Sign in

Código Cero

@codigocero.com
366 followers 106 following 7.2K posts

Revista de novas tecnolóxicas de Galicia codigocero.com

PostsRepliesMedia
Código Cero @codigocero.com · 2h
Amazon actualiza o Fire TV Stick 4K cun novo mando e soporte para Wi-Fi 6
codigocero.com
Amazon actualiza o Fire TV Stick 4K cun novo mando e soporte para Wi-Fi 6
Amazon xa comercializa en España a nova xeración do Fire TV Stick 4K, un dispositivo de streaming 4K que incorpora o sistema operativo Vega, Alexa+ e un mando completamente redeseñado. O prezo oficial é de 74,99 euros, aínda que coa actual oferta de lanzamento pode adquirirse por 35,99 euros. O novo Fire TV Stick 4K está pensado […]
000
Código Cero @codigocero.com · 3h
Shure actualiza o seu micrófono USB para xogadores MV6
codigocero.com
Shure actualiza o seu micrófono USB para xogadores MV6
Shure vén de pór á venda por 185 euros o seu micrófono MV6 Gen 2, unha evolución do seu micrófono USB orientado a xogadores, streamers e creadores de contido. O novo dispositivo mantén as funcións de procesamento automático da primeira xeración, pero incorpora máis posibilidades para axustar o nivel de voz e a redución de ruído. […]
000
Código Cero @codigocero.com · 3h
A Xunta leva a Ourense unha serie de xornadas para mellorar a empregabilidade coa axuda da IA
codigocero.com
A Xunta leva a Ourense unha serie de xornadas para mellorar a empregabilidade coa axuda da IA
A secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais, Susana Pérez Iglesias, acompañada polo presidente da Confederación Empresarial de Ourense (CEO), David Martínez, participou hoxe na clausura da xornada CompetencIA, impulsada pola Xunta na sede da entidade. Trátase da primeira das accións que se desenvolverán nas catro provincias galegas co obxectivo de mellorar a empregabilidade dos […]
000
Código Cero @codigocero.com · 3h
Binarial e o Concello de Ames revolucionan a comunicación municipal cun sistema integral de Physical AI
codigocero.com
Binarial e o Concello de Ames revolucionan a comunicación municipal cun sistema integral de Physical AI
O Concello de Ames participou un ano máis no encontro Innpulso Emprende 2026, organizado pola Red de Ciudades de la Ciencia y la Innovación (Red Innpulso), entidade dependente do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades (MICIU). Neste marco, a empresa tecnolóxica Binarial, con sede en Milladoiro (Ames), presentou un ecosistema omnicanle que conecta a información […]
000
Código Cero @codigocero.com · 4h
Os novos produtos de Apple para o fogar poderían presentarse o 13 de outubro
codigocero.com
Os novos produtos de Apple para o fogar poderían presentarse o 13 de outubro
Apple prepara para o 13 de outubro o lanzamento da súa nova aposta polo fogar conectado, un movemento co que John Ternus afrontará unha das primeiras grandes expansións de produto desde que asumiu o cargo de director xeral o pasado 1 de setembro. As novidades estarán encabezadas por un novo dispositivo con pantalla, acompañado dunha […]
000
Código Cero @codigocero.com · 6h
Valentín García destaca en Bruxelas o papel que xogan as ferramentas dixitais no uso e prestixio da lingua
codigocero.com
Valentín García destaca en Bruxelas o papel que xogan as ferramentas dixitais no uso e prestixio da lingua
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe no Parlamento Europeo, en Bruxelas, no encontro Celebra diversidade lingüística en Europa con Google, organizado polo xigante tecnolóxico con motivo do Día Europeo das Linguas. Unha cita a raíz da que destacou “o papel fundamental que teñen as tecnoloxías e o eido dixital no uso e […]
000
Código Cero @codigocero.com · 7h
A AESIA recibe na Coruña a delegacións de Polonia e Lituania para asesoralas no regulamento da IA
codigocero.com
A AESIA recibe na Coruña a delegacións de Polonia e Lituania para asesoralas no regulamento da IA
A Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (AESIA), con sede na Coruña (no Edificio da Terraza) culminou con éxito a recepción de delegacións de profesionais das administracións públicas de Polonia e Lituania. Fíxoo no marco do proxecto europeo Improving the implementation of the AI Act in Poland, Lithuania and Spain, impulsado pola Comisión Europea […]
000
Código Cero @codigocero.com · 7h
A Casa Branca substitúe oficialmente «Intelixencia Artificial» por «Súper Intelixencia»
codigocero.com
A Casa Branca substitúe oficialmente «Intelixencia Artificial» por «Súper Intelixencia»
Non conforme con mudar de nome ao golfo de América ou ao lago Ontario, o presidente dos EE.UU., Donald J. Trump, decidiu abandonar a expresión Intelixencia Artificial (AI) na documentación oficial do Goberno federal estadounidense e substituíla por Súper Intelixencia (SI). A medida está recollida nunha orde executiva que define tamén un prazo de 60 […]
000
Código Cero @codigocero.com · 8h
UCGAL e ADECES sitúan en Movistar na cabeza das operadoras, con 7,33 puntos
codigocero.com
UCGAL e ADECES sitúan en Movistar na cabeza das operadoras, con 7,33 puntos
A Unión de Consumidores de Galicia en colaboración con ADECES (Asociación Pro-Dereitos Civís, Económicos e Sociais), analizou a calidade dos operadores de telecomunicacións segundo os datos publicados pola Comisión Nacional de Mercados e a Competencia (CNMC) e os de reclamacións rexistradas pola OAUT. O estudo conclúe que os factores que máis condicionan a experiencia real […]
000
Código Cero @codigocero.com · 9h
Pedro García Aguado impartirá en Ribeira dúas charlas sobre a prevención de adiccións dixitais no 6 de outubro
codigocero.com
Pedro García Aguado impartirá en Ribeira dúas charlas sobre a prevención de adiccións dixitais no 6 de outubro
O Concello de Ribeira colabora na iniciativa dos coloquios que Pedro García Aguado impartirá á comunidade educativa no martes, 6 de outubro, e que versarán sobre a prevención de adiccións dixitais. A primeira das charlas irá destinada a alumnado de 3° e 4° da ESO de tódolos centros educativos do municipio, de 10.15 a 11.30 […]
010
Código Cero @codigocero.com · 9h
O CCG celebra o Día da Tradución con novas incorporacións ao proxecto web Seara
codigocero.com
O CCG celebra o Día da Tradución con novas incorporacións ao proxecto web Seara
O Consello da Cultura Galega celebra o Día Internacional da Tradución, que se conmemora cada 30 de setembro, coa actualización de novos textos literarios en galego e inglés no proxecto web Seara (Descubre a cultura galega a través dos seus textos). Segundo informou o CCG, esta nova entrega diversifica estilos e preocupacións estéticas cun feixe […]
000
Código Cero @codigocero.com · 10h
Máis de 70 persoas participan nunha xornada sobre tecnoloxía inclusiva da Cruz Vermella
codigocero.com
Máis de 70 persoas participan nunha xornada sobre tecnoloxía inclusiva da Cruz Vermella
Cruz Vermella en Galicia celebrou onte a xornada técnica Tecnoloxía inclusiva contra a soidade, na que participaron máis de 70 expertos e profesionais de distintas disciplinas para reflexionar sobre unha cuestión clave: pode a tecnoloxía colaborar no fortalecemento dos vínculos humanos? A Cidade das TIC acolleu este foro de reflexión e encontro que virou ao […]
000
Código Cero @codigocero.com · 10h
Mos conmemora o Día das Persoas Maiores cunha formación gratuíta de competencias dixitais
codigocero.com
Mos conmemora o Día das Persoas Maiores cunha formación gratuíta de competencias dixitais
O Concello de Mos conmemorará o Día Internacional das Persoas Maiores, que se celebra cada 1 de outubro, cunha formación gratuíta destinada a persoas maiores de 55 anos para facilitar o uso das novas tecnoloxías e mellorar a súa autonomía no día a día. A actividade forma parte do programa ExpertClick, unha iniciativa da Asociación […]
000
Código Cero @codigocero.com · 20h
Game Informer achega novos detalles sobre Grand Theft Auto VI
codigocero.com
Game Informer achega novos detalles sobre Grand Theft Auto VI
Rockstar Games revelou novos detalles de Grand Theft Auto VI a través da nova cobertura de Game Informer, que dedica a súa portada ao xogo e afonda na recreación de Leonida, a versión ficticia de Florida que servirá de escenario para a aventura de Jason e Lucia. Un dos elementos máis destacados será o sistema […]
000
Código Cero @codigocero.com · 20h
Apple busca acelerar o desenvolvemento de produtos
codigocero.com
Apple busca acelerar o desenvolvemento de produtos
John Ternus leva apenas unhas semanas como CEO de Apple, pero xa está a impulsar cambios para acelerar o desenvolvemento de produtos, ampliar a gama de dispositivos e reducir a estrutura organizativa da compañía, segundo Bloomberg. As propostas que o novo máximo responsable está a estudar inclúen abandonar parcialmente o tradicional calendario de lanzamentos concentrado […]
000
Código Cero @codigocero.com · 22h
The Witcher 3: Wild Hunt — Remastered xa está dispoñible con importantes melloras
codigocero.com
The Witcher 3: Wild Hunt — Remastered xa está dispoñible con importantes melloras
The Witcher 3: Wild Hunt — Remastered xa está dispoñible para PC, PlayStation 5, Xbox Series X|S e Nintendo Switch 2 como unha actualización gratuíta para os propietarios do xogo. A revisión introduce numerosas modificacións nos gráficos, o rendemento, o sistema de combate, a interface, o modo foto e a accesibilidade, ademais de incorporar novas […]
000
Código Cero @codigocero.com · 22h
A UVigo achega á cidadanía catro formacións tecnolóxicas
codigocero.com
A UVigo achega á cidadanía catro formacións tecnolóxicas
A Universidade de Vigo abriu a matrícula para unha nova edición dos obradoiros de Extensión Universitaria, con propostas que van dende a identificación de cogomelos ás tecnoloxías na nube (cloud). Segundo informou a UVigo, o catálogo de cursos caracterízase pola “diversidade temática”, abríndose así a perfís moi diferentes: dende persoas interesadas na natureza e a […]
000
Código Cero @codigocero.com · 23h
Final Cut Camera incorpora novas funcións profesionais no iPhone 18 Pro
codigocero.com
Final Cut Camera incorpora novas funcións profesionais no iPhone 18 Pro
A aplicación móbil Final Cut Camera actualízase á versión 2.4 cun novo deseño e novas ferramentas profesionais de gravación no iPhone. A aplicación incorpora hoxe compatibilidade coa apertura variable do iPhone 18 Pro e amplía as opcións de monitorización e conexión profesional coa chegada de iOS 27. A interface foi redeseñada para facilitar o acceso […]
000
Código Cero @codigocero.com · 23h
GPT-6.1 Sol achega o rendemento de Astra a unha quinta parte do prezo
codigocero.com
GPT-6.1 Sol achega o rendemento de Astra a unha quinta parte do prezo
OpenAI presentou GPT-6.1 Sol, unha actualización do seu modelo GPT-6 Sol que mellora especialmente o desempeño en programación con axentes, uso do ordenador e tarefas profesionais complexas. O novo modelo busca achegarse ás capacidades de GPT-6 Astra cun custo moito menor, cun prezo estándar na API de 2 dólares por millón de tokens de entrada […]
000
Código Cero @codigocero.com · 29/09/2026
Apple actualiza Creator Studio con novas ferramentas para edición de imaxe, vídeo e produtividade
codigocero.com
Apple actualiza Creator Studio con novas ferramentas para edición de imaxe, vídeo e produtividade
Apple incorporou novas funcións a Apple Creator Studio, a súa colección de aplicacións de creatividade e produtividade. Pixelmator Pro para iPad suma ferramentas de selección e máscaras máis precisas, mentres Final Cut Pro e Motion permiten editar os efectos do modo Cine dos vídeos gravados co iPhone 18 Pro. Keynote, Pages, Numbers e Freeform tamén […]
000
Código Cero @codigocero.com · 29/09/2026
Os Dots son os novos axentes de IA autónomos de OpenAI
codigocero.com
Os Dots son os novos axentes de IA autónomos de OpenAI
OpenAI presentou Dots, axentes de intelixencia artificial deseñados para asumir tarefas de maneira autónoma e continuar traballando mesmo cando o usuario non está interactuando con eles. Os Dots están impulsados por GPT-6 Astra, dispoñen do seu propio ordenador na nube e poden conectarse a máis de 4.000 aplicacións mediante o ecosistema de plugins. Buscan ir […]
000
Código Cero @codigocero.com · 29/09/2026
Apple publica unha guía para axudar ás familias a crear hábitos dixitais saudables
codigocero.com
Apple publica unha guía para axudar ás familias a crear hábitos dixitais saudables
Apple publicou unha nova guía elaborada en colaboración coa American Academy of Pediatrics (AAP) para axudar ás familias a establecer hábitos dixitais que permitan compatibilizar o uso das pantallas co descanso, o exercicio, os deberes e o tempo dedicado ás amizades e á familia. O documento, titulado Crear hábitos dixitais saudables: unha guía para as […]
000
Código Cero @codigocero.com · 29/09/2026
Sega permite que os seus xogos de Xbox en disco poidan transformarse en licenzas dixitais
codigocero.com
Sega permite que os seus xogos de Xbox en disco poidan transformarse en licenzas dixitais
Este verán botaron a andar as probas do servizo que permite converter os discos físicos de Xbox One e Xbox Series X en licenzas dixitais, iniciativa que foi recibida cos brazos abertos polos xogadores, especialmente por ser unha medida pro consumidor que sorprende nun momento no que a industria está a moverse na dirección contraria […]
000
Código Cero @codigocero.com · 29/09/2026
Spotify sofre unha caída masiva
codigocero.com
Spotify sofre unha caída masiva
Spotify está a experimentar unha incidencia que impide utilizar con normalidade tanto a aplicación para dispositivos móbiles como o reprodutor web. Os problemas afectan á reprodución de música e podcasts, ao inicio de sesión e á conexión cos servidores do servizo. Os primeiros reportes comezaron a acumularse arredor das 15:50 horas en plataformas de monitorización […]
000
Código Cero @codigocero.com · 29/09/2026
Os nesgos da IA, a debate o vindeiro venres na UDC
codigocero.com
Os nesgos da IA, a debate o vindeiro venres na UDC
A Universidade da Coruña celebrará o vindeiro 2 de outubro, na Casa do Alumnado, a cuarta edición das Xornadas de IA e Nesgos de Xénero: oportunidades para a igualdade, un encontro que reunirá especialistas de diferentes ámbitos para reflexionar sobre os retos que presenta o desenvolvemento e o uso da intelixencia artificial dende unha perspectiva […]
000
Código Cero @codigocero.com · 29/09/2026
A Maker Faire Galicia reúne en Santiago, o 9 de outubro, o talento galego que traballa nas tecnoloxías do futuro
codigocero.com
A Maker Faire Galicia reúne en Santiago, o 9 de outubro, o talento galego que traballa nas tecnoloxías do futuro
A Maker Faire Galicia celebrará o vindeiro 9 de outubro a súa Xornada da Industria na Casa das Máquinas, cun programa que xirará arredor de catro tecnoloxías estratéxicas: a neurotecnoloxía, a biotecnoloxía, a intelixencia artificial e a computación cuántica. Farao, ademais, cun cartel composto por relatoras/es e proxectos galegos, “para poñer en valor o talento […]
000
Código Cero @codigocero.com · 29/09/2026
A implantación de IA local nas empresas centra un novo curso de Vitae en outubro
codigocero.com
A implantación de IA local nas empresas centra un novo curso de Vitae en outubro
Vitae, consultora tecnolóxica referente na mellora do rendemento, a axilidade e a eficiencia dos equipos profesionais, vai organizar este mes de outubro unha nova actividade formativa encadrada nesta busca da máxima excelencia a través das máis avanzadas ferramentas (por exemplo a intelixencia artificial). Estamos a falar do curso Implantación Profesional Avanzada de IA Local. Desenvolverase […]
000
Código Cero @codigocero.com · 29/09/2026
Retrasan o lanzamento das consolas portátiles inspiradas no C64 e no Spectrum
codigocero.com
Retrasan o lanzamento das consolas portátiles inspiradas no C64 e no Spectrum
Tras unha época de bonanza para as consolas retro, semella que entramos nunha etapa complicada, por mor das dificultades para conseguir compoñentes para a súa fabricación, e tras o adiamento de 10 meses do lanzamento da Neo Geo AES+, chega agora o anuncio do retraso das consolas portátiles inspiradas no Commodore 64 e o ZX […]
000
Código Cero @codigocero.com · 29/09/2026
O CITIC participa no proxecto europeo de educación dixital inclusiva inspirado en Talentos Inclusivos
codigocero.com
O CITIC participa no proxecto europeo de educación dixital inclusiva inspirado en Talentos Inclusivos
O proxecto europeo EDIGIT (Education and Digital Literacy to Grow Inclusive Talents) reuniu os días 23 e 24 de setembro en Praga (República Checa) representantes das entidades socias para avanzar nas diferentes liñas de traballo desta iniciativa Erasmus+, centrada no desenvolvemento de competencias dixitais e na incorporación da inclusión e da accesibilidade á educación STEM. […]
000
Código Cero @codigocero.com · 29/09/2026
Nothing mellora os seus auriculares de diadema
codigocero.com
Nothing mellora os seus auriculares de diadema
Nothing pon á venda os Headphone (1) Pro, uns auriculares circumaurais que introducen melloras no deseño e na cancelación activa de ruído (ANC), ademais dun sistema de tres transdutores que permiten un maior control sobre a reprodución sonora. Estes auriculares, sucesores dos Headphones (1), chegan á mercado en cor branca ou negra a un prezo […]
000
Código Cero @codigocero.com · 29/09/2026
Opera integra unha eSIM de viaxe con 3 GB de datos de balde no seu navegador para Android
codigocero.com
Opera integra unha eSIM de viaxe con 3 GB de datos de balde no seu navegador para Android
Opera está a sorprender coa incorporación dunha eSIM de viaxe ao seu navegador para Android, cunha oferta inicial de 3 GB de datos gratuítos durante tres días en determinados mercados. A conectividade non queda limitada ao propio navegador, senón que permite utilizar tamén o resto de aplicacións do teléfono durante unha viaxe ao estranxeiro, evitando así […]
000
Código Cero @codigocero.com · 29/09/2026
A Fundación Luckia inicia un curso de Front End moderno e IA aplicada ao negocio
codigocero.com
A Fundación Luckia inicia un curso de Front End moderno e IA aplicada ao negocio
O Campus da Fundación Luckia comezou o curso presentando na Coruña dous programas de especialización. Fíxoo no marco da súa estratexia de achegar formación tecnolóxica como “ferramenta de transformación real para profesionais, equipos e organizacións”. A primeira cita será mañá, cando se inicie o curso intensivo Front End Moderno e Ferramentas IA, que se desenvolverá […]
000
Código Cero @codigocero.com · 29/09/2026
AESIA e Delegación do Goberno impulsan a formación en IA para as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado
codigocero.com
AESIA e Delegación do Goberno impulsan a formación en IA para as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado
A Axencia Española de Supervisión de Intelixencia artificial (AESIA) -organismo con sede na Coruña adscrito á Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, dirixida por María González Veracruz- e a Delegación do Goberno en Galicia, en colaboración coa Deputación da Coruña, organizan hoxe martes, día 29, no Pazo de Mariñán a xornada formativa Intelixencia […]
000
Código Cero @codigocero.com · 29/09/2026
O SERGAS avanzará en transformación tecnolóxica cun sistema de xestión da demanda da actividade sanitaria
codigocero.com
O SERGAS avanzará en transformación tecnolóxica cun sistema de xestión da demanda da actividade sanitaria
A Xunta publicou por un importe de 507.386,88 euros a licitación dos servizos de desenvolvemento dun sistema de xestión “dinámico e automatizado” da demanda da actividade na atención primaria, puntos de atención continuada e atención hospitalaria. A contratación, encadrada cos obxectivos do programa Transformación Dixital da Sanidade Galega (Programa Galicia FEDER 2021-2027), permitirá garantir a continuidade […]
000
Código Cero @codigocero.com · 28/09/2026
Anthropic presenta Claude Sonnet 5.5, máis rápido, barato e potente para tarefas cotiás
codigocero.com
Anthropic presenta Claude Sonnet 5.5, máis rápido, barato e potente para tarefas cotiás
Anthropic presentou Claude Sonnet 5.5, o segundo modelo da familia Claude 5.5, cunha mellora destacada no rendemento fronte a Sonnet 5 e unha velocidade de xeración superior nun 30 %. O novo modelo mantén os prezos do seu predecesor, pero a súa maior eficiencia permite reducir ata un 30 % o custo por tarefa. Sonnet 5.5 sitúase […]
000
Código Cero @codigocero.com · 28/09/2026
A UDC e a AESIA preparan proxectos comúns a prol dunha IA segura e ao servizo da sociedade
codigocero.com
A UDC e a AESIA preparan proxectos comúns a prol dunha IA segura e ao servizo da sociedade
A Universidade da Coruña (UDC) e a Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA) deron importantes avances conxuntos para impulsar unha intelixencia artificial segura, consciente e ao servizo da sociedade. Este foi o principal obxectivo do encontro mantido hoxe entre o reitor da UDC, Ricardo Cao, o director xeral da AESIA, Alberto Gago, a […]
000
Código Cero @codigocero.com · 28/09/2026
Bose recupera os auriculares con cable con cancelación de ruído
codigocero.com
Bose recupera os auriculares con cable con cancelación de ruído
Bose anunciou o regreso aos auriculares con cable coa presentación dos Bose Noise Cancelling Wired Earbuds, un modelo con conexión USB-C que combina a sinxeleza dunha conexión física coa cancelación activa de ruído QuietControl e son de alta calidade. Non precisan Bluetooth nin batería interna, xa que obteñen a enerxía directamente do dispositivo ao que […]
010
Código Cero @codigocero.com · 28/09/2026
ElevenLabs presenta Eleven v4, o seu modelo de síntese de voz máis expresivo
codigocero.com
ElevenLabs presenta Eleven v4, o seu modelo de síntese de voz máis expresivo
ElevenLabs presentou Eleven v4, a nova xeración do seu modelo de conversión de texto a voz, acompañado de Eleven v4 Turbo, unha variante deseñada para aplicacións que precisan baixa latencia. A nova arquitectura busca mellorar a expresividade, a naturalidade das conversas e a consistencia das voces en proxectos de longa duración. Eleven v4 está deseñado […]
000
Código Cero @codigocero.com · 28/09/2026
Meta crea unha división para levar a súa tecnoloxía de IA ás empresas
codigocero.com
Meta crea unha división para levar a súa tecnoloxía de IA ás empresas
Meta puxo en marcha Meta Enterprise Platform, unha nova área de negocio coa que pretende ofrecer ás empresas a súa tecnoloxía de intelixencia artificial, incluídos modelos avanzados, axentes autónomos e ferramentas para desenvolvedores. A nova plataforma reunirá inicialmente produtos como Muse, Meta Business Agent, Muse API e Muse Code, xunto con outras tecnoloxías da compañía. […]
000
Código Cero @codigocero.com · 28/09/2026
O CITIC da UDC sumouse á G-Night 2026 poñendo o foco na IA, a róbotica e a computación
codigocero.com
O CITIC da UDC sumouse á G-Night 2026 poñendo o foco na IA, a róbotica e a computación
O CITIC da Universidade da Coruña participou o pasado venres, 25 de setembro, na sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras (G-Night), iniciativa europea de divulgación científica que transforma diferentes espazos das cidades (non sempre relacionados directamente coa ciencia e a tecnoloxía) en lugares de encontro entre a investigación e a sociedade. Neste marco, […]
000
Código Cero @codigocero.com · 28/09/2026
God of War Laufey abrirá as reservas o 29 de setembro e detalla as súas edicións
codigocero.com
God of War Laufey abrirá as reservas o 29 de setembro e detalla as súas edicións
God of War Laufey chegará a PlayStation 5 o 16 de febreiro de 2027 e permitirá realizar reservas a partir do 29 de setembro ás 10:00 horas, segundo vén de anunciar Santa Monica Studio, que tamén detallou os contidos das edicións dispoñibles e mostrou novas escenas do sistema de combate de Faye. As reservas incluirán […]
000
Código Cero @codigocero.com · 28/09/2026
A Cámara de Comercio de Santiago ofrece o seu Coworking de balde ata final de ano
codigocero.com
A Cámara de Comercio de Santiago ofrece o seu Coworking de balde ata final de ano
As persoas emprendedoras, autónomas e empresas poderán dispoñer ata final de ano dun espazo profesional de traballo sen ningún custo en Santiago de Compostela grazas á iniciativa posta en marcha pola Cámara de Comercio de Santiago a través do Coworking Digital Compostela. O espazo abre as súas instalacións a pemes, microempresas e persoas emprendedoras “que […]
000
Código Cero @codigocero.com · 28/09/2026
Atlántica Labs aborda o uso da IA no desenvolvemento de proxectos de longa duración
codigocero.com
Atlántica Labs aborda o uso da IA no desenvolvemento de proxectos de longa duración
Os Atlántica Labs by GPUL celebrarán o martes 27 de outubro, de 19:00 a 21:00 horas, unha nova sesión centrada no uso da intelixencia artificial no desenvolvemento de software. O encontro terá lugar en DEUS (rúa Ciudad de Lugo, 35, baixo A, A Coruña). A charla, titulada F*** Vibecoding: Code-first. Introdución á IA en proxectos […]
110
Código Cero @codigocero.com · 28/09/2026
Boox Picco leva a tinta electrónica ao tamaño dunha tarxeta
codigocero.com
Boox Picco leva a tinta electrónica ao tamaño dunha tarxeta
Boox pon á venda Picco, un lector de tinta electrónica de 3,97 polgadas e 58 gramos que inaugura a serie Boox Tiles, coa que a marca explora novos formatos para os dispositivos eInk. O trebello xa está dispoñible para a súa compra por 109,99 euros. O seu tamaño, similar ao dunha tarxeta de crédito, está pensado […]
000
Código Cero @codigocero.com · 28/09/2026
JBL renova as súas barras de son Cinema SB con SurroundPlay e Dolby Atmos
codigocero.com
JBL renova as súas barras de son Cinema SB con SurroundPlay e Dolby Atmos
JBL presentou a nova serie Cinema SB MK2, formada por catro barras de son pensadas para mellorar o audio dos televisores e facilitar a creación dun sistema de son envolvente. A principal novidade é SurroundPlay, unha tecnoloxía que permite utilizar dous JBL Flip 7 como altofalantes traseiros sen fíos. A gama está formada polos modelos […]
000
Código Cero @codigocero.com · 28/09/2026
A Feira de Tecnoloxías Abertas OSHWD 2026 celebrarase na Domus
codigocero.com
A Feira de Tecnoloxías Abertas OSHWD 2026 celebrarase na Domus
Será na coruñesa Domus onde o vindeiro sábado, 3 de outubro, teña lugar a Feira de Tecnoloxías Abertas OSHWDem 2026, un encontro gratuíto celebrado coa colaboración do Concello da Coruña que traerá á cidade de novo unha ampla programación de actividades divulgativas, charlas, demostracións tecnolóxicas e obradoiros para todos os niveis. “Eventos como este son […]
000
Código Cero @codigocero.com · 28/09/2026
A páxina web da Firma electrónica non funciona por deixar caducar o seu certificado de seguridade
codigocero.com
A páxina web da Firma electrónica non funciona por deixar caducar o seu certificado de seguridade
Estamos afeitos a que as páxinas web da Administración do Estado sexan exemplo de malas prácticas e desleixo, dificultando o seu uso por parte da cidadanía en vez de facer xusto o contrario, e como exemplo deste mal facer a páxina web da Axencia Estatal de Administración Dixital dedicada á sinatura electrónica para cidadáns, empresas […]
000
Código Cero @codigocero.com · 28/09/2026
A radio do histórico Centro Betanzos (Arxentina) dá o salto dixital co apoio da Deputación da Coruña
codigocero.com
A radio do histórico Centro Betanzos (Arxentina) dá o salto dixital co apoio da Deputación da Coruña
Radio Enxebre, a emisora do Centro Betanzos en Arxentina, converterase nunha moderna plataforma de streaming e podcast para difundir a cultura galega e conectar as novas xeracións da diáspora coa súa terra de orixe. A histórica canle de comunicación, decana da diáspora galega en Arxentina, dará o salto ao dixital co apoio da Deputación da […]
000
Código Cero @codigocero.com · 28/09/2026
Un ciberataque a Adif e Renfe expón 500 GB de datos e apunta ao uso de IA
codigocero.com
Un ciberataque a Adif e Renfe expón 500 GB de datos e apunta ao uso de IA
Adif e Renfe sufriron un ciberataque que permitiu acceder a uns 500 GB de información tras varios días de actividade dos atacantes. A investigación apunta ao posible uso de intelixencia artificial para localizar vulnerabilidades nos sistemas de Adif e avanzar posteriormente cara a sistemas interconectados con Renfe, aínda que non se coñece que IA foi empregada […]
000
Código Cero @codigocero.com · 28/09/2026
A Aula CeMIT de Boiro ofrece en outubro formación en móbiles e no procesador de textos Writer
codigocero.com
A Aula CeMIT de Boiro ofrece en outubro formación en móbiles e no procesador de textos Writer
A Aula CeMIT do Concello de Boiro ofrece novos cursos formativos en novas tecnoloxías para o mes de outubro, destinados a familiarizar á cidadanía coas diferentes vertentes do ámbito dixital e coas súas principais vantaxes e funcionalidades. Desta volta, o Concello e a Aula CeMIT porán o foco en como sacarlle o máximo rendemento ao […]
000