Sign in

Ana Pontón

@anaponton.gal
2.5K followers 11 following 422 posts

Nai de Icía 🗣️ Portavoz Nacional do BNG 🩵 Amor e confianza en Galiza. En Telegram ➡️ t.me/PontonBng

PostsRepliesMedia
Ana Pontón @anaponton.gal · 08/10/2026
Beiras deixa unha gran pegada en varias xeracións de galegos e galegas, entre as que me inclúo. Foi para min un referente de coraxe, compromiso e amor por Galiza. Ten un lugar para sempre no corazón e na historia do Pobo galego.  Fonda aperta a Ricardo, Daniel e a toda a familia.
29127
Ana Pontón @anaponton.gal · 07/10/2026
Fronte ao pacto antigalego PP-PSOE que mantén o decreto da vergoña, síntome máis orgullosa que nunca de seguir do lado da nosa lingua e de todas as persoas que a queren e a defenden 🩵
093
Ana Pontón @anaponton.gal · 07/10/2026
🔑 As chaves, símbolo dun dereito que che roubou un goberno do PP que, en 17 anos, dinamitou a política social de vivenda.
092
Ana Pontón @anaponton.gal · 05/10/2026
Que nos xogamos o próximo #29N? 🗳️
0112
Ana Pontón @anaponton.gal · 05/10/2026
Basta de especular coa vida da xente. A vivenda é un dereito! ✊
071
Ana Pontón @anaponton.gal · 02/10/2026
Dereito á vivenda: o BNG vota SI, o PP vota NON.
0189
Ana Pontón @anaponton.gal · 01/10/2026
Onde están as 1.800 vivendas de alugueiro social que prometeu Rueda para 2026?
061
Ana Pontón @anaponton.gal · 01/10/2026
Feijóo pide paso para solucionar o problema da vivenda, pero mira o que fixo en Galiza.
0105
Ana Pontón @anaponton.gal · 30/09/2026
Coas candidatas do BNG á alcaldía de Cabana, Laxe, Ponteceso e A Laracha. Catro mulleres e toda a ilusión para transformar 𝗕𝗲𝗿𝗴𝗮𝗻𝘁𝗶𝗻̃𝗼𝘀 e mellorar a vida da súa veciñanza.
081
Ana Pontón @anaponton.gal · 30/09/2026
O 𝙙𝙧𝙚𝙖𝙢 𝙩𝙚𝙖𝙢 para levar o modelo municipal de éxito do BNG a máis cidades galegas. Imos a por todas!
061
Ana Pontón @anaponton.gal · 29/09/2026
Rueda, 17 anos de fracaso en política social de vivenda.
0163
Ana Pontón @anaponton.gal · 28/09/2026
Cóntoche as propostas do BNG para garantir o dereito a unha vivenda digna.
043
Ana Pontón @anaponton.gal · 25/09/2026
Miles de galegxs encheron as rúas en defensa de todas as Maricarmen, porque a vida das persoas está por riba dos que especulan coa vivenda. Fronte ao PP dos áticos millonarios, o que boicotea as zonas tensionadas, imos seguir loitando polo dereito a unha vivenda digna.
0107
Ana Pontón @anaponton.gal · 24/09/2026
Se estudas na universidade pública galega, mira este vídeo.
072
Ana Pontón @anaponton.gal · 24/09/2026
PP-PSOE, o pacto do bipartidismo en contra do galego.
0113
Ana Pontón @anaponton.gal · 23/09/2026
A 𝘃𝗶𝘃𝗲𝗻𝗱𝗮 en Galiza: co que antes alugabas un piso, agora tes unha habitación con dereito a cociña.
052
Ana Pontón @anaponton.gal · 22/09/2026
Como che afecta a crise da vivenda? Léote nos comentarios 💬
031
Ana Pontón @anaponton.gal · 20/09/2026
Quero darlle as grazas ás candidaturas da comarca de Muros-Noia para as vindeiras municipais por dicirlle á xente que hai un proxecto, o do BNG, que, fronte á política do medo, tira para adiante e que está con máis ganas que nunca de transformar este País desde os concellos.
070
Ana Pontón @anaponton.gal · 17/09/2026
Mónica Valencia é a alcaldesa que 𝗕𝗮𝗿𝗯𝗮𝗱𝗮́𝘀 merece para abrir un tempo novo no concello e mellorar a vida da veciñanza. Imos a por todas nas eleccións municipais de 2027!
041
Ana Pontón @anaponton.gal · 16/09/2026
Queres saber como é unha mañá comigo?
030
Ana Pontón @anaponton.gal · 14/09/2026
O dobre boicot do PP á política pública de vivenda.
095
Ana Pontón @anaponton.gal · 12/09/2026
Hoxe analizamos no Consello Nacional a nosa folla de ruta cara ás eleccións municipais, que encaramos co obxectivo de conseguir máis alcaldías e máis concelleiros e concelleiras e para as que xa temos elixidas as persoas que encabezan as candidaturas en 94 concellos.
030
Ana Pontón @anaponton.gal · 11/09/2026
Acompáñame a unha reunión coa Comisión Executiva do Consello da Cultura Galega, na que puxemos sobre a mesa algunhas cuestións que nos preocupan especialmente, como a emerxencia lingüística ou os datos do último informe PISA.
021
Ana Pontón @anaponton.gal · 10/09/2026
Queremos unha AP-9 gratuíta e non imos parar ata conseguilo, a pesar dun PP que vota en contra de eliminar unhas peaxes que afectan a miles de galegos e galegas.
084
Ana Pontón @anaponton.gal · 09/09/2026
Mentres o PP mira cara Madrid, a prioridade do BNG é solucionar as preocupacións reais das galegas e galegos.
032
Ana Pontón @anaponton.gal · 08/09/2026
Moita sorte ao estudantado neste novo curso! Agardo que poidades vivir a universidade pública e de calidade que merecedes.
081
Ana Pontón @anaponton.gal · 07/09/2026
Mentres o goberno do PP mira para outro lado, o BNG propón máis apoio ás familias e máis recursos para o ensino público. E a ti, canto che custou a volta ao cole? 📚
082
Ana Pontón @anaponton.gal · 05/09/2026
Moita música e moi boa xente no Festival Folk de Sisalde. Encantada de pasar o día nunha contorna tan especial 🎉
061
Ana Pontón @anaponton.gal · 04/09/2026
Preséntoche a unha muller que fixo historia en Viana do Bolo!
021
Ana Pontón @anaponton.gal · 02/09/2026
Grazas a Condes de Albarei e á súa presidenta por recibirnos no Pazo Baión e permitirnos coñecer de preto o 𝘁𝗿𝗮𝗯𝗮𝗹𝗹𝗼 𝗱𝗲 𝘃𝗲𝗻𝗱𝗶𝗺𝗮. Desde o BNG, reclamamos á Xunta que garanta a recollida da uva de todos os produtores nun momento de incertezas para o sector.
052
Ana Pontón @anaponton.gal · 31/08/2026
Cada vez é máis caro vivir en Galiza e, mentres o goberno do PP non dá respostas, nós propoñemos un 𝗽𝗹𝗮𝗻 𝗱𝗲 𝗰𝗵𝗼𝗾𝘂𝗲 𝗱𝗲 𝟰𝟬𝟬 𝗺𝗶𝗹𝗹𝗼́𝗻𝘀 𝗱𝗲 𝗲𝘂𝗿𝗼𝘀 para mellorar a vida dos galegos e galegas.
072
Ana Pontón @anaponton.gal · 27/08/2026
O 𝗫𝗲𝗼𝗽𝗮𝗿𝗾𝘂𝗲 𝗖𝗮𝗯𝗼 𝗢𝗿𝘁𝗲𝗴𝗮𝗹 garda un patrimonio xeolóxico único no planeta. Por iso, pedímoslle á Xunta que invista no seu futuro e garanta un desenvolvemento sostible.
0113
Ana Pontón @anaponton.gal · 17/08/2026
Neste Día da 𝗚𝗮𝗹𝗶𝘇𝗮 𝗠𝗮́𝗿𝘁𝗶𝗿, lembramos a Alexandre Bóveda e a todas as persoas que deron a vida pola democracia e os dereitos de Galiza. Os seus valores son a semente do País que queremos construír ✊
0145
Ana Pontón @anaponton.gal · 30/07/2026
Co PP, Galiza perde. Galiza merece un financiamento xusto, e para iso, debe ter a chave dos seus cartos 🔑💶
084
Ana Pontón @anaponton.gal · 24/07/2026
Vivimos nun tempo no que nos queren convencer de que a política non serve para nada. Por iso, máis que nunca, 𝗽𝗿𝗲𝗰𝗶𝘀𝗮𝗺𝗼𝘀 𝘂𝗻𝗵𝗮 𝗺𝗼𝗰𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗼𝗿𝗴𝘂𝗹𝗹𝗼𝘀𝗮 𝗱𝗲 𝘃𝗶𝘃𝗶𝗿, 𝗰𝗿𝗲𝗮𝗿, 𝗱𝗲 𝗰𝗮𝗻𝘁𝗮𝗿, 𝗱𝗲 𝗮𝗺𝗮𝗿 𝗲 𝗱𝗲 𝘀𝗼ñ𝗮𝗿 𝗲𝗻 𝗴𝗮𝗹𝗲𝗴𝗼 🩵
064
Ana Pontón @anaponton.gal · 15/07/2026
Imos a por todas en Ames, porque temos a mellor candidata e un gran proxecto para este concello. Con humildade, pero coa máxima ambición, porque Ames merece máis!
081
Ana Pontón @anaponton.gal · 14/07/2026
Ponteareas necesita recuperar o bo camiño cun goberno do BNG e cunha alcaldesa como Cristina Fernández. Imos a por todas cun proxecto sólido e ilusionante para construír un concello con máis oportunidades, que poña a xente no centro e que aposte polos servizos públicos.
040
Ana Pontón @anaponton.gal · 11/07/2026
Celebramos en Ribadeo o legado de quen tivo que emigrar na procura dunha vida mellor, pero sen esquecer nunca as súas raíces. Viva o Ribadeo Indiano!  🎉
081
Ana Pontón @anaponton.gal · 10/07/2026
En Valga, coñecendo iniciativas que xeran emprego, poñen en valor os nosos recursos e manteñen vivo o territorio.
030
Ana Pontón @anaponton.gal · 09/07/2026
Na presentación de Lucía Santos como candidata á alcaldía de Marín. O BNG está preparado para darlle a este concello o futuro que merece, cun proxecto ambicioso que mellore a vida da veciñanza. Saímos a gañar!
050
Ana Pontón @anaponton.gal · 08/07/2026
As baixas laborais non son un cancro, señor Feijóo, é un dereito á saúde da clase traballadora e no BNG imos defendelo con unllas e dentes.
082
Ana Pontón @anaponton.gal · 08/07/2026
Rueda, o presidente do NON a Galiza.
088
Ana Pontón @anaponton.gal · 07/07/2026
Cóntoche as propostas do BNG para a universidade pública que Galiza merece.
081
Ana Pontón @anaponton.gal · 04/07/2026
Un pracer estar hoxe no Festival do Viño da Ribeira Sacra apoiando un sector que é clave na nosa economía e que contribúe a manter o rural vivo que queremos
060
Ana Pontón @anaponton.gal · 03/07/2026
Encantada de visitar a Terra de Soneira para escoitar a veciñanza de Zas e, por suposto, facer unha parada no Castelo de Vimianzo para admirar todo o traballo que hai detrás do #AsaltoAoCastelo 👏🏻
051
Ana Pontón @anaponton.gal · 02/07/2026
Non podemos permitirnos perder o talento das mulleres na ciencia, porque é clave para o avance do País.
072
Ana Pontón @anaponton.gal · 30/06/2026
As galegas e os galegos merecen un transporte público eficaz, pensado para facilitar as súas necesidades de mobilidade e mellorar a súa calidade de vida.
052
Ana Pontón @anaponton.gal · 29/06/2026
Esperanza, ilusión e confianza son os piares do proxecto de Luís Seara para Ourense. Un proxecto pensado para deixar atrás o caos e abrir unha nova etapa chea de oportunidades, estabilidade e futuro. Estou convencida de que, nas eleccións municipais, Ourense vai apostar polo cambio!
061
Ana Pontón @anaponton.gal · 28/06/2026
Hoxe conmemoramos o aniversario do plebiscito do Estatuto de 1936, no que miles de persoas dixeron ‘Si' a Galiza. Ao igual que elas, no BNG pensamos un país en grande. Por iso, propoñemos un novo status político para Galiza como nación que nos permita mellorar a vida dxs galegxs.
094
Ana Pontón @anaponton.gal · 28/06/2026
O Día do Orgullo LGTBI+ é un día para celebrar todo o conseguido, pero tamén para reivindicar o dereito e a liberdade de todas as persoas a ser quen queiran ser 🩵
071