Sign in

Chus

@chus.gal
327 followers 447 following 1.9K posts

🐈🐈‍⬛🐈‍⬛🐈‍⬛🐈‍⬛🐈‍⬛ Traballo en "O importante é que a previsión reflicta a realidade do proxecto"

PostsRepliesMedia
Chus @chus.gal · 03/09/2026
" ...el interior de follar..." o concepto(?)
Imaxe co seguinte texto:
49. Hay un color en el interior de follar, pero no es el azul
010
Chus @chus.gal · 30/08/2026
Acábanse as vacacións e a luz de setembro xa está aí.
Ponte do Pasatempo ou dos Ruzos vista dende abaixo, hai unha pequena presa (hai quen forzou para ter onde mollar os pés) que xera un remanso e unha fervenza. É pola mañá e hai unha luz limpa de setembro.
130
Chus @chus.gal · 24/08/2026
Panel dunha tenda de electrodomésticos, logotipo de Philips en vermello na esquina superior esquerda, un fluorescente en diagonal y unhas letras maiúsculas TL en branco, todo sobre un fondo azul claro.
020
Chus @chus.gal · 31/07/2026
A partir deste 20 de agosto tedes outra oportunidade de ver a última obra de Mauro Leivas en Foz, no CENIMA.
Cartel anunciando unha exposición do artista Mauro Leivas baixo o título de Ukiyo-e: de paxaros e sacabeiras. Do 20 ao 30 de agosto no CENIMA en Foz, Lugo. Aparece unha pega sobre unha póla de carballo.
010
Chus @chus.gal · 30/07/2026
Eu veño a deixar este meme ao que non é fácil atoparlle un momento axeitado e creo que este pode cadrar bastante ben.
050
Chus @chus.gal · 26/07/2026
Muro. Paxaro. Mimetismo. Camuflaxe
Foto dunha parede de pedra e un paxaro (un pardal) saíndo do seu niño. É difícil de ver.
140
Chus @chus.gal · 10/07/2026
Obsesión compartida
120
Chus @chus.gal · 05/07/2026
A lectura e o sitio.
<<follar deja todo tal y como es. Follar no puede de ninguna manera interferir en el uso real del lenguaje. Porque tampoco puede dar ningún cimiento. Deja todo tal y como es>> cita de Maggie Nelson no libro "Autocienciaficción para el fin de la especie" de Begoña MéndezFotografía dunha piscina fluvial que aproveita un vello embalse para una central eléctrica.
020
Chus @chus.gal · 03/07/2026
Un lagarto sobre a pedra da entrada dunha casa
040
Chus @chus.gal · 30/06/2026
Escornaboi ou vacaloura femia
180
Chus @chus.gal · 28/06/2026
Pequenos problemas coas chamadas a pé de páxina, as dúas no mesmo libro.
Chamada a pé de páxina dun libro coa URL completa, e ben complexa, dunha imaxe de Google.Pe de paxina que indica Ver imaxe e aparece una descrición suliñada como se estivese indicando unha ligazón nunha páxina web.
050
Chus @chus.gal · 21/06/2026
Do primeiro paseo do verán con baño incluído.
070
Chus @chus.gal · 08/06/2026
Bueno, depende😭😭😭😭
Ceo gris totalmente cuberto
010
Chus @chus.gal · 07/06/2026
Domingo
Cabeza dunha gata tricolor durmindo a carón dunha xanela aberta, podería dar a sensación que pechou os ollos para desfrutar do frescor que entra pola xanela aberta.
380
Chus @chus.gal · 03/06/2026
Esquecera subir estas fotos de nubes tan curiosas (polo menos a min parécenmo), son de hai 2 semanas.
140
Chus @chus.gal · 24/05/2026
Cabaliño do demo, gaiteiro aliazul 
https://www.rios-galegos.com/ins14.htm
040
Chus @chus.gal · 21/05/2026
120
Chus @chus.gal · 01/05/2026
Foto dun pardal entre as patas dunhas cadeiras sobre un chan dw pedra.
070
Chus @chus.gal · 29/04/2026
Onte fun ao sitio escollido para comprobar como podería ver o eclipse xa que era un día no que o solpor ocorría case no mesmo sitio que o 12 de agosto. Tamén pode que o 12 de agosto estea así para que imos enganarnos. (E tamén ata a c*** deste tempo frío, húmido e gris)
Antena de televisión con néboa por todos lados.
130
Chus @chus.gal · 24/04/2026
Un gato laranxa enroscado sobre a herba cunha luz moi tenue que da imaxe coas cores moi pouco saturadas case grises.Unha gata mira pola xanela un campo onde está un gato laranxa enroscado.
010
Chus @chus.gal · 23/04/2026
Ten lóxica o que dis de que lle entre luz e tamén no dos erros, nas imprecisións e que lle dan un aspecto curioso. A ver como saen as miñas que a cámara ten 50 anos. (Hai anos vivín por aí, Centroña)
Cámara de fotografía analóxica.
100
Chus @chus.gal · 21/04/2026
Un gato laranxa e branco deitado sobre unha terra acabada de desbrozar.
170
Chus @chus.gal · 20/04/2026
Do paseo de hoxe (puto luns por outro lado)
Un corvo sae voando dun tendido eléctrico ao fondo vense unha montañas con aeroxeradores e un ceo moi gris (coma este luns)Unha árbore aínda sen follas bastante vella con dúas colmeas no seu pé diante un prado verde e no fondo unhas edificacións.
030
Chus @chus.gal · 14/04/2026
Creo que vou ter conflito na casa, as outras todas son ateas...
Unha gata vaquiña (branca e negra) en postura de rezar como se fora musulmá.
120
Chus @chus.gal · 13/04/2026
Do paseo de hoxe.
Dúas cadeiras de escola carón dunha fonte.O val de Mondoñedo dende San Carlos
040
Chus @chus.gal · 05/04/2026
Tes dúas mans, así que esta xa a uso eu😼
Unha gata tricolor, chamada Ari(gato), feita un novelo durmindo e agarrada a unha man.
050
Chus @chus.gal · 27/03/2026
Imaxe da túa galería que describa a túa saúde mental
Unha gata tricolor (chámase Ari)tumbada de lado nunha alfombra negra mira a cámara
080
Chus @chus.gal · 26/03/2026
Obrigados a vivir
Fotograma de Futurama onde se ve unha cabina pechada de aspecto metálico con dous textos: nun lateral Suicide Booth 25c e na parte superior In Use.
020
Chus @chus.gal · 14/03/2026
@onlypegas.eurosky.social
Unha pega despega dun lousado levando unha pola máis grande que ela.
041
Chus @chus.gal · 23/02/2026
Bo e frío día
Arco da ponte dos Ruzos ou do Pasatempo, o río con restos de néboa
060
Chus @chus.gal · 21/02/2026
Xa se lle notan etc
Ponte dos Ruzos ou do Pasatempo, ten un só arco de medio punto estilo románico, pasa por riba do río Valiñadares que se ve con bastante caudal e coa agua limpa, todo nun día solleiro e non moi frío pero ainda de inverno.
010
Chus @chus.gal · 14/02/2026
O Sol ese descoñecido
Foto dun lateral da catedral de Mondoñedo co Sol de fronte un pouco filtrado por uns farrapos de nubes, nun primeiro plano unha mesa e dúas cadeiras.
030
Chus @chus.gal · 13/02/2026
Foto da ría de Foz, dende o porto nun día gris.
030
Chus @chus.gal · 11/02/2026
Do paseo de hoxe, mooooooooito vento pero non choveu.
Igrexa do Carme na parroquia do Carme (sorpresa) e a encosta que leva ata ela, cunhas árbores á dereita que non son eucaliptos e son caducifolias.
150
Chus @chus.gal · 08/02/2026
Esta mañá estaba así, baixou o nivel e está a auga menos turbia.
Río Valiñadares dende a ponte dos Ruzos ou do Pasatempo
120
Chus @chus.gal · 07/02/2026
A carón da casa (aínda sen perigo).
Ponte dos Ruzos ou do Pasatempo cun só arco de medio punto sobre o río Valiñadares con moita auga e forza despois destes días de inverno.
140
Chus @chus.gal · 28/01/2026
Foi ou non foi falta?
Dúas gatas xogando, simulando unha pelexa. Abaixo Pong, unha gata branca e negra, e arriba Ari, unha gata tricolor.Dúas gatas xogando, simulando unha pelexa. Abaixo Pong, unha gata branca e negra, e arriba Ari, unha gata tricolor.
020
Chus @chus.gal · 18/01/2026
Panorámica da miña vida cando a gatuncia se pon de acordo para comer.
Foto panorámica de 2 gatos, fóra, e 6 gatas, dentro, nunha cociña. Empezando pola esquerda da foto 1 gato, Leoncio, mira á cámara dende a xanela sobre o sumidoiro, despois tras o cristal da porta o outro gato, Tristón, está comendo. Despois xa na dereita da imaxe Pong, Fociño Branco,no chan e Tarr, Ari e Riddick están comendo. E por último Fociño Negro está sentada mirando.
030
Chus @chus.gal · 18/01/2026
Este é o primeiro libro que fun capaz de rematar este ano, 133 páxinas para 18 días🙄 O libro non está mal aínda que tiña unhas expectativas que non foron cumpridas. O mellor é o epílogo e o marcapáxinas.
Portada e marcapáxinas do libro titulado Ciencia ficción capitalista de Michel Nieva.
150
Chus @chus.gal · 17/01/2026
Así querería estar eu 🙄 #caturday
Unha gata branca e negra, chamada Pong, durmindo estomballada enriba dunha estufa de pellets acesa.
1100
Chus @chus.gal · 06/01/2026
Que organización e memoria! De todo o que lin o 2025 só me queda na memoria (minto tiven q mirar o pedido na web) é Mi libro libro madre, mi libro monstro de Kate Zambreno. Motivos: ser un bo agasallo para moitas amiges e por variados motivos, botar en falta poder falar del con alguén (as usual).
100
Chus @chus.gal · 06/01/2026
Algo nevou polo Xistral
Ceo gris enchendo media foto, a Serra do Xistral cos seus modernos aeroxeradores cun pouco de neve e na parte de abaixo o edificio do seminario e a torre da catedral de Mondoñedo. Cero agasallos, por certo.
090
Chus @chus.gal · 02/01/2026
Do paseo hoxe.
A catedral de Mondoñedo na dereita da foto iluminada en ocres e unhas serie de luces decorativas de nadal seguen o peche dunha finca ata a esquerda onde hai máis luces e unha vivenda. Tamén se aprecia o camiño asfaltado iluminado por unha farola.Mondoñedo visto dende a Pontepousada. É noite hai néboa e choiva o ceo é unha mestura de ambar, gris azulado e farrapos de néboa.Ovellas entre a néboa
041
Chus @chus.gal · 24/12/2025
Unha cuasi señora partíndose o orto por un incendio familiar de nada.
100
Chus @chus.gal · 24/12/2025
A miñas (a posesión é ficticia) gatas e máis eu dexesámosvos o que sexa bo pra vós e o planeta. Dito doutro xeito Tarr, Riddick, Ari(gato), Pong, Fociño Negro e Fociño Branco dexesávosmos (realmente non sei se elas teñen eses dexesos ou outros😼) o mellor para nós/vós/elas.
Seis gatas, 5 comendo e 1 lambéndose. 3 enriba dunha escaleira e as outras no chan. É o interior dunha vivenda. Hai unha porta con cristais e un armario no fondo. No reflexo do cristal pódese ver malamente a quen fai a fotografía.
240
Chus @chus.gal · 24/12/2025
Nesta vivenda baleira hai unha metáfora de Galicia, asina o poeta Rueda.
Entrada dunha vivenda cunhas escaleiras e por riba delas unha porta de cristal co marco azul. Vese tras o cristal un feixe de correspondencia acumulada, indicativo de que alí hai tempo que non vive niguen. Ao pé da escaleira hai unha carta que pon 'A Galicia que Funciona' un tal Alfonso Rueda parece que é o remitente.
052
Chus @chus.gal · 21/12/2025
Do paseo de hoxe. As nubes do fondo levan neve.
Mondoñedo visto dende a estrada de Lindín. Esta iluminado polo sol, xa de inverno, hai bastantes nubes pero aínda se ve algo de ceo azul.
091
Chus @chus.gal · 17/12/2025
@ceosgalegos.bsky.social @dosiveiga.bsky.social Xa chegou!!!
Dúas postais e uns lentes para ver eclipses sobre a portada dun calendario de 2026
172
Chus @chus.gal · 10/12/2025
Do paseo de hoxe. (Polo que sexa nunca escoitei a Extremoduro e os Ilegales deixáronme de interesar despois de disco de 'Tiempos nuevos, tiempos salvajes'. Seguro que esta información só lle serve ás IAs pero hai que estar cos tempos🙄)
En primeiro plano dúas bestas mirando á cámara detrás dun pastor eléctrico pola dereita baixa unha estrada, na esquerda prado e no fondo algunhas casas do Couto na parroquia do Carme e ao fondo Mondoñedo coa catedral iluminada en cor ambar que contrasta cun ceo gris atravesado por uns cables da luz.
070
Chus @chus.gal · 03/12/2025
Do paseo de hoxe. Ía frío e chovía, si.
Fotografía de Mondoñedo no serán. Na parte superior un ceo cuberto, a Serra do Xistral, o casco antigo da cidade coa catedral e o seminario iluminados en cor ambar. No primeiro plano un prado verde terminado nunha sebe.
060