Sign in

Beni Salgado

@benisalgado.bsky.social
158 followers 149 following 215 posts
PostsRepliesMedia
Beni Salgado @benisalgado.bsky.social · 27/08/2026
A lúa chea, esta noite pasada, ás seis da mañá, dende o faiado.
000
Beni Salgado @benisalgado.bsky.social · 03/08/2026
🤗Vexamos! "Protección"? Nada pornográfico. ☀️ Eu non son falante nativo de inglés pero a alusión do cadriño ó Nacemento de Venus co da “protección” é inocente de todo. SPF é #SunProtectionFactor: indica canto tempo podes estar ó sol sen te queimar. SPF30 deixa pasar 3% dos UVB; SPF50, 2%; SPF15, 7%.
Copilot
000
Beni Salgado @benisalgado.bsky.social · 03/08/2026
🥵 Máis sobre protección solar. Esquecín dicir que a viñeta anterior ao publicou @thenewyorker.bsky.social. Esta do Carrabouxo apareceu no @elprogresodelugo.bsky.social.
Un chiste de Xosé Lois de agosto do ano pasado: alguén presume de mercar un protector solar de SPF 30 por 25 €, e o Carrabouxo respóndelle cun malentendido cómico: “E para que un de 30 se só somos dous?”. Xoga coa confusión entre o factor de protección solar e a cantidade, os euros que pagou. O anterior de The New Yorker é deste mes.
100
Beni Salgado @benisalgado.bsky.social · 03/08/2026
Seguro? ☀️ Recorda: cando saias da auga tes que volver a poñer protector solar!
"Se saes da auga, deberas aplicalo outra vez"
110
Beni Salgado @benisalgado.bsky.social · 29/07/2026
Bragado acerta. A política lingüística da Xunta é a responsable primeira do dano ao GALEGO. E nós —ti e mais eu, eles— atrapados na indefensión aprendida, repetindo ditados que non son nosos. E sen cuestionarnos nada. Queremos o galego entre nós?
199
Beni Salgado @benisalgado.bsky.social · 26/07/2026
🌿 Coma cada 25 de xullo marchamos da Alameda á Quintana celebrando o Día da Patria Galega, o noso amor polo lugar en que nacemos, a vontade de desfrutarmos del libres e en paz. 🌻 Hoxe, en Compostela, respirábase xusto iso: o desexo dun país máis feliz, máis xusto, máis noso.
000
Beni Salgado @benisalgado.bsky.social · 12/07/2026
☀️ Hoxe, 12 de xullo, é o Día Internacional da Esperanza!
000
Beni Salgado @benisalgado.bsky.social · 07/07/2026
Fervendo, pero menos ca onte!
040
Beni Salgado @benisalgado.bsky.social · 18/06/2026
xoves feliz día
050
Beni Salgado @benisalgado.bsky.social · 16/06/2026
Vida Grito Todo y el eco dice Nada… Ahora sé que la nada lo era todo Y todo era ceniza de la nada. No queda nada de lo que fue nada (Era ilusión lo que creía todo Y, que, en definitiva era la nada.) Qué más da que la nada fuera nada Si más nada será, después de todo. Después de tanto todo para nada.
000
Beni Salgado @benisalgado.bsky.social · 12/06/2026
☀️ 🌵🪷 🌵 A sorpresa máis fermosa dos nosos cactos saudando o día!
020
Beni Salgado @benisalgado.bsky.social · 27/05/2026
Carai, xa é mércores, e ás sete e media quedei en ir coñecer a #outraBegonha. Aí en Pontevedra tedes isto, a presentación polas autoras do libro publicado en Através Editora "Begonha Caamanho, uma das nossas". Conversa con #LaraRozados e #CharoLopes.
Cartaz da A.C. A Pedreira
000
Beni Salgado @benisalgado.bsky.social · 11/05/2026
Vivimos sós. Os outros están preto,mais a vida vivímola en soidade. Ás veces albiscamos o misterio do outro, tocamos a súa verdade,mais é raro. É o amor, case sempre, o que permite eses encontros, esas fendas de luz no muro dasoidade. E, mesmo así, voltamos estar sós. Sempre. Disque de Paul Auster
Plantas vivas, cactos e uns ramallos floreados de xesta nunha xerra
060
Beni Salgado @benisalgado.bsky.social · 07/05/2026
Defendendo o ensino público, defendemos o futuro! Manifa desta tarde na Estrada. Polo visto nunca tal se acorda!
012
Beni Salgado @benisalgado.bsky.social · 06/05/2026
🖤❤️ 6 de maio. Mobilización! A comunidade educativa en loita. Loitamos por algo moi importante: pola #educación, por ratios xustas, por máis recursos e tempo real, por condicións dignas. 💛 Mañá, #7demaio. #Folga! Porque o que pasa entre os 0 e 3 anos é fundamental para toda a vida.
6 de maio
Pósteres / Cartaces / Carteis. Mobilización polo ensino público. A comunidade educativa en loita7 de maio 
Loitamos por algo moi importante!
Vístete de amarelo
121
Beni Salgado @benisalgado.bsky.social · 25/04/2026
Se es quen de te enfrontares co #Éxito e co #Fracaso e tratar eses dous impostores do mesmo xeito (…) Túa ha de ser a Terra e todo canto nela hai, ⁠e —o que é máis— serás un Home, meu fillo! Rudyard Kipling "Se"
000
Beni Salgado @benisalgado.bsky.social · 25/04/2026
If you can meet with Triumph and Disaster And treat those two impostors just the same (…) Yours is the Earth and everything that's in it, ⁠And—which is more—you'll be a Man, my son! Rudyard Kipling "If"
Merchandising da ANL (UVigo)
Libreta GAL EG0 / Caderno de notas
A universidade en galegoFacultade de Comunicación
Universidade de Vigo
120
Beni Salgado @benisalgado.bsky.social · 23/04/2026
Se che gusta a música, se bailaches #disco, se che gusta o #Pop… estreouse onte. Fomos ver #Michael ás oito. A vida ben contada dun artista por un fan! Un neno aprendendo a perseguir o éxito: "The biggest star of all time". Puro entretemento americano! Espectáculo do bo! youtu.be/3zOLzsbOleM?...
Michal Jackson entrando a cantar, a bailar e actuar. A luz cegadora dos focos!
000
Beni Salgado @benisalgado.bsky.social · 21/04/2026
Foi hoxe, a quínta e última xeira da serie #TaménEnGalego" da #UVigo. Comezou en Ourense cun seminario sobre "O dereito tm en galego". Logo PTV con "A educación tm en galego". Despois "As linguas, tm o galego". Seguiron no campus de Vigo "Os deberes, tm co galego" e, finalmente, "IA tm en galego".
Margarita Pino, Manuel Caeiro e Andrea FernándezIolanda Galanes e  Adina VladuVista da xornada sobre A IA xerativa
010
Beni Salgado @benisalgado.bsky.social · 14/04/2026
Se queres asistir inscríbete na nosa web: iax.webs.uvigo.gal
"A IA xerativa tamén en galego". 
Cartaz de Denís Carballás con textura de plastilina
021
Beni Salgado @benisalgado.bsky.social · 14/04/2026
Sobre os beneficios de coidar e protexer o #galego tamén coas leis.A Facultade de Ciencias Xurídicas e a Área de Normalización Lingüística da Universidade de vigo organizamos esta xornada sobre #dereitos e deberes lingüísticos. Inscribete na nosa web e ven connosco este venres: xorxur.webs.uvigo.es
010
Beni Salgado @benisalgado.bsky.social · 09/04/2026
Este ano no Pazo da Cultura. E. Banet sobre a soberanía alimentaria e os produtos de proximidade.
010
Beni Salgado @benisalgado.bsky.social · 09/04/2026
🍓🍒🍞🥚🧀🥘 Sobre filosofía e alimentos XLII Semana de Filosofía Pontevedra, 6-10 de abril. Comemos o que somos? aulacastelao.gal
100
Beni Salgado @benisalgado.bsky.social · 26/03/2026
As oito. É xoves! Bo día!
020
Beni Salgado @benisalgado.bsky.social · 08/03/2026
8 de marzo. A forza das mulleres que move o mundo. Día Internacional das Mulleres.
010
Beni Salgado @benisalgado.bsky.social · 28/02/2026
🗞️ AnxoAngueira sobre como o pseudónimo baixo o que MartínSarmiento escribe en 1746 o seu "Coloquio en mil duascentas coplas" foi capaz de inspirar historiadores, poetas, xornalistas, políticos e intelectuais, e dar nome a iniciativas coma a de LamasCarvajal e o primeiro semanario en galego.
020
Beni Salgado @benisalgado.bsky.social · 24/02/2026
🎶Sobre a nosa escena musical…Foi Rosalía nos seus Cantares quen primeiro convidou a cantar a unha meniña. O poema que abre o libro: Has de cantar/ que che hei de dar zonchos;/ has de cantar/ que che hei de dar moitos./…/Canta, meniña/ na beira da fonte…" Cantade!! www.instagram.com/reel/DU8tXxo...
Rosalía de Castro reinterpretada con rostro doce.
020
Beni Salgado @benisalgado.bsky.social · 21/02/2026
🤍🩵Pódense ter dúas linguas iniciais? Se a familia o quere, si. No 2003 o galego aínda era a #linguamaterna maioritaria;hoxe somos menos pero non menos decididos.O porvir das linguas non está escrito:cada neno ao que súa nai e/ou pai lle falen galego é un futuro que se abre. praza.gal/acontece/alg...
Praza pública. Día internacional da lingua materna 2025. Con datos do IGE do 2023.
041
Beni Salgado @benisalgado.bsky.social · 21/02/2026
Proxecto arquivado. #AltriNon! #Chévere estrea Ictus. O ingrediente secreto de #LucíaFreitas. Empresas galegas:2/3 carecen de persoal asalariado. #MartaEstévez: "As tres irmás". Cinema: #AnxosFazáns. 🏷️Especial Sermos Galiza: A estrela #Rosalía nunha ducia de instantáneas. 🗞️No @nosdiario.bsky.social
011
Beni Salgado @benisalgado.bsky.social · 17/02/2026
Obituario In memoriam Xesús Alonso Montero (1928-2026). Paco Rivas en @elprogresodelugo.bsky.social
000
Beni Salgado @benisalgado.bsky.social · 09/02/2026
📸 É a foto de familia dos gañadores dos #PremiosYoutubeir@s+ 2025: NuriaGrandío (Contidos), RodriMíguez (Canle), MaríaSabarís e JuanE.Vergara (Podcast), PatriOtero (Lingua), AbelAlves (Revelación), Chuten (Rede) e XurxoVarela (Público). 🌻Grazas por tecerdes con tódalas cores o noso universo dixital!
O Premio á Creación de Contidos levouno Konachadas. O xurado decidiu galardoar esta canle pola “súa calidade visual, a súa imaxinación e a súa capacidade” para converter calquera temática “nunha mensaxe reflexiva, divertida e reivindicativa apta para todos os públicos”. 
O Premio á Mellor Canle distinguiu a Rodri Míguez. O xurado considerouno merecente do galardón “polo seu labor xornalístico, a súa traxectoria e a promoción da música en galego de xeito altruísta”.
O Premio ao Mellor Pódcast recaeu en Fóra de mapa pódcast por “usar as súas voces para crear un conxunto de pezas sonoras en forma de xanela coa que achegármonos á culturas, minorías e linguas, cunha edición coidada e profesional”.
O Premio Calidade Lingüística acadouno Patri Otero por, en palabras do xurado, “utilizar e fomentar o bo uso da lingua galega, así como a súa normalización dun xeito exemplar”. 
O Premio Revelación foi para O búnker debuxos. O xurado salientou desta canle a súa capacidade de “sorprender e abraiar a través da animación orixinal e artesanal, dándolle unha nova vida e unha volta a memes de noso” 
O Premio Rede conquistouno ChutenMeme por conseguir “a través do humor” xerar “novos lazos virtuais” e facer “medrar a comunidade dixital galega”.
O Premio do Público, o único que non decidiu o xurado ao se determina4 por votación popular a través da Rede, foi para o vídeo Cada historia, unha vida. O 25N no CEIP de Tarrío, de Xurxo Varela.
010
Beni Salgado @benisalgado.bsky.social · 09/02/2026
🧭 Todo proxecto precisa quen o imaxine, quen o coordine, quen o coide e quen o faga realidade. 💯 É o equipo das organizadoras que fixeron posible a gala da 9ª edición dos premios que poñen en valor o talento creador en galego no ámbito dixital: #Youtubeiras+ 🙌 #Podcasting #TikTok #Instagram #Twitch
Parte do equipo organizador dos Premios YouTubeiras+ 2025Organizadoras dos Premios Youtubeiras +
040
Beni Salgado @benisalgado.bsky.social · 07/02/2026
💻No Teatro Jofre, ás sete, 9ª ed. da gala de #Youtubeiras+2025. Son os premios á creación de contidos #enGalego nas redes sociais. 7 categorías: Canle, Creación, Pódcast, Lingua, Revelación, Rede e Premio do Público. A gala conducirana LeilaFdez (O faiado) e CarlosVieito (Mekemeke). Música de Russ.
000
Beni Salgado @benisalgado.bsky.social · 02/02/2026
🎬Antes de Nós—Ficha técnica Dirección:ÁngelesHuerta Ano:2025 País:Galicia (#enGalego) Xénero:Drama biográfico Duración: 84m Guión:PepeCoira Produción: - ZenitTV - RetrincosAIE 🎭Reparto - XoánFórneas - CrisIglesias - NanchoNovo - XoelFernández - MiquelInsúa - SergioZearreta Moi recomendable!
010
Beni Salgado @benisalgado.bsky.social · 25/01/2026
Vin en #Filmin esta serie norueguesa: #Lykkeland! :: State of happiness :: Terra da felicidade :: El tiempo de la felicidad. :: 💎 💎 💎 💎 💎
000
Beni Salgado @benisalgado.bsky.social · 17/01/2026
🐝Plano, primeiro plano, simplemente un plan este sábado… Vendo este abellón veume á memoria o de "Piano piano!", que alguén nos dicía cando nenos. A nosa Mestra? Viña ser ser algo así como "amodiño, amodo!", "pouco a pouco", "con calma!" Quen a traería de Italia? 🎹 Veu coa música? "…e va lontano".
020
Beni Salgado @benisalgado.bsky.social · 13/01/2026
📆 Martes 13 🖌️ Este 2026 na ANL da #UVigo estreamos calendario co ilustrador vigués #PepeCarreiro! 🌐 Pódelo descargar en liña: www.uvigo.gal/universidade...
Dúas estudantes, Marga e Xela, tomando o sol. Marga vai estudar Dereito no campus de Ourense.Unha pregúntalle a outra: Cres que poderei facer os exames en galego? "Como non vas poder!? O galego é a lingua propia de Galicia. Dío o estatuto. "Serás a miña avogada", respóndelle Xela.
000
Beni Salgado @benisalgado.bsky.social · 10/01/2026
📸 Agora entendo! Aquí chegaron sen nada! Que o desfrutedes! Se me seguides, doume por regalado!
000
Beni Salgado @benisalgado.bsky.social · 01/01/2026
ANNUM NOVUM FASTUM FELICEM
010
Beni Salgado @benisalgado.bsky.social · 19/11/2025
"A Educación tamén #enGalego" 🎓📚🎒📝📐Un simposio na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte reivindica o galego en todos os niveis de ensino. Podes ver as actividades, os participantes e as súas bíos, e as súas comunicacións na web do evento. Organiza a ANL da UVigo. simp.gal.edu.webs.uvigo.es
141
Beni Salgado @benisalgado.bsky.social · 21/09/2025
21 de setembro no Norte. Que hai de novo? Nada de novo. Unha boa nova.
000
Beni Salgado @benisalgado.bsky.social · 05/08/2025
«O recordo ten a gran vantaxe de que comeza coa perda; a razón pola que dá seguranza é que non ten nada que perder.» (Søren Kierkegaard, Medo e tremor / Repetición))
020
Beni Salgado @benisalgado.bsky.social · 02/08/2025
Vexo a lúa! Vexo a lúa! Oh, mentres ti ves o sol.
000
Beni Salgado @benisalgado.bsky.social · 15/07/2025
🎶🎶 Detrais xmaseda music.youtube.com/watch?v=Iv32...
000
Beni Salgado @benisalgado.bsky.social · 11/07/2025
venres fin... de semana
010
Beni Salgado @benisalgado.bsky.social · 24/06/2025
Chegou o verán
Pontevedra dende A Caeira
030
Beni Salgado @benisalgado.bsky.social · 09/06/2025
🌊 Beyond the sea allpoetry.com/Beyond-the-Sea
010
Beni Salgado @benisalgado.bsky.social · 08/06/2025
#DíaMundialDosOcéanos
110
Beni Salgado @benisalgado.bsky.social · 24/05/2025
Ceo azul... E branco mar.
Da outra banda é o nome que me deron cando cheguei aquí
010
Beni Salgado @benisalgado.bsky.social · 16/05/2025
Solpor en Guitiriz
020