Sign in

AGARESO

@agareso.bsky.social
156 followers 86 following 192 posts

👥Somos profesionais da comunicación traballando en proxectos de cooperación e de educación para o cambio social. 📍Galicia, España 🌐agareso.org/gl/

PostsRepliesMedia
AGARESO @agareso.bsky.social · 16/07/2026
✨ A Tribo do Milladoiro é un proxecto de comunicación participativa que busca mellorar a convivencia cidadá intercultural e a cohesión social. Deseñámolo AGARESO e o IES do Milladoiro, coa axuda de @fundlacaixa #ConvocatoriasSociales #fundaciónlacaixa 👉 www.agareso.org/gl/a-tribo-d...
agareso.org
A Tribo do Milladoiro 25 – 26 | Agareso
020
AGARESO @agareso.bsky.social · 16/07/2026
A convivencia intercultural e a cohesión social está na nosa man. Creemos xuntas un futuro mellor. Velo? 👁️ Se non o ves, cambia a mirada 👁️
110
AGARESO @agareso.bsky.social · 16/07/2026
A diversidade non é un problema. É unha realidade. É unha vantaxe. É o futuro. Velo? 👁️ Se non o ves, cambia a mirada 👁️
Retrato de Emelyn, integrante da Tribo do Milladoiro, pedindo "Que o medo nunca decida por ti". En formato vertical. Cartel da campaña 'Se cambias a mirada, verás o futuro'.Retrato de Ryuu, integrante da Tribo do Milladoiro, afirmando que "A mestura está en todas nós". En formato vertical. Cartel da campaña 'Se cambias a mirada, verás o futuro'.Retrato de Daiwanver, integrante da Tribo do Milladoiro, afirmando que "non somos iguais, pero tampouco indiferentes". En formato vertical. Cartel da campaña 'Se cambias a mirada, verás o futuro'.
110
AGARESO @agareso.bsky.social · 16/07/2026
A periferia está chea de vida, de mocidade preparada e dialogante, de diversidade e de convivencia. Velo? 👁️ Se non o ves, cambia a mirada 👁️
Retrato de Marelys Osoria, integrante da Tribo do Milladoiro, en formato vertical, asegurando que A periferia está chea de vida. Cartel da campaña 'Se cambias a mirada, verás o futuro'.Retrato de Marlin Almeris, integrante da Tribo do Milladoiro, en formato vertical, defendendo a Diversidade e a convivencia. Cartel da campaña 'Se cambias a mirada, verás o futuro'.Retrato de Marelys Osoria, integrante da Tribo do Milladoiro, en formato vertical, defendendo que a mocidade da periferia é "preparada e dialogante". Cartel da campaña 'Se cambias a mirada, verás o futuro'.Retrato de Xabier Costela, integrante da Tribo do Milladoiro, en formato vertical, asegurando que as e os adolescentes da localidade "Non somos perfectos, pero estamos unidos". Cartel da campaña 'Se cambias a mirada, verás o futuro'.
110
AGARESO @agareso.bsky.social · 16/07/2026
Fronte aos discursos que asocian barrios periféricos, inmigración e diversidade con inseguridade ou conflito, A Tribo do Milladoiro responde cunha galería de voces adolescentes sobre diversidade, convivencia, creatividade, diálogo, identidade e orgullo de pertenza. www.youtube.com/watch?v=BGUO...
youtube.com
Se cambias a mirada, verás o futuro | A Tribo do Milladoiro
YouTube video by Agareso - Comunicación para el Cambio Social
132
AGARESO @agareso.bsky.social · 15/07/2026
✨ 𝙎𝙤𝙢𝙤𝙨 𝘿𝙞𝙛𝙚𝙧𝙚𝙣𝙩𝙚𝙨 𝙎𝙤𝙢𝙤𝙨 𝙍𝙚𝙛𝙚𝙧𝙚𝙣𝙩𝙚𝙨 é un proxecto de comunicación participativa que busca mellorar a convivencia cidadá intercultural e a cohesión social en O Milladoiro. Deseñámolo entre AGARESO e o IES do Milladoiro coa axuda de #fundaciónlacaixa.
020
AGARESO @agareso.bsky.social · 15/07/2026
🎭 MÁSCARAS FÓRA é unha ficción que fala de acoso escolar desde un lugar pouco habitual: o interior do acosador. Non para xustificar, senón para entender. Escrita e rodada polo propio alumnado do IES Milladoiro www.youtube.com/watch?v=lr6B...
youtube.com
A Tribo do Milladoiro | Máscaras Fóra
YouTube video by Agareso - Comunicación para el Cambio Social
110
AGARESO @agareso.bsky.social · 15/07/2026
🌍 MILLADOIRO DIVERSO amosa unha localidade na que conviven nacionalidades, linguas e culturas. A Tribo pregunta ao profesorado, ao alumnado, á veciñanza e mesmo ao alcalde: que significa realmente esa diversidade? www.youtube.com/watch?v=Qvxr...
youtube.com
A Tribo do Milladoiro | Milladoiro Diverso
YouTube video by Agareso - Comunicación para el Cambio Social
110
AGARESO @agareso.bsky.social · 15/07/2026
🎬 MILLADOIRO PURO preséntanos os lugares favoritos da veciñanza, as visións sobre o espazo público e os cambios que prevé o Concello para os próximos anos. O Milladoiro máis auténtico, contado por quen mellor o coñece www.youtube.com/watch?v=5HEl...
youtube.com
A Tribo do Milladoiro | Milladoiro Puro
YouTube video by Agareso - Comunicación para el Cambio Social
110
AGARESO @agareso.bsky.social · 15/07/2026
🧵 🎥 Durante 6 meses, 24 mozos e mozas do Milladoiro quedaron cada luns pola tarde para aprender xornalismo cidadán: cámaras, micros, guións, entrevistas na rúa... e moitas ganas de contar o seu barrio. Queredes ver o resultado? 👇
Fotografía do proceso de gravación da Tribo do Milladoiro: un grupo de adolescentes practica con entrevistas sobre temas de actualidade nun obradoiro no IES do MilladoiroFotografía do proceso de gravación da Tribo do Milladoiro: un grupo de adolescentes entrevista veciñanza nun obradoiro no IES do Milladoiro
131
AGARESO @agareso.bsky.social · 05/02/2026
🔔🔔🔔 ÚLTIMOS DÍAS‼️ Inscríbete aquí: docs.google.com/forms/d/e/1F...
022
AGARESO @agareso.bsky.social · 28/01/2026
‼️📽️ Estrea de 'La hora robada', un audiovisual sobre como o turismo e os intereses económicos están mudando as vidas e o territorio en Gran Canaria. 🗓️ Xoves 29 ás 19:30 na Livraria Aenea (Compostela). 🗓️ Sábado 31 ás 19:00 no CS A Nubeira (Vigo). Realizado polo voluntariado e o equipo de Agareso.
052
Reposted by AGARESO
Coordinadora Galega de ONGD @coordigalegaongd.bsky.social · 07/01/2026
Tes interese no eido da comunicación e dos dereitos humanos? Queres que o teu traballo como comunicador/a sirva para impulsar a transformación social?... Bótalle un ollo a este curso! ⤵️
063
AGARESO @agareso.bsky.social · 07/01/2026
Seguiremos contándovos máis novidades a través das nosas redes. Aquí máis información sobre outras edicións do curso: www.agareso.org/gl/curso-de-... E, se queredes apuntarvos, cubride este formulario: docs.google.com/forms/d/e/1F...
000
AGARESO @agareso.bsky.social · 07/01/2026
▪️A construción histórica de odio contra o pobo xitano: @pastorifiligrana.bsky.social ▪️O sesgo racial da intelixencia artificial: @ymouled.bsky.social ▪️Drag, cultura e diversidade racial, con Gadyola ▪️A viralidade do mal: @proyectouna.mastodon.social.ap.brid.gy e moito máis...!
121
AGARESO @agareso.bsky.social · 07/01/2026
Engadimos un pouquiño de xornalismo narrativo e a gravación dun podcast!🎊 🆕▪️ Migracións no xornalismo narrativo: propostas, edición e publicación. Con Maribel Izcue, de @revista5w.bsky.social 🆕▪️ Podcast con Prendidisima, en compañía de @angelapam.bsky.social e @carloscallon.bsky.social
121
AGARESO @agareso.bsky.social · 07/01/2026
🔥🔄 Que quen é esta xentiña tan guai que traemos ao curso? Contámosvos máis neste fío 😉 Ademais, tedes un 20% de desconto se vos inscribides antes do día 10! www.agareso.org/gl/curso-de-...
120
AGARESO @agareso.bsky.social · 26/12/2025
E, se queres saber máis sobre o proxecto, contacta con nós. Tes un pequeno resumo na nosa web: www.agareso.org/gl/femweave/
agareso.org
FemWeave | Agareso
010
AGARESO @agareso.bsky.social · 26/12/2025
Pensamos que coñecer o impacto do fascismo na vida das persoas é clave para educarnos, como sociedade, na cidadanía activa e no compromiso cívico. 🤲 Se es profe de Secundaria e queres axudarnos a coñecer o voso día a día, por favor, responde esta breve enquisa: forms.gle/m7oJLjBUKCPK...
forms.gle
FEMWEAVE. ENQUISA PARA PROFESORADO
Axúdasnos a comprender como se estuda a Guerra Civil e a posterior ditadura nas aulas de Secundaria e Bacharelato? Estamos artellando unha serie de materiais didácticos e gustaríanos que puideran dar ...
110
AGARESO @agareso.bsky.social · 26/12/2025
Estes meses estivemos analizando o estado da cuestión, en Galicia e en Italia, e revisando arquivos para escoller casos de estudo que nos axuden a traballar esta temática nas aulas. Agora estamos perfilando a metodoloxía pedagóxica para traballar co alumnado.
110
AGARESO @agareso.bsky.social · 26/12/2025
Este 2025 arrincamos un novo proxecto europeo, man a man con Anppia e Histagra, da USC: 𝐅𝐄𝐌𝐖𝐄𝐀𝐕𝐄. 𝐁𝐫𝐢𝐝𝐠𝐢𝐧𝐠 𝐭𝐡𝐞 𝐝𝐢𝐯𝐢𝐝𝐞. Queremos acompañar o estudo da Historia dos reximes fascistas europeos do século XX en Secundaria, poñendo as experiencias das mulleres no centro.
112
AGARESO @agareso.bsky.social · 26/12/2025
E a vós, que vos gusta e que vos disgusta do Milladoiro? Como imaxinades o Milladoiro do futuro? Axudádesnos a construílo? 💙❤️ #SomosDiferentes #SomosReferentes #FundaciónlaCaixa #ProyectosSociales #Galicia
010
AGARESO @agareso.bsky.social · 26/12/2025
Trátase dun proxecto piloto de comunicación comunicativa que busca mellorar a convivencia cidadá intercultural e a cohesión social en O Milladoiro, convertendo a mocidade en mediadora da súa contorna comunitaria e contribuíndo así á construción dunha sociedade máis diversa e inclusiva.
130
AGARESO @agareso.bsky.social · 26/12/2025
Rematamos o ano compartindo boas noticias con vós. Somos Diferentes Somos Referentes. A Tribo do Milladoiro foi seleccionado nas #ConvocatoriasSociales2025 de #FundaciónlaCaixa e xa comezamos a traballar, man a man co alumnado do IES do Milladoiro, por unha sociedade máis xusta e solidaria 💙
131
AGARESO @agareso.bsky.social · 24/12/2025
Tes aquí toda a información, e lembra que ata o 31/12 tes un desconto do 20%. www.agareso.org/gl/curso-de-... E se xa sabes que te queres apuntar, cubre o formulario: docs.google.com/forms/d/e/1F...
020
AGARESO @agareso.bsky.social · 24/12/2025
▪️A construción histórica de odio contra o pobo xitano: @pastorifiligrana.bsky.social ▪️O sesgo racial da intelixencia artificial: @ymouled.bsky.social ▪️Drag, cultura e diversidade racial, con Gadyola ▪️A viralidade do mal: @proyectouna.mastodon.social.ap.brid.gy Queres saber como apuntarte?👇
132
AGARESO @agareso.bsky.social · 24/12/2025
🔥🔄 Hoxe apetecíanos desvelarvos unha parte do programa do curso. A outra metade gardámola para Reis 😉 Lembrade que queda unha semana para ter un 20% de desconto!
144
Reposted by AGARESO
AGARESO @agareso.bsky.social · 10/12/2025
📢📢🔥VOLVE 'COMUNICAR PARA O CAMBIO'!🔥📢📢 🔄 Un curso para aprender a combater a desinformación e as narrativas de odio, que falta fai. Ademais, este ano voltamos a Compostela! Abaixo toda a info 🧵🔽
156
AGARESO @agareso.bsky.social · 10/12/2025
🤝coa colaboración da Universidade de Vigo e o apoio da Xunta de Galicia. 📩se tes dúbidas, escribe ao mail pablo@agareso.org 🫵e se xa o tes claro e queres reservar a túa praza, cubre este formulario: docs.google.com/forms/d/e/1F...
001
AGARESO @agareso.bsky.social · 10/12/2025
📆 do 10 de febreiro ao 31 de marzo 👥 da man de profesionais especialistas nas temáticas ✈️ coa posibilidade de optar a unha saída de prácticas ao rematar a formación 💸 150€ modalidade presencial e 120€ online (20% menos antes do 31/12)
100
AGARESO @agareso.bsky.social · 10/12/2025
E de que imos falar? ⚫discurso do odio racista 🟣discurso do odio contra o colectivo LGTBIQ+ 🔵tratamento informativo das migracións 🟢divulgación medioambiental 🎥Aínda que o fío condutor do curso é a comunicación, cun pouco de conciencia social é suficiente ;) ℹ️ www.agareso.org/gl/curso-de-...
media.tenor.com
a baby making a face with the words haters gonna hate written below it
ALT: a baby making a face with the words haters gonna hate written below it
111
AGARESO @agareso.bsky.social · 10/12/2025
📢📢🔥VOLVE 'COMUNICAR PARA O CAMBIO'!🔥📢📢 🔄 Un curso para aprender a combater a desinformación e as narrativas de odio, que falta fai. Ademais, este ano voltamos a Compostela! Abaixo toda a info 🧵🔽
156
AGARESO @agareso.bsky.social · 09/12/2025
A violencia sexual en República Dominicana: cando as institucións fallan, a loita colectiva sostén @praza.gal praza.gal/mundo/a-viol...
praza.gal
A violencia sexual en República Dominicana: cando as institucións fallan, a loita colectiva sostén - Praza Pública
Violencia, impunidade e ausencia institucional marcan as vidas de miles de mulleres nun país onde o movemento feminista articula esperanza fronte ao retroceso de dereitos
000
AGARESO @agareso.bsky.social · 04/12/2025
🎬"Mocidade xitana contra o odio" non fala só de discriminación, tamén de cultura e de lingua. ⭐Abraham e Zafira achégannos ao caló e ás tradicións xitanas para rachar co descoñecemento e os prexuízos. 👀https://bit.ly/4ruSYEo
000
AGARESO @agareso.bsky.social · 03/12/2025
🗣️"No lo hagas tú porque eres gitano y no aprendes" 💥Abraham Gabarri fálanos en "Mocidade xitana contra o odio" das súas experiencias coa discriminación nos centros educativos e de como o odio fai que moitos mozos e mozas abandonen os estudos. 👀https://bit.ly/4ruSYEo
000
AGARESO @agareso.bsky.social · 02/12/2025
🗣️"Tú vas a una entrevista y lo primero que te dicen es: ¿eres gitana?" 💥Zafira Jiménez fálanos en "Mocidade xitana contra o odio" das dificultades que se ten atopado no mundo laboral por mor da discriminación. 👀https://youtu.be/w8jowf99n2E?si=p4YCsAgU7IEVlCX2
020
AGARESO @agareso.bsky.social · 26/11/2025
🔥Mañá ás 17h na Coruña!🔥 📢Presentamos "Mocidade xitana contra o odio", unha peza audiovisual que nace para achegar a realidade da mocidade xitana ás aulas de secundaria galegas. 📌Na aula 9 do Centro Ágora (A Coruña) 🗣️Coloquio coas protagonistas! ℹ️https://bit.ly/3M0RykH
000
AGARESO @agareso.bsky.social · 24/11/2025
🔥Este xoves 27 ás 17h na aula 9 do Centró Ágora, na Coruña🔥 📢Presentamos "Mocidade xitana contra o odio", un audiovisual que nace para combater os discursos xitanófobos nas aulas de secundaria galegas.  🗣️con Abraham Gabarri e Zafira Jiménez, protagonistas ℹ️https://bit.ly/3M0RykH
000
AGARESO @agareso.bsky.social · 21/11/2025
📆O próximo xoves 27 de novembro ás 17h Abraham e Zafira presentarán "Mocidade xitana contra o odio" na aula 9 do Centro Ágora (A Coruña). Convidámosvos! 📚A vídeo será de libre uso para tódalas persoas que queiran utilizala como ferramenta educativa.
000
AGARESO @agareso.bsky.social · 21/11/2025
💫Presentámosvos a Abraham e Zafira, protagonistas do noso novo proxecto audiovisual 🎬"Mocidade xitana contra o odio". 📽️Esta peza nace como ferramenta educativa para tratar de combater os discursos xitanófobos nas aulas de secundaria galegas. 🤝da man de  @gitanos-org.bsky.social
100
Reposted by AGARESO
Pablo Santiago 🇵🇸 @pablostiago.bsky.social · 11/10/2025
Dúas xornalistas de @agareso.bsky.social estivemos na República Dominicana 🇩🇴 facendo obradoiros cuns 50 xornalistas locais de varias provincias. Escoitamos como é a realidade dos seus medios e falamos de como darlle sentido de cambio de social e perspectiva de xénero a todas as pezas que facemos.💪📝
073
Reposted by AGARESO
Coordinadora Galega de ONGD @coordigalegaongd.bsky.social · 17/07/2025
✨ Porque queremos ser unha terra de dereitos, acollida, diversidade e esperanza para todas as persoas, sen importar de onde veñan. É hora de mobilizarnos fronte ao odio e á criminalización das persoas migrantes, racializadas e/ou refuxiadas 📍 Praza 8 de Marzo, Compostela 🗓 Venres 18 ⏰ 18:00 h
002
AGARESO @agareso.bsky.social · 10/07/2025
Ofrecemos a nosa proposta metodolóxica para traballar esta cuestión nas aulas, creada a partir do traballo de Pepe Cabido e Sonia F. Casal, e preguntámonos que pode facer o xornalismo para loitar contra estas narrativas interesadas. Agardamos seguir tecendo rede! www.agareso.org/gl/presentam...
agareso.org
Presentamos os resultados de Xeración Contrainfo 24-25 no Colexio de Xornalistas, acompañadas por Ana G. Liste e Marga Tojo | Agareso
000
AGARESO @agareso.bsky.social · 10/07/2025
Falamos de como os discursos da ultradreita global xeraron e alimentan a fenda ideolóxica que separa os rapaces cis heterosexuais das rapazas e do colectivo LGBTiQ+ e de como afecta esa fenda á convivencia nos centros de ensino.
110
AGARESO @agareso.bsky.social · 10/07/2025
Esta mañá presentamos os resultados da terceira edición de #XeraciónContrainfo no @xornalistas.bsky.social, acompañadas por @belamistura.bsky.social e @margatojo.bsky.social (de @xornalistasgalegas.bsky.social).
142
Reposted by AGARESO
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia @xornalistas.bsky.social · 10/07/2025
Os resultados de #XeraciónContrainfo, que constata a maior presenza de discursos machistas nos rapaces cishetero, foron presentados hoxe por Sonia Díaz de @agareso.bsky.social, @belamistura.bsky.social do CPXG e @margatojo.bsky.social de Xornalistas Galegas. www.xornalistas.gal/novas-evento...
De esquerda a dereita, Ana González Liste, Marga Tojo e Sonia Díaz, na sede do Colexio de Xornalistas
142
AGARESO @agareso.bsky.social · 08/07/2025
O grupo da viaxe de prácticas de #ComunicarParaOCambio vén de rematar a gravación dun audiovisual sobre o turismo masivo nas Illas Canarias, e foilles así de ben. 👉 www.agareso.org/gl/un-audiov...
022
Reposted by AGARESO
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia @xornalistas.bsky.social · 07/07/2025
O CPXG, @agareso.bsky.social e Xornalistas Galegas organizan un #AlmorzoOnOff este xoves ás 10:30 na sede do Colexio para dar a coñecer os resultados do proxecto #XeraciónContrainfo sobre a presenza de discursos misóxinos nos medios, nas redes e nos IES galegos. xornalistas.gal/novas-evento...
Cartaz do acto
054
AGARESO @agareso.bsky.social · 02/07/2025
📌 Compartirémolos coas persoas que vos acheguedes ao almorzo, a cita é o 10 de xullo ás 10h30, na sede do Colexio de Xornalistas, e pensamos que pode ser especialmente interesantes 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐩𝐫𝐨𝐟𝐞𝐬𝐢𝐨𝐧𝐚𝐢𝐬 𝐝𝐚 𝐜𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧, 𝐝𝐨 𝐱𝐨𝐫𝐧𝐚𝐥𝐢𝐬𝐦𝐨 𝐞 𝐝𝐚 𝐞𝐝𝐮𝐜𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧. ✨Agardámosvos!✨
000
AGARESO @agareso.bsky.social · 02/07/2025
Ao longo deste curso traballamos os estereotipos, os mandatos e os privilexios de xénero por separado, con rapaces e rapazas, e os resultados preliminares son moi esperanzadores.
100