✨ Moi ben o pasamos o domingo na #pedalada! Desfrutamos dun día bonito á vez que comentamos os puntos máis controvertidos da #Ciclovía ao Milladoiro e das propostas que teñen feito: a ponte da Rocha, a vía do tren, a pendente do ramal que vai ao Hospital, o túnel e a zona do Banquete #mellorenbici
Grupo de ciclousuarias comentando as propostas da ciclovía Compostela-MilladoiroGrupo de ciclousuarias comentando as propostas da ciclovía Compostela-MilladoiroA piques de entrar en bici no túnel abandonado de ConxoCirculando por un tramo aberto da nova ciclovía Compostela-Milladoiro
131
Composcleta @composcleta.bsky.social · 13/02/2025
🚲 Ven coñecer a ciclovía entre o Milladoiro e San Lázaro connosco! 📅 Domingo 16 de febreiro 🕚 11:45 na Alameda 🧑‍🧑‍🧒‍🧒 Percorrido apto para crianzas 🧺 Podedes traer algo de comer para facermos un pícnic no Banquete de Conxo 📝 Inscríbete aquí! forms.gle/WdYDZzwZzsZd...
Pedalada guiada presentando a ciclovía entre o Milladoiro e San Lázaro.
Percorrido apto para familias.
Pícnic no Banquete de Conxo co que traiades.
16 de febreiro ás 11:45 na Alameda
131
Composcleta @composcleta.bsky.social · 06/01/2025
Queremos saber se alguén de vós aproveitastes estas datas para facer #cicloturismo 🤓 🌍 Onde fostes? 🚲 Que destacariades da infraestrutura ciclista? 😊 Cal sería o nivel de estrés dese sitio segundo esta gráfica? (Tradución no texto alternativo)
Nivel 1: estrés moi baixo, require pouca atención. Equivalente a rúas de barrio, carrís bici. Nivel 2: estrés baixo, axeitado para o 60% da poboación. Equivalente a rúas con pouco tráfico ou limitadas a baixa velocidade. Nivel 3: estrés moderado, axeitado para o 10% da poboación. Equivalente a circular por vías de catro carrís con carrís bici. Nivel 4: estrés alto, axeitado para o 1% da poboación. Equivalente a circular entre o tráfico en vías de máis de 60 Km/h.
030
Composcleta @composcleta.bsky.social · 24/12/2024
🚴🏾🚴🏽‍♂️🚴🏼‍♀️🌍 Aberta a convocatoria de comunicacións! O 21º Congreso Ibérico "A Bicicleta e a Cidade" - Santiago de Compostela 2025 busca proxectos que promovan a mobilidade sostible e melloren as nosas cidades 📩 Participa! Máis información aquí 👉 bit.ly/3DvZVAI @conbici.bsky.social
020
Composcleta @composcleta.bsky.social · 20/12/2024
Hoxe que rematan as clases, deixámosvos estes roteiros a pedais para coñecer a nosa contorna en familia dentro do programa de nadal do @concellosantiago.bsky.social 🤩🚴🏾🌲🚴🏽‍♂️☃️🚲🎄🚴🏼‍♀️ #bici #nadal #compostela
RUTAS EN BICICLETA -
Inscricións: 981 528 750
24 de decembro ás 11.30 h.
Ruta do Pavo: Miradoiros de Compostela
Saída: Parque infantil da Cidade da Cultura
31 de decembro ás 11.30 h.
Ruta de San Silvestre: Via Crucis Monte
Pedroso
Saída: Cafetería da Granxa do Xesto
5 xaneiro ás 11.30 h.
Ruta de Reis: Cidade da Cultura e recunchos do Monte Gaiás
Saída: Parque infantil da Cidade da
Cultura
Público familiar
030
Composcleta @composcleta.bsky.social · 15/12/2024
Pola defensa da nosa terra, auga e aire #AltriNON
A praza do Obradoiro ateigada na manifestación contra a macrocelulosa de Altri
060