Sign in

Antón Escuredo

@antonescuredo.bsky.social
51 followers 83 following 106 posts

Xornalista

PostsRepliesMedia
Antón Escuredo @antonescuredo.bsky.social · 29/07/2026
Botei en falta algunha figuriña dos reis de España #Barcelona #souvenir
000
Antón Escuredo @antonescuredo.bsky.social · 26/07/2026
Xornada intensa a deste 25 de xullo desde a praza da Quintana até o Festigal. Encontro con vellas amizades e conversas nas que se recupera o tempo perdido. Compostela, sempre tan acolledora, pode presumir con razón de ser terra de acollida e resistencia.
000
Antón Escuredo @antonescuredo.bsky.social · 25/07/2026
Desde Compostela deséxovos un feliz Día da Patria e da Matria Galega! O 25 de xullo é a data que nos identifica como pobo e a que nos lembra que queda camiño por andar para a plena liberdade. #25X #Galiza #DíaDeGalicia #DíaDaPatriaGalega #DíaNacionaldeGalicia #DiaDaMatriaGalega
030
Antón Escuredo @antonescuredo.bsky.social · 24/07/2026
Hoxe remata a andaina da revista reNOVA GALIza do Foro Cívico Galego de Barcelona polas cidades galegas. Será no Espazo Nobel de Ourense ás 19:30 horas. Despois comezará a viaxe polas vilas en Ribadeo o 29 de xullo. Déixovos imaxes da presentación en Vigo e Pontevedra.
000
Antón Escuredo @antonescuredo.bsky.social · 19/07/2026
Agora mesmo estou nun bar de Compostela, para nada simpatizante de España máis onde os españois son hoxe maioría. Berran "a por ellos" e arrepíame pensar que pasará mañá se gaña "la roja". www.vilaweb.cat/noticies/per...
vilaweb.cat
Per què volem que perda Espanya aquest vespre?
Aquest vespre, quan al MetLife Stadium de Nova Jersey l’àrbitre xiule el començament del partit que tanca la Copa del Món 2026, hi haurà catalans que viurem el mateix instant de maneres irreconciliabl...
010
Antón Escuredo @antonescuredo.bsky.social · 04/07/2026
Mirade se é importante contar con seleccións oficiais na Galiza que na TVG bateron estes poucos minutos do encontro amigábel da Irmandiña con Catalunya o récord de dicir 'Galicia' nun mesmo programa na canle galega. #mundialdefútbol2026
011
Reposted by Antón Escuredo
Edicións Laiovento @laiovento.bsky.social · 27/06/2026
O xornalista @antonescuredo.bsky.social escribe no xornal @nosdiario.bsky.social sobre a proposta teatral de Afonso Becerra DO REINO (E) DOS AMORES PROSCRITOS. UNHA VIAXE Á IDADE MEDIA MÁIS COLORIDA, que publicou #Laiovento
nosdiario.gal
Afonso Becerra recolle nun libro a súa obra sobre as historias agochadas do Reino da Galiza
'Do reino (e) dos amores proscritos. Unha viaxe á Idade Media máis colorida' (Edicións Laiovento, 2026), de Afonso Becerra de Becerreá, chega ás librarías co...
011
Antón Escuredo @antonescuredo.bsky.social · 21/06/2026
Parabéns ao Compos polo ascenso. Inmellorábel tempada para o fútbol galego! #Compostela
011
Antón Escuredo @antonescuredo.bsky.social · 20/06/2026
O Celta Fortuna pasa á historia do fútbol galego!
031
Reposted by Antón Escuredo
Josema. 🎸⛰️ 🐺 🐻 🦅 🦉 🦇 🐢 🐝 🌲 🍄 @bracemillan.bsky.social · 17/06/2026
Una democracia junto a una justicia franquista de chichinabo .
15249131
Antón Escuredo @antonescuredo.bsky.social · 11/06/2026
Vou no bus urbano de Santiago e o condutor ten Ana Kiro de fondo. Que lembranzas de música de cassette e quilómetros en coche!
010
Antón Escuredo @antonescuredo.bsky.social · 07/06/2026
O de que estamos nun Estado aconfesional era unha brincadeira. Coa visita do Papa temos outro exemplo máis.
000
Antón Escuredo @antonescuredo.bsky.social · 06/06/2026
Xavier Sánchez presentou este sábado en Merlegos Celestes o se libro 'Un equipo para un país. O Celta e a galeguidade', un traballo imprescindíbel para coñecer a orixe e a evolución do equipo celeste como referente galeguista no fútbol. Se podedes facédevos cun exemplar
020
Antón Escuredo @antonescuredo.bsky.social · 31/05/2026
Este sábado presentamos o último número da revista reNOVA GALIza do Foro Cívico Galego de Barcelona no Centro Galego Camilo Valdeorras, Paco Castro, Uxío Meis máis eu falamos dos case 2 anos de traballo desta publicación que analiza e reflexiona sobre a diáspora galega.
010
Antón Escuredo @antonescuredo.bsky.social · 28/05/2026
Hoxe os medios de comunicación esquecen que o nome correcto do aeroporto da capital galega é 'Rosalia de Castro '. Non asumiron o cambio oficial.
010
Antón Escuredo @antonescuredo.bsky.social · 25/05/2026
Memoria. Comisionistas nivel premium.
000
Antón Escuredo @antonescuredo.bsky.social · 23/05/2026
O Estado español hai moito tempo que non ten remedio. Falan de Zapatero e esquecen a creación dos Gal (con mortos), a entrada nunha guerra ilegal (con mortos), o M. Rajoy, a guerra contra Catalunya e as comisións que deu Arabia Saudí a certo personaxe.
100
Antón Escuredo @antonescuredo.bsky.social · 21/05/2026
Un carril para bicicletas non é unha brincadeira. A Xunta, en Compostela, ademais de escarallar as brañas do Sar, deseñou un trazado perigoso para as crianzas: dúas curvas moi pechadas no tramo con máis pendente. Como para deixarlles gobernar a capital despois das municipais.
111
Antón Escuredo @antonescuredo.bsky.social · 18/05/2026
E o barrio celebrou a Begoña Caamaño con arte. Mural do obradoiro de pintura do Centro Sociocultural. #LetrasGalegas2026
010
Antón Escuredo @antonescuredo.bsky.social · 26/04/2026
Quen precisa unha gaita cando ten a man unha folla de carballo? A Foliada de Melide non deixa de sorprender.
083
Antón Escuredo @antonescuredo.bsky.social · 23/04/2026
O mural polas #LetrasGalegas2026 en homenaxe a #BegoñaCaamaño en Compostela vai collendo forma.
021
Antón Escuredo @antonescuredo.bsky.social · 30/03/2026
Revés para Milei: a Xustiza frea a aplicación de 82 artigos www.pagina12.com.ar/2026/03/30/r...
pagina12.com.ar
Revés para el Gobierno: la Justicia frenó la aplicación de 82 artículos de la ley de reforma laboral
El juez laboral Raúl Ojeda suspendió gran parte de la normativa promulgada en marzo. La decisión incluye los derechos a la sindicalización, la negociación colectiva y la huelga. Ojeda consideró cumpli...
000
Antón Escuredo @antonescuredo.bsky.social · 21/03/2026
E o segundo mellor discurso dos Mestre Mateo chegou con Rosa Moledo. A defensa do galego colle protagonismo nos #MestreMateo2026. A reivindicación das axudas públicas "para o cinema feito en galego". Xa sabedes por onde vai a indirecta.
050
Antón Escuredo @antonescuredo.bsky.social · 21/03/2026
Por agora, o mellor discurso dos Mestre Mateo é o do arousán Marcos Nine. Deixando as cousas claras para quen as queira entender. #MestreMateo2026
011
Antón Escuredo @antonescuredo.bsky.social · 07/03/2026
Sigo orgulloso, como xornalista, de non dar voz nun medio de comunicación á ultradereita. Agora mesmo hai quen colabora co seu aumento no voto facendo entrevistas que promocionan o odio.
000
Antón Escuredo @antonescuredo.bsky.social · 01/03/2026
Galardón ben merecido!
011
Antón Escuredo @antonescuredo.bsky.social · 01/03/2026
'Los domingos' derrota 'Sirat' nos #Goyas2026. Galiza estivo representada polo premio do cinema de animación a 'Decorado' de Alberto Vázquez.
010
Antón Escuredo @antonescuredo.bsky.social · 28/02/2026
Israel ataca Irán e comeza outra guerra máis. E a UE ollando para outro lado. Que baixiño caeron en Bruxelas.
000
Antón Escuredo @antonescuredo.bsky.social · 20/02/2026
Se falamos de prensa en galego e Entroido é imposíbel non nomear a Carlos G. Hervella, director do xornal O Sil e fotógrafo. Os seus especiais desta celebración en revista, son o mellorciño. Este ano están de 30° aniversario. (Na foto recollendo o Entroido de Maceda).
000
Antón Escuredo @antonescuredo.bsky.social · 17/02/2026
Veciñas da parroquia de Celavente, no Bolo, este ano non sacaron o Touro. Non había xente para levalo. Iso si, percorreron as casas das persoas maiores para levarlles algo do Entrudio. Polo camiño contáronme que cada vez son menos nas aldeas. Agardo que para o ano haxa Touro.
010
Antón Escuredo @antonescuredo.bsky.social · 15/02/2026
Este sábado vin como un conselleiro deste Goberno da Xunta chegaba a Laza acompañado dunha persoa que se dedicou a facerlle fotos. Falou "coas autoridades" estivo cinco minutos e marchou. Un exemplo de manual de vir para "facerse a foto". #Entroido #Laza #PP
030
Antón Escuredo @antonescuredo.bsky.social · 01/02/2026
Plataformas veciñais de todo o país denuncian desde a praza do Obradoiro de Compostela as consecuencias dos recortes orzamentarios e a privatización da Sanidade Pública en Galiza. Medo dan os exemplos que provoca a Xunta en hospitais e ambulatorios que poñen en perigo a saúde.
010
Antón Escuredo @antonescuredo.bsky.social · 01/02/2026
Aínda queda para chegar á praza do Obradoiro. As rúas de Compostela berran "Goberne quen goberne, a sanidade deféndese". Outra xornada de protesta para visibilizar a situación de recortes na sanidade pública galega que impón o PP.
010
Antón Escuredo @antonescuredo.bsky.social · 03/01/2026
A invasión de Venezuela por Estados Unidos demostra que a ambición de Donald Trump non ten límites. Se a UE non reacciona seguirá sumando obxectivos económicos, dá igual que sexa contar co máis petróleo, quedarse con Groenlandia ou facer hoteis na costa de Gaza.
020
Reposted by Antón Escuredo
Santi Vieito @santivieito.bsky.social · 28/12/2025
Vai parecer que son comercial deles ou algo así, pero é que -coma nostálxico das cutreseries de SYFY, Pluto TV sorpréndeme cada semana traendome algunha das que vira un capítulo ou nin eso. E de balde total! O millor para as sestas, garantido!!
131
Antón Escuredo @antonescuredo.bsky.social · 28/12/2025
"A música xa non é unha arte, é unha utilidade; e os músicos xa non son artistas, son creadores de contidos", así remata este domingo Daniel Méndez a súa reportaxe en prensa sobre @Spotify.
010
Antón Escuredo @antonescuredo.bsky.social · 23/12/2025
Rematamos na Galiza este luns as presentacións de reNOVA GALIza en Lugo. Obrigado pola participación a @encarnalago, Paulo Carril e Claudio Rodríguez Fer. Haberá máis en 2026 e contaremos cos máis de 70 nomes que colaboraron neste número. Preguntade por el nas librarías.
000
Antón Escuredo @antonescuredo.bsky.social · 20/12/2025
Este serán presentamos reNOVA GALIza na Coruña. Un pracer falar da diáspora galega na AC Alexandre Boveda. Grazas, de parte do Foro Cívico Galego de Barcelona, Keina Espiñeira, Xurxo Souto, Xurxo Salgado, Isidro Dubert, ...
010
Antón Escuredo @antonescuredo.bsky.social · 19/12/2025
Ofrenda floral e verbal a Castelao no Panteón dos Galegos e Galegas ilustres por parte do Foro Cívico Galego de Barcelona.
010
Antón Escuredo @antonescuredo.bsky.social · 14/12/2025
Obradoiro cheo e seguen entrando manifestantes de toda Galiza. Compostela é hoxe ás capital da protesta contra a macrocelulosa de Altri.
020
Antón Escuredo @antonescuredo.bsky.social · 07/12/2025
Cando un árbitro fai ben o seu traballo no Bernabeu pasan estas cousas. Enorme o Celta ante un Real Madrid que podía levarse ao vestiario algún goliño máis.
010
Antón Escuredo @antonescuredo.bsky.social · 20/11/2025
O Tribunal Supremo non podía escoller mellor o día para anunciar a súa decisión sobre o Fiscal Xeral. 'Todo atado e bien atado'.
000
Antón Escuredo @antonescuredo.bsky.social · 11/11/2025
Está segunda feira, após o visionado do filme 'Lola' de Antonio Caeiro e Margarita Teijeiro no Cineuropa, xurdiu no faladoiro posterior a idea da necesidade dun cinema galego que falara da nosa historia e da nosa memoria. Coincido e reclamo apoios, máis alá das 'luces'.
000
Antón Escuredo @antonescuredo.bsky.social · 07/11/2025
Así temos o noso sistema de educación. Esmagando a identidade da mocidade galega coa complicidade de certo profesorado.
120
Reposted by Antón Escuredo
Edicións Laiovento @laiovento.bsky.social · 04/11/2025
Como, que aínda non sabedes quen foi Margot Sponer? Pois tedes dúas formas de vos achegar á súa vida e á súa obra: o libro de Antón Figueroa que publicou en 2017 #Laiovento e a banda deseñada que neste ano publicaron @alba-ceide.bsky.social e Óscar Losada #MargotSponer #galego #antifascismo
063
Antón Escuredo @antonescuredo.bsky.social · 05/11/2025
A colleita de kiwis por terras do Deza superou as espectativas. O resultado está a ser moito mellor que en 2024 malia as altas temperaturas e a pouca choiva.
000
Antón Escuredo @antonescuredo.bsky.social · 02/11/2025
Outro ano máis no Día da Castaña en Os Anguieiros, lugar da parroquia de Montefurado (Quiroga), organizado pola Asociación Boca do Monte. Obradoiro de cabazas, castañas e a sempre formidábel participación do grupo de música tradicional Abertal da Rúa.
000
Reposted by Antón Escuredo
Olivas @oolivas.bsky.social · 31/10/2025
A Wikipedia é a mellor,estaba lendo sobre os estiramentos e a parte de fotos nas que veñen animalicos estarricandose é top
141
Antón Escuredo @antonescuredo.bsky.social · 31/10/2025
O Samaín gaña a partida ao Halloween en Compostela.
000