Sign in

BNG Congreso - Senado

@bngcortes.bsky.social
208 followers 36 following 293 posts

Conta oficial do BNG (@obloque.gal) nas Cortes do Estado

PostsRepliesMedia
BNG Congreso - Senado @bngcortes.bsky.social · 14/11/2025
#NaWeb BNG defenderá no Congreso o carácter vinculante da Carta Social Europea. Néstor Rego rexistra unha Proposición de Lei sobre o carácter vinculante das decisións do CEDS e, en consecuencia, a súa obrigada execución por parte do Estado español.
bng.gal
BNG defenderá no Congreso o carácter vinculante da Carta Social Europea
Néstor Rego rexistra unha Proposición de Lei sobre o carácter vinculante das decisións do CEDS en relación coa Carta Social Europea e, en consecuencia, a súa obrigada execución por parte do Estado esp...
010
BNG Congreso - Senado @bngcortes.bsky.social · 14/11/2025
#NaWeb BNG defenderá recoñecer e reparar as mulleres represaliadas polo Padroado de Protección da Muller do franquismo e até 1985. Carme da Silva insta o Goberno a realizar un verdadeiro recoñecemento colectivo e público.
bng.gal
BNG defenderá recoñecer e reparar as mulleres represaliadas polo Padroado de Protección da Muller do franquismo e até 1985
Carme da Silva proporá “recoñecer, rehabilitar e dignificar as mulleres que foron represaliadas e confinadas pola institución franquista” e introducilo na Lei de Memoria Democrática A senadora do BNG ...
000
BNG Congreso - Senado @bngcortes.bsky.social · 13/11/2025
#NaWeb BNG pon en valor o seu traballo para manter as paradas de autobús na Galiza na Lei de Mobilidade Cando o BNG resolve o problema que implicaba o mapa concesional, non se entende por que o PP introduce emendas que xeran incerteza, di Néstor Rego.
bng.gal
BNG pon en valor o seu traballo para manter as paradas de autobús na Galiza na Lei de Mobilidade Sustentábel
Néstor Rego: “Conseguimos que o Goberno central manteña as paradas ou que, se as asume a Xunta, non supoña custe ningún para a Administración Galega” Cando o BNG deixou resolto o problema que implicab...
010
BNG Congreso - Senado @bngcortes.bsky.social · 13/11/2025
#NaWeb BNG exixe a Industria “abrir a porta á intervención pública de Alcoa”. Néstor Rego reclama a Hereu o compromiso do Goberno para desenvolver medidas que garantan o mantemento da actividade e os postos de traballo.
bng.gal
BNG exixe a Industria “abrir a porta á intervención pública de Alcoa”
Rego reclama a Hereu o compromiso do Goberno para desenvolver medidas que garantan o mantemento da actividade e os postos de traballo Ante a enorme incerteza existente pola crise de Alcoa, o deputado ...
010
BNG Congreso - Senado @bngcortes.bsky.social · 11/11/2025
«Que accións está a desenvolver o Goberno ante o incumprimento por parte de Alcoa do Acordo de Viabilidade asinado en 2021 coa representación das traballadoras?» Esta cuarta feira, 12N, Néstor Rego reclamará ao Goberno a intervención pública de Alcoa.
010
BNG Congreso - Senado @bngcortes.bsky.social · 11/11/2025
#NaWeb BNG exixe máxima colaboración e actuacións urxentes para protexer a bacía do arrastre de cinzas tras os grandes incendios. "Precisamos un traballo conxunto, con medios e planificación" afirma Carme da Silva.
bng.gal
BNG exixe máxima colaboración e actuacións urxentes para protexer a bacía do arrastre de cinzas tras os grandes incendios
Carme da Silva reclama medidas inmediatas e coordinación entre administracións para garantir o abastecemento de auga potábel e frear o impacto ambiental  “O que non pode pasar é que Xunta e Estad...
010
BNG Congreso - Senado @bngcortes.bsky.social · 11/11/2025
#NaWeb BNG reclamará ao Goberno a intervención pública de Alcoa. Néstor Rego exixirá actuacións contundentes ante o incumprimento do Acordo de Viabilidade por parte de Alcoa.
bng.gal
BNG reclamará ao Goberno a intervención pública de Alcoa
Na vindeira cuarta feira, Néstor Rego participará na sesión de control ao Goberno do Estado para exixir actuacións contundentes ante o incumprimento do Acordo de Viabilidade por parte de Alcoa “Que ac...
000
BNG Congreso - Senado @bngcortes.bsky.social · 07/11/2025
#NaWeb BNG reclama ao Goberno impulsar os servizos ferroviarios na comarca do Ribeiro. Néstor Rego denuncia o intento do Partido Popular de retrasar o implantación dos servizos ferroviarios de proximidade: “o PP está a boicotear os avances conseguidos en favor do conxunto do País”.
bng.gal
BNG reclama ao Goberno impulsar os servizos ferroviarios na comarca do Ribeiro
Néstor Rego denuncia o intento do Partido Popular de retrasar o implantación dos servizos ferroviarios de proximidade: “o PP está a boicotear os avances conseguidos en favor do conxunto do País”. A or...
000
BNG Congreso - Senado @bngcortes.bsky.social · 07/11/2025
Abrimos fío [🧵]para contarche como o Partido Popular intenta retrasar a implantación de novos servizos ferroviarios na Galiza conseguidos polo BNG. (1/4)
111
BNG Congreso - Senado @bngcortes.bsky.social · 24/10/2025
#NaWeb BNG exixe ao Goberno rematar as obras da A-54 e solucionar os problemas de tráfico entre Arzúa e Melide. Néstor Rego demanda ao Ministerio de Transportes celeridade para finalizar o último tramo da autovía que conectará Santiago con Lugo.
bng.gal
BNG exixe ao Goberno rematar as obras da A-54 e solucionar os problemas de tráfico entre Arzúa e Melide
Néstor Rego demanda ao Ministerio de Transportes celeridade para finalizar o último tramo da autovía que conectará Santiago con Lugo A organización nacionalista denuncia os problemas de tráfico que as...
000
BNG Congreso - Senado @bngcortes.bsky.social · 24/10/2025
#NaWeb BNG, ante o procedemento sancionador aberto polo baleirado da presa de Chás, exixe facer públicas as conclusións e depurar responsabilidades. Carme da Silva insiste en chegar até o final para que se esclareza o acontecido.
bng.gal
BNG, ante o procedemento sancionador aberto polo baleirado da presa de Chás, exixe facer públicas as conclusións e depurar responsabilidades
Carme da Silva demanda “completar a tramitación do expediente, facer públicas as conclusións da instrución e adoptar medidas contundentes de sanción e reparación” “Hai que depurar responsabilidades e ...
000
Reposted by BNG Congreso - Senado
BNG - Bloque Nacionalista Galego @obloque.gal · 23/10/2025
O PP recitando o catecismo de Tebas. Que sorpresa!
01813
BNG Congreso - Senado @bngcortes.bsky.social · 23/10/2025
#NaWeb BNG logra incorporar o respecto aos dereitos lingüísticos e a accesibilidade ao Proxecto de Lei de Atención á Clientela Rego explica o acordo acadado para garantir a atención en galego nas empresas que operan na Galiza. #CoBNGGalizaGaña ✌️
bng.gal
BNG logra incorporar o respecto aos dereitos lingüísticos e a accesibilidade ao Proxecto de Lei de Atención á Clientela
Após un acordo cos partidos que compoñen o Goberno, o BNG consegue incorporar importantes melloras ao Proxecto de Lei que regula os servizos de atención á clientela Néstor Rego explica o acordo acadad...
000
BNG Congreso - Senado @bngcortes.bsky.social · 22/10/2025
#NaWeb Rego defende ante Saiz un sistema verdadeiramente progresivo na cotización para protexer pequenos e medios autónomos ▶️“O BNG reclama un sistema de cotizacións máis xusto, equilibrado e solidario”
bng.gal
Rego defende ante Saiz un sistema verdadeiramente progresivo na cotización para protexer pequenos e medios autónomos
Frente a unha proposta “nin xusta nin razoábel” como a que fixo o Goberno na pasada semana, o BNG defende un criterio de maior xustiza, axustando máis e mellor as cotizacións aos ingresos reais Néstor...
010
BNG Congreso - Senado @bngcortes.bsky.social · 17/10/2025
Reunión con Eduardo Abad, Presidente de UPTA, para falar sobre a proposta do Goberno de subir a cota das persoas autónomas, especialmente nos tramos máis baixos. Exixiremos dar marcha atrás. O Goberno debe apostar por un sistema máis xusto e progresivo.
010
BNG Congreso - Senado @bngcortes.bsky.social · 17/10/2025
#NaWeb BNG exixirá ao Goberno “dar marcha atrás” nos seus plans de subir a cota das persoas autónomas, especialmente nos tramos máis baixos ▶️Néstor Rego demandará unha rectificación ao executivo e apostar por un sistema máis xusto e progresivo
bng.gal
BNG exixirá ao Goberno “dar marcha atrás” nos seus plans de subir a cota das persoas autónomas, especialmente nos tramos máis baixos
“Considera razoábel e xusta a proposta que realizou o seu Ministerio de suba das cotizacións ás persoas autónomas?”: a pregunta que formulará Rego a Saiz Néstor Rego demandará unha rectificación ao ex...
020
BNG Congreso - Senado @bngcortes.bsky.social · 16/10/2025
𝗨𝗟𝗧𝗜𝗠𝗔 𝗛𝗢𝗥𝗔 🔴 | O pleno do Congreso aproba as medidas propostas polo BNG para impulsar o sector pesqueiro galego e garantir o seu futuro.
021
BNG Congreso - Senado @bngcortes.bsky.social · 16/10/2025
#NaWeb Luz verde no pleno do Congreso ao Plan do BNG para impulsar o sector pesqueiro galego e garantir o seu futuro. #CoBNGGalizaGaña ✌️
bng.gal
Luz verde no pleno do Congreso ao Plan do BNG para impulsar o sector pesqueiro galego e garantir o seu futuro
A iniciativa do BNG aprobada apoia recorrer a sentenza sobre as artes de fondo, reducir o IVE a 0%, revisar a Política Pesqueira Común e recoñecer a Galiza como zona altamente dependente da pesca PP e...
011
BNG Congreso - Senado @bngcortes.bsky.social · 16/10/2025
#NaWeb PP e PSOE vetan a proposta do BNG para impulsar a transferencia á Galiza das competencias pendentes ▶️Néstor Rego: “PP e PSOE votan a favor da reclamación das competencias na Galiza e o contrario en Madrid”
bng.gal
PP e PSOE vetan a proposta do BNG para impulsar a transferencia á Galiza das competencias pendentes
A iniciativa do BNG procuraba, entre outras, axilizar a transferencia da AP-9 e a AP-53, tráfico, os aeroportos galegos ou as competencias en materia de meteoroloxía á Administración Galega O resultad...
011
BNG Congreso - Senado @bngcortes.bsky.social · 14/10/2025
𝗨𝗟𝗧𝗜𝗠𝗔 𝗛𝗢𝗥𝗔 | O voto en contra do PP tomba a Proposición de Lei do BNG para reducir a xornada laboral a 35 horas semanais sen redución de salario. O PP di "NON" a mellorar condicións de vida, facilitar conciliación, repartir o traballo, mellorar saúde.
042
BNG Congreso - Senado @bngcortes.bsky.social · 14/10/2025
Reunión coa delegación do Comité de Empresa de Alcoa no Congreso. Máis unha vez, trasladamos todo o apoio do BNG e comprometémonos a seguir traballando para que se escoiten as súas xustas e necesarias reivindicacións.
000
BNG Congreso - Senado @bngcortes.bsky.social · 13/10/2025
O BNG leva ao Congreso unha Proposición de Lei para reducir a xornada laboral a 35 horas semanais. ‼️O debate e votación da proposta nacionalista será esta terza feira, 14 de outubro, que buscará o apoio do resto de formacións para que sexa tomada en consideración pola cámara baixa.
031
BNG Congreso - Senado @bngcortes.bsky.social · 10/10/2025
#NaWeb BNG defenderá no pleno do Congreso impulsar o sector pesqueiro galego e garantir o seu futuro. Néstor Rego: “Débese actuar xa para defender a frota galega frente ás imposicións de Bruxelas e as ameazas da eólica”
bng.gal
BNG defenderá no pleno do Congreso impulsar o sector pesqueiro galego e garantir o seu futuro
A iniciativa do BNG reclama revisar a Política Pesqueira Común, recorrer a sentenza europea sobre artes de fondo, frear os parques eólicos mariños e reducir o IVE do peixe a 0%, entre outras cuestións...
010
BNG Congreso - Senado @bngcortes.bsky.social · 08/10/2025
#NaWeb BNG urxe o MAPA a defender o sector pesqueiro galego: mudar as políticas e defender a frota galega ante a UE. Na interpelación de Néstor Rego, o Ministro comprometeuse a recorrer a sentenza do TXUE sobre as 87 zonas vedadas e que non se amplíen.
bng.gal
BNG urxe o MAPA a defender o sector pesqueiro galego: mudar as políticas e defender a frota galega ante a UE
Na interpelación realizada polo deputado do BNG, o Ministro comprometeuse a recorrer a sentenza do TXUE sobre as 87 zonas vedadas e a defender que non se amplíen
020
BNG Congreso - Senado @bngcortes.bsky.social · 08/10/2025
#NaWeb BNG denuncia no Senado o intento do PP de recentralizar o deporte e impedir o recoñecemento das seleccións galega. Da Silva, ao PP: “É lamentábel o seu empeño por impedir que a Galiza teña presenza oficial no ámbito deportivo internacional”
bng.gal
BNG denuncia no Senado o intento do PP de recentralizar o deporte e impedir o recoñecemento das seleccións galega
Carme da Silva, ao PP: “É lamentábel o seu empeño por impedir que a Galiza teña presenza oficial no ámbito deportivo internacional” Contrapón un “BNG do lado do deporte galego, da igualdade e do lado ...
010
Reposted by BNG Congreso - Senado
BNG - Bloque Nacionalista Galego @obloque.gal · 08/10/2025
▶️ Rego, a Sánchez: “Cumprir coa Galiza é o mellor antídoto contra o PP” ▶️ “Con orzamentos ou sen eles, deben cumprir”
f.mtr.cool
Rego, a Sánchez: “Cumprir coa Galiza é o mellor antídoto contra o PP”
“Con orzamentos ou sen eles, deben cumprir”: o BNG aperta a Sánchez para executar integramente os compromisos coa Galiza recollidos no Acordo de Investidura O Presidente do executivo confirma ao BNG que “este Goberno cumprirá o acordo de investidura e cumprirá coa Galiza”
064
Reposted by BNG Congreso - Senado
BNG - Bloque Nacionalista Galego @obloque.gal · 08/10/2025
Néstor Rego: «Queremos feitos, non palabras. Queremos que se cumpra todo o acordado co BNG para a Galiza: transferencias, galego normalizado, investimentos, infraestruturas e servizos dignos para o noso país. »
061
Reposted by BNG Congreso - Senado
BNG - Bloque Nacionalista Galego @obloque.gal · 08/10/2025
Néstor Rego: «O BNG está aquí para defender os intereses dos galegos e galegas. O Goberno debe cumprir coa Galiza porque é o mellor antídoto contra o PP.»
081
BNG Congreso - Senado @bngcortes.bsky.social · 07/10/2025
O BNG, por responsabilidade, votará a favor da convalidación do embargo de armas a Israel. «Chega tarde mais é necesario. Esperamos que poida modificarse para que garanta que o embargo sexa total e romper todas as relacións co Estado xenocida de Israel.» Néstor Rego
020
BNG Congreso - Senado @bngcortes.bsky.social · 07/10/2025
#NaWeb BNG exixirá ao Goberno “cambiar as políticas e defender a frota pesqueira galega”. “A Galiza debe ser declarada país altamente dependente da pesca. É un sector chave na economía galega que xera millares de postos de traballo” defende Rego.
bng.gal
BNG exixirá ao Goberno “cambiar as políticas e defender a frota pesqueira galega”
Néstor Rego interpelará ao Ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación durante o pleno no Congreso e urxirá o executivo a paralizar a instalación da eólica mariña “A Galiza debe ser declarada país a...
020
BNG Congreso - Senado @bngcortes.bsky.social · 07/10/2025
ULTIMA HORA 🔴 | BNG consegue desbloquear a tramitación da Lei para a transferencia da AP-9 á Galiza. «Conseguimos que o PSOE se movese e que a Mesa do Congreso feche hoxe o prazo para a tramitación da Lei.» #CoBNGGalizaGaña ✌️
020
Reposted by BNG Congreso - Senado
Praza Pública @praza.gal · 07/10/2025
"O noso obxectivo é que isto, que é un compromiso do Goberno con Galicia, sexa realidade antes de que remate este ano", sostén @nestorrego.bsky.social tras o desbloqueo da lei para o traspaso da AP-9 @bngcortes.bsky.social 🔗 praza.gal/falase?de=8d...
032
BNG Congreso - Senado @bngcortes.bsky.social · 07/10/2025
Esta cuarta feira, 8 de outubro a partir das 9.00 h, durante a sesión de control ao Goberno do Estado: «Que está a facer o seu Goberno para dar cumprimento cos compromisos estabelecidos coa Galiza?» Pregunta de Néstor Rego ao Presidente do Goberno.
021
BNG Congreso - Senado @bngcortes.bsky.social · 03/10/2025
#NaWeb BNG defenderá no Congreso unha Lei para reducir a xornada laboral a 35 horas semanais. Rego, co impulso da CIG, leva a debate e votación no próximo 14 de outubro unha Proposición de Lei “ambiciosa e valente” que suporía un “avance social innegábel”
bng.gal
BNG defenderá no Congreso unha Proposición de Lei para reducir a xornada laboral a 35 horas semanais
Co impulso da CIG, o deputado do BNG leva a debate e votación no próximo 14 de outubro unha Proposición de Lei “ambiciosa e valente” que suporía un “avance social innegábel” Néstor Rego (BNG): “A xorn...
031
BNG Congreso - Senado @bngcortes.bsky.social · 29/09/2025
#NaWeb BNG demanda ao Goberno realizar a campaña de promoción de especies pesqueiras tamén en lingua galega. Rego denuncia a exclusión do galego na campaña de promoción de peixes como a quenlla, o peixe espada e o marraxo.
bng.gal
BNG demanda ao Goberno realizar a campaña de promoción de especies pesqueiras tamén en lingua galega
Néstor Rego denuncia a exclusión do galego na campaña de promoción de peixes como a quenlla, o peixe espada e o marraxo A formación nacionalista reclama que as accións pendentes incorporen comunicació...
000
BNG Congreso - Senado @bngcortes.bsky.social · 23/09/2025
#NaWeb BNG garante, por lei, que non se eliminen as paradas previstas no mapa concesional que afectan á Galiza. Néstor Rego logra que non se supriman paradas de autobús en zonas sen alternativa de transporte #CoBNGGalizaGaña
bng.gal
BNG garante, por lei, que non se eliminen as paradas previstas no mapa concesional que afectan á Galiza
“O BNG consegue que o Goberno central manteña as paradas ou que, se as asume a Xunta da Galiza, non supoña custe ningún para a Administración Galega” sinala o deputado do BNG no Congreso Néstor Rego l...
010
BNG Congreso - Senado @bngcortes.bsky.social · 22/09/2025
#NaWeb BNG reclama ao Goberno garantías reais para protexer ás vítimas de violencia machista após o fallos no sistema Cometa Carme da Silva exixe avaliación “pública e transparente” das consecuencias xudiciais destes erros e medidas de reforzo inmediatas
bng.gal
BNG reclama ao Goberno garantías reais para protexer ás vítimas de violencia machista após o fallos no sistema Cometa
O informe da Fiscalía confirma absolucións e sobresementos por erros técnicos nas pulseira telemáticas que o BNG xa advertira desde o comezo do cambio no servizo Carme da Silva exixe avaliación “públi...
000
BNG Congreso - Senado @bngcortes.bsky.social · 22/09/2025
O PP aproba unha prórroga, declarada ilegal pola CE. O PSOE mantena. Os responsábeis teñen rostro, siglas, nomes e apelidos. O Goberno debe rematar coa estafa legalizada da Autoestrada do Atlántico (AP-9).Hai que terminar con esta discriminación á Galiza. É o momento!
000
BNG Congreso - Senado @bngcortes.bsky.social · 19/09/2025
#NaWeb BNG, para garantir vivenda digna na Galiza, reclamará transferir todos os activos da SAREB e integralos no parque público de vivenda. “Frente á especulación, o BNG está para garantir o dereito á vivenda na Galiza” defende Néstor Rego.
bng.gal
BNG, para garantir vivenda digna na Galiza, reclamará transferir todos os activos da SAREB e integralos no parque público de vivenda
Rego defenderá no pleno unha iniciativa para que o Goberno transfira vivendas, solos e promocións á Galiza e facilitar o acceso á vivenda aos galegos e galegas A organización nacionalista propón mobil...
031
BNG Congreso - Senado @bngcortes.bsky.social · 18/09/2025
As forzas estatais semella que teñen algo en común: manter a discriminación que sofre a Galiza pagando a estafa legalizada que supón a peaxe da AP-9. O PP aproba unha prórroga, declarada ilegal pola CE. O PSOE mantena. Os responsábeis teñen rostro, siglas, nomes e apelidos.
000
BNG Congreso - Senado @bngcortes.bsky.social · 18/09/2025
Non hai que esquecer a hemeroteca. Se os galegos e galegas seguimos pagando a estafa legalizada que supón a peaxe da AP-9 é por decisións políticas. Os responsábeis teñen rostro, siglas, nomes e apelidos.
021
BNG Congreso - Senado @bngcortes.bsky.social · 17/09/2025
O Congreso apoia o plan do BNG para implantar as cercanías na Galiza e terminar o Corredor Atlántico. O decálogo de actuacións urxentes e necesarias impulsadas polo BNG conta co aval da cámara baixa. www.europapress.es/economia/tra... #CoBNGGalizaGaña ✌️
021
BNG Congreso - Senado @bngcortes.bsky.social · 17/09/2025
ULTIMA HORA🔴| BNG e ERC presionan o Goberno para que cumpra cos compromisos adquiridos e faga efectivo, dunha vez por todas, o embargo de armas a Israel. Solicitan a comparecencia en Pleno dos ministros Albares e Robles e exixen romper relacións co Estado xenocida de Israel.
021
BNG Congreso - Senado @bngcortes.bsky.social · 17/09/2025
O PP foi quen fixo a prórroga ilegal da AP-9 obrigando os galegos e galegas a pagar peaxes até 2048. Que non caia no esquecemento. Máis unha vez, o BNG exixe ao Goberno rematar coa estafa ilegalizada que supón as portaxes da Autoestrada do Atlántico.
021
BNG Congreso - Senado @bngcortes.bsky.social · 17/09/2025
#NaWeb Rego defende a moción do BNG para demandar ao Goberno actuacións necesarias e urxentes que precisa o transporte ferroviario na Galiza.
bng.gal
Rego defende a moción do BNG para demandar ao Goberno actuacións necesarias e urxentes que precisa o transporte ferroviario na Galiza
“O PP non trae aquí no Congreso nunca para reclamar melloras no servizo ferroviario na Galiza. Non pode dar leccións cando foron quen máis prexudicaron á Gal
010
BNG Congreso - Senado @bngcortes.bsky.social · 16/09/2025
#NaWeb PP veta a proposta do BNG de negar todo tipo de financiamento público para a instalación de Altri na Galiza. Carme da Silva: “Non se trata dun expediente administrativo, trátase de amosar a posición política e debe ser rotunda en contra de Altri”
bng.gal
PP veta a proposta do BNG de negar todo tipo de financiamento público para a instalación de Altri na Galiza
Carme da Silva: “Non se trata dun expediente administrativo, trátase de amosar a posición política e debe ser rotunda en contra de Altri” “Escoitar o clamor da sociedade galega e non conceder fondos p...
010
BNG Congreso - Senado @bngcortes.bsky.social · 12/09/2025
#NaWeb BNG defenderá no pleno do Congreso actuacións necesarias e urxentes que precisa o transporte ferroviario na Galiza. Após a interpelación de Néstor Rego a Óscar Puente, o BNG exixirá a mellora e modernización do sistema ferroviario galego.
bng.gal
BNG defenderá no pleno do Congreso actuacións necesarias e urxentes que precisa o transporte ferroviario na Galiza
Após a interpelación de Néstor Rego a Óscar Puente, o BNG procurará o apoio do resto de forzas para exixir ao Goberno do Estado actuacións para a mellora e modernización do sistema ferroviario galego ...
010
BNG Congreso - Senado @bngcortes.bsky.social · 11/09/2025
#NaWeb BNG leva ao Senado unha moción para impedir o financiamento público ao proxecto de macrocelulosa de Altri en Palas de Rei Carme da Silva critica a actuación da Xunta de Galiza do PP que está a actuar “como comercial de Altri” #ALTRInon
bng.gal
BNG leva ao Senado unha moción para impedir o financiamento público ao proxecto de macrocelulosa de Altri en Palas de Rei
Carme da Silva sinala que o proxecto “non é sustentábel, supondo un grave impacto ambiental” e critica a actuación da Xunta de Galiza do PP que está a actuar “como comercial de Altri” A moción será de...
021
BNG Congreso - Senado @bngcortes.bsky.social · 10/09/2025
#NaWeb Rego, a Puente: “É urxente que cumpran os prazos e se poña en marcha o servizo de cercanías antes de rematar a lexislatura”. Puente avanza a Rego que o estudo contempla catro zonas principais e unha complementaria.
bng.gal
Rego, a Puente: “É urxente que cumpran os prazos e se poña en marcha o servizo de cercanías antes de rematar a lexislatura”
Puente avanza a Rego que o estudo para a implantación das cercanías ferroviarias na Galiza contempla catro zonas principais e unha complementaria: área da Coruña, área de Vigo, unha área atlántica glo...
010
BNG Congreso - Senado @bngcortes.bsky.social · 05/09/2025
#NaWeb BNG exixe depurar responsabilidades ante o baleirado catastrófico da presa de Chás ao Goberno e á Confederación Hidrográfica do Douro. Carme da Silva denuncia o baleirado e o grave impacto ambiental e na loita contra os lumes.
bng.gal
BNG exixe depurar responsabilidades ante o baleirado catastrófico da presa de Chás ao Goberno e á Confederación Hidrográfica do Douro
Carme da Silva denuncia o baleirado e exixe depurar responsabilidades polo seu grave impacto ambiental e na loita contra os lumes “O BNG vai chegar até o final para que se esclareza o acontecido, se a...
010