ARCUS Aquatic One Health Research Center – USC @arcus-usc.bsky.social · 30/09/2026💡 Oxalá podamos traer unha edición semellante a Santiago o ano que vén! 000
ARCUS Aquatic One Health Research Center – USC @arcus-usc.bsky.social · 30/09/2026👏 Grazas a Vanesa García Menéndez, Isidro García Meniño e Laura Tallos, e tamén a Leticia Carballeira Campa pola preparación de parte dos elementos do xogo. Mención especial para Miguel Montero Mejuto e Mireya Flórez Quintana, que tamén estiveron implicados nesta experiencia divulgativa. 100
ARCUS Aquatic One Health Research Center – USC @arcus-usc.bsky.social · 30/09/2026Nesta actividade, nenas e nenos de 3 a 14 anos puideron descubrir que son as superbacterias e por que a resistencia aos antibióticos é unha “pandemia silenciosa”: onde se agochan, como se espallan e, sobre todo, que podemos facer para previla. 100
ARCUS Aquatic One Health Research Center – USC @arcus-usc.bsky.social · 30/09/2026🌙🔬 O venres pasado, o Laboratorio de Referencia de E. coli (LREC-Seguridade Alimentaria) do ARCUS participou na Noite Galega das Persoas Investigadoras – G-Night na feira científica do Mercado Municipal de Lugo, cun obradoiro pensado para público familiar: “Superbacterias á vista!”. 100
ARCUS Aquatic One Health Research Center – USC @arcus-usc.bsky.social · 28/09/2026📌 No carrusel contamos o proxecto, que problema aborda, por que importa e que impacto pode ter en agricultura, medio ambiente e toma de decisións públicas. 000
ARCUS Aquatic One Health Research Center – USC @arcus-usc.bsky.social · 28/09/2026 proxecto está liderado por Gabriela Castro, coa participación de Isaac Rodríguez e José Benito Quintana (ChromChem, USC) e Javier Quinteiro (SISMOL), combinando química analítica ambiental, microbioloxía e edafoloxía para abordar un reto complexo con enfoque multidisciplinar. 100
ARCUS Aquatic One Health Research Center – USC @arcus-usc.bsky.social · 28/09/2026En SOILIMPACT investigamos como se comportan no solo (incluídos os seus produtos de transformación, ás veces máis persistentes e tóxicos) e como poden afectar á biodiversidade, á fertilidade e tamén á contaminación das augas. 100
ARCUS Aquatic One Health Research Center – USC @arcus-usc.bsky.social · 28/09/2026🌱🔬Os solos reciben cada vez máis microcontaminantes orgánicos —como pesticidas e PFAS (“químicos eternos”) — procedentes de distintas actividades humanas. 100
ARCUS Aquatic One Health Research Center – USC @arcus-usc.bsky.social · 24/09/2026🔗 Descarga e info do evento: firmaonline.org/xiii-firma/ 📖 Libro (PDF): firmaonline.org/xiii-firma/w... 📍 E sobre a próxima edición en solitario podemos dicirvos que se está a traballar en FIRMA 2027 e que en breve teremos novas sobre a súa sede.firmaonline.orgXIIIFirma 2025 000
ARCUS Aquatic One Health Research Center – USC @arcus-usc.bsky.social · 24/09/2026Desde ARCUS sumámonos a esta iniciativa a través da participación na súa organización de Manuel Rey e César Lodeiros, contribuíndo a fortalecer a colaboración iberoamericana en ciencias acuáticas.firmaonline.orgXIIIFirma 2025 100
ARCUS Aquatic One Health Research Center – USC @arcus-usc.bsky.social · 24/09/2026Un volume de acceso libre con 900 páxinas e 256 traballos científicos, pósteres e conferencias, que recollen avances en nutrición acuícola, cultivos (peixes, moluscos, camarón, macroalgas…), especies invasoras e sostibilidade.firmaonline.orgXIIIFirma 2025 100
ARCUS Aquatic One Health Research Center – USC @arcus-usc.bsky.social · 24/09/2026📘🌊 Anunciamos a publicación oficial do libro do XIII Foro Iberoamericano de los Recursos Marinos y la Acuicultura (FIRMA 2025), celebrado en Florianópolis (Brasil). 100
ARCUS Aquatic One Health Research Center – USC @arcus-usc.bsky.social · 15/09/2026📌 O resultado final será un protocolo aplicable ao sector, con guías prácticas para criadeiros, co foco posto nunha produción de semente suficiente e sostible de moluscos bivalvos. 000
ARCUS Aquatic One Health Research Center – USC @arcus-usc.bsky.social · 15/09/2026Entre as liñas de traballo inclúense a validación en criadeiro de indutores químicos xa identificados, a busca de compostos neuroactivos que favorezan a fixación e metamorfose, e o estudo das rutas biolóxicas implicadas mediante transcriptómica. 100
ARCUS Aquatic One Health Research Center – USC @arcus-usc.bsky.social · 15/09/2026O obxectivo do proxecto é desenvolver e validar protocolos prácticos para inducir a metamorfose en criadeiro en especies de alto interese marisqueiro, como ameixas e ostras, empregando indutores específicos e ampliando o estudo a novas especies. 100
ARCUS Aquatic One Health Research Center – USC @arcus-usc.bsky.social · 15/09/2026🌊🦪 A Consellería do Mar e a Universidade de Santiago de Compostela veñen de asinar un convenio de colaboración para a participación do grupo ACUIBIOMOL na acción de investigación OPIMETACRI, cun financiamento de 59.443 € para o período 2026–2029. 110
ARCUS Aquatic One Health Research Center – USC @arcus-usc.bsky.social · 10/09/2026🌊 Un paso máis para mellorar a saúde dos peixes, reforzar a sostibilidade e impulsar a competitividade dun sector clave para Galicia. 000
ARCUS Aquatic One Health Research Center – USC @arcus-usc.bsky.social · 10/09/2026INNODAVAC aposta por solucións máis estables e fáciles de producir, e por vías de administración menos invasivas, como o baño ou a vía oral. Ademais, incorpora ferramentas avanzadas como a bioimpresión 3D para modelos de tecido e a PCR dixital para medir con precisión a resposta inmune. 100
ARCUS Aquatic One Health Research Center – USC @arcus-usc.bsky.social · 10/09/2026O equipo, formado por Isabel Bandín, Emma González e Mafalda González, traballará no desenvolvemento de vacinas de nova xeración fronte ao betanodavirus, unha das principais ameazas para a acuicultura mariña, especialmente en etapas xuvenís e sen vacinas eficaces para o linguado. 100
ARCUS Aquatic One Health Research Center – USC @arcus-usc.bsky.social · 10/09/2026🔬🐟 A nosa investigadora Sandra Souto (Ramón y Cajal) lidera o proxecto INNODAVAC: Innovaciones en vacunas para la protección de lenguado frente a betanodavirus, financiado pola Xunta de Galicia na liña de reforzo de traxectorias emerxentes (convocatoria 2026). 110
ARCUS Aquatic One Health Research Center – USC @arcus-usc.bsky.social · 09/09/2026Esta axuda, con financiamento da Xunta de Galicia para o período 2026–2029, permitirá reforzar a actividade investigadora de ambos os grupos nos vindeiros catro anos. 🔗 Máis información na resolución publicada no DOG: www.xunta.gal/dog/Publicad...xunta.galDOG 140 del 28/7/2026 - RESOLUCIÓN de 17 de julio de 2026 por la que se conceden las ayudas de la Orden de 16 de diciembre de 2025 por la que se establecen las bases reguladoras para la concesión, en ...Disposición del Diario Oficial de Galicia 000
ARCUS Aquatic One Health Research Center – USC @arcus-usc.bsky.social · 09/09/2026Nesta resolución, os grupos GIPA e DITAPREIN acadaron financiamento e o recoñecemento como Grupo de Referencia Competitiva (GRC), a categoría máis alta da convocatoria. Cómpre salientar que DITAPREIN dá un paso moi importante ao pasar de Grupo con Potencial de Crecemento (GPC) a GRC. 100
ARCUS Aquatic One Health Research Center – USC @arcus-usc.bsky.social · 09/09/2026A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, a través da Secretaría Xeral de Universidades e GAIN, vén de resolver a convocatoria 2026 de axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do SUG. 100
ARCUS Aquatic One Health Research Center – USC @arcus-usc.bsky.social · 09/09/2026🏛️🔬 Os grupos de investigación GIPA e DITAPREIN do iARCUS, recoñecidos como Grupos de Referencia Competitiva pola Xunta de Galicia 110
ARCUS Aquatic One Health Research Center – USC @arcus-usc.bsky.social · 17/08/2026🧬 ¡Os presentamos el proyecto SECRET6! 🧬 En este proyecto, Javier junto con Alicia E. Toranzo y Bea Magariños investigan cómo las bacterias patógenas del género Vibrio usan "nanomáquinas" para “matar” a bivalvos y peces y cómo podemos proteger la acuicultura de una forma más sostenible 🦪🌊 000
ARCUS Aquatic One Health Research Center – USC @arcus-usc.bsky.social · 11/08/2026También felicitamos a Miguel Balado (CSIC-IEO) por su proyecto concedido, en el que participa nuestro compañero Manuel Lemos Ramos. 👏 ¡Enhorabuena a todas las personas implicadas! 🤝✨ Es un orgullo ver cómo se reconoce el talento de casa. 000
ARCUS Aquatic One Health Research Center – USC @arcus-usc.bsky.social · 11/08/2026🌊 Vacunas contra la fotobacteriosis: Carlos Rodríguez Osorio, con Ana Vences Lorenzo, Alba Vázquez Barca, Soraya Fraga Pampín y Pablo Vila Fajardo, desarrollará nuevas vacunas inactivadas mediante tecnologías ómicas para la acuicultura marina. 100
ARCUS Aquatic One Health Research Center – USC @arcus-usc.bsky.social · 11/08/2026🔬 SOILIMPACT: Gabriela Castro Varela, con José Benito Quintana Álvarez, Isaac Rodríguez Pereiro y Javier Quinteiro Vázquez, evaluará microcontaminantes orgánicos en suelos según la normativa europea, en una colaboración ChromChem–SISMOL. 100
ARCUS Aquatic One Health Research Center – USC @arcus-usc.bsky.social · 11/08/2026🦈 NEURODEVO: Eva María Candal Suárez, con Nicolás Vidal Vázquez y Maruxa Martínez Conchas, estudiará la evolución de la neurogénesis postnatal en la retina de tiburones. 100
ARCUS Aquatic One Health Research Center – USC @arcus-usc.bsky.social · 11/08/2026🧫 SECRET6: Javier Dubert Pérez, con Beatriz Magariños Ferro y Alicia Estévez Toranzo, investigará los sistemas de secreción tipo VI en bacterias patógenas y su impacto en la acuicultura de bivalvos. 100
ARCUS Aquatic One Health Research Center – USC @arcus-usc.bsky.social · 11/08/2026¡Estamos de enhorabuena! 🥳 La Agencia Estatal de Investigación (AEI; dependiente del Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades) ha concedido financiación a 4 nuevos proyectos de Generación de Conocimiento liderados por personal investigador del ARCUS. 100
ARCUS Aquatic One Health Research Center – USC @arcus-usc.bsky.social · 03/08/2026🔗 Lee el artículo científico completo aquí: www.nature.com/articles/s41...nature.comSpontaneous axon regeneration is preserved despite gut microbiota disruption after spinal cord injury in larval lampreys - Scientific ReportsScientific Reports - Spontaneous axon regeneration is preserved despite gut microbiota disruption after spinal cord injury in larval lampreys 000
ARCUS Aquatic One Health Research Center – USC @arcus-usc.bsky.social · 03/08/2026👏 Este trabajo ha sido posible gracias al apoyo económico de la Consellería de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional de la Xunta de Galicia, mediante el convenio de colaboración entre la Xunta, la USC y el iARCUS.🤝✨ 100
ARCUS Aquatic One Health Research Center – USC @arcus-usc.bsky.social · 03/08/2026📹 En este vídeo, nuestra investigadora Laura González Llera os cuenta de primera mano los detalles del proyecto y sus hallazgos, junto a imágenes de la lamprea en el acuario. 100
ARCUS Aquatic One Health Research Center – USC @arcus-usc.bsky.social · 03/08/2026🔬 Fruto de esta sinergia entre investigadores (Laura González Llera, Antón Barreiro, Ana Vences y Noemí Buján), se acaba de publicar su artículo científico en la revista Nature - Scientific Reports. 100
ARCUS Aquatic One Health Research Center – USC @arcus-usc.bsky.social · 03/08/2026Un gran ejemplo de ello es el proyecto #NeuroMicro, financiado en la primera convocatoria de proyectos colaborativos del iARCUS, en el que han trabajado conjuntamente los grupos GIPA y NEURODEVO. 100
ARCUS Aquatic One Health Research Center – USC @arcus-usc.bsky.social · 03/08/2026🧬 La ciencia avanza más rápido (y mejor) cuando sumamos fuerzas. ¿Os acordáis del proyecto de las lampreas? En el iARCUS creemos firmemente en la colaboración interdisciplinar entre grupos y personas para alcanzar objetivos comunes. 100
ARCUS Aquatic One Health Research Center – USC @arcus-usc.bsky.social · 25/07/2026💙🤍 Feliz Día de Galicia! Hoxe celebramos a nosa terra, a súa xente e un patrimonio natural e mariño único. Desde ARCUS traballamos en Galicia e para Galicia, xerando coñecemento e innovación para protexer o medio acuático e avanzar cara a unha saúde global máis sostible. Bo día a todas e todos. 🌊 000
ARCUS Aquatic One Health Research Center – USC @arcus-usc.bsky.social · 16/07/2026🔎 Agora, desde a dirección avaliarase que propostas son máis urxentes e cales se poden abordar cos recursos actuais. Grazas a todo o equipo iARCUS pola participación e implicación. 🙌 000
ARCUS Aquatic One Health Research Center – USC @arcus-usc.bsky.social · 16/07/2026💬 A interacción entre mesas foi excelente, ata o punto de que o debate se alongou máis aló do horario previsto (quen puido quedarse, seguiu conversando sobre como mellorar o instituto). 100
ARCUS Aquatic One Health Research Center – USC @arcus-usc.bsky.social · 16/07/2026Tras 50 minutos de brainstorming, cada mesa elaborou as súas conclusións e, despois da comida, puxéronse en común os resultados de todas as mesas. Xurdiron numerosos puntos comúns sobre as necesidades do instituto, e mesmo propostas similares para darlles resposta. 100
ARCUS Aquatic One Health Research Center – USC @arcus-usc.bsky.social · 16/07/2026O plato forte foron as mesas interactivas: 6 grupos de traballo organizados arredor de temáticas clave para o instituto Captación de Fondos Publicacións Difusión e Transferencia de Coñecemento Transferencia Tecnolóxica e Servizos Interacción e Formación Interna iARCUS Captación de Recursos Humanos 100
ARCUS Aquatic One Health Research Center – USC @arcus-usc.bsky.social · 16/07/2026📋 A xornada arrincou co informe do director, Carlos Pereira, seguido das presentacións de Loly e Berta, sobre programas de financiamento: axudas individuais de investigación en Horizonte Europa e convocatorias de RR.HH. nacionais. 100
ARCUS Aquatic One Health Research Center – USC @arcus-usc.bsky.social · 16/07/2026🎉 II Teambuilding do iARCUS O pasado 9 de xullo celebramos na Finca da Rocha (Santiago de Compostela) o II Teambuilding do iARCUS, unha xornada na que participaron 62 persoasdo instituto. 100
ARCUS Aquatic One Health Research Center – USC @arcus-usc.bsky.social · 09/07/2026📌 Vista a boa acollida, os Almorzos iARCUS terán continuidade despois do verán, coa idea de convertelos nunha cita habitual do centro. 000
ARCUS Aquatic One Health Research Center – USC @arcus-usc.bsky.social · 09/07/2026O resultado superou as expectativas. Xurdiron conversas espontáneas entre perfís que raramente comparten espazo, e máis dunha persoa saíu de alí con ideas novas (ou, polo menos, coa curiosidade de saber máis do que fai o equipo de ao lado!) 🚀 100
ARCUS Aquatic One Health Research Center – USC @arcus-usc.bsky.social · 09/07/2026ste ano quixemos cambiar iso, aínda que fose só por unha mañá. Así naceu o primeiro Almorzo iARCUS: un encontro informal, sen pantallas, arredor dun café e un almorzo, onde a única axenda era coñecerse mellor. 100
ARCUS Aquatic One Health Research Center – USC @arcus-usc.bsky.social · 09/07/2026É doado que cada grupo traballe no seu proxecto, no seu laboratorio, na súa liña... e que pasen meses sen que alguén de ciencias sociais e alguén de ciencias naturais (por exemplo) cheguen a falar do que teñen entre máns. 100
ARCUS Aquatic One Health Research Center – USC @arcus-usc.bsky.social · 09/07/2026Nun centro de investigación conviven disciplinas moi distintas baixo o mesmo teito, pero iso non sempre significa que se coñezan entre si. 100
ARCUS Aquatic One Health Research Center – USC @arcus-usc.bsky.social · 03/07/2026A sesión combinou teoría e práctica: despois de cada intervención, feedback personalizado e directo, o que a converteu nun exercicio esixente pero moi ben aproveitado por todo o equipo. 💡 Porque a ciencia que non se comunica ben, por moi boa que sexa, chega menos lonxe. 000