Sign in

Aevum. Idade Media e Medievalismos

@aevum-usc.bsky.social
36 followers 83 following 334 posts

Grupo de investigación da @usc.gal 🏰 Investigación interdisciplinar sobre o mundo medieval

PostsRepliesMedia
Aevum. Idade Media e Medievalismos @aevum-usc.bsky.social · 08/10/2026
📅 Do 16 ao 18 de marzo de 2027 📍 Paraninfo da Universidade, @facultadexh.bsky.social  🔗 Envío de propostas ata o 1 de decembro de 2026 #Aevum #IdadeMedia #Medievalismos @usc.gal
010
Aevum. Idade Media e Medievalismos @aevum-usc.bsky.social · 08/10/2026
🧑‍💻 Unha nova cita para o diálogo entre distintas liñas de investigación sobre o mundo medieval e para celebrar dez anos de camiño compartido pola mocidade medievalista.
100
Aevum. Idade Media e Medievalismos @aevum-usc.bsky.social · 08/10/2026
🏺 Memorabilia alude a aquilo que merece ser lembrado e que nos permite recuperar e compartir a memoria do pasado. Nesta edición, a xarra de Leonor de Aquitania serve de fío condutor para reflexionar sobre a memoria e a transmisión de novas historias.
101
Aevum. Idade Media e Medievalismos @aevum-usc.bsky.social · 08/10/2026
📣 Actividade | X Congreso Internacional O Camiño do Medievalista Varios membros do equipo do grupo Aevum organizan e participan nunha nova edición deste congreso internacional, que chega este ano á súa décima edición baixo o título 𝑀𝑒𝑚𝑜𝑟𝑎𝑏𝑖𝑙𝑖𝑎. i.gal/mBiku
100
Aevum. Idade Media e Medievalismos @aevum-usc.bsky.social · 06/10/2026
👉 Descubre este e outros termos na páxina web de MUNARQAS: munarqas.com/2026/09/01/ponemos-en-… #Aevum #GlosarioMedieval #Exequia #IdadeMedia #Medievalismos @usc.gal
010
Aevum. Idade Media e Medievalismos @aevum-usc.bsky.social · 06/10/2026
🔎 Este termo forma parte do "Alfabeto do Poder Feminino Medieval", unha ferramenta desenvolvida polo proxecto MUNARQAS para achegarnos ao vocabulario relacionado co poder feminino na Idade Media.
100
Aevum. Idade Media e Medievalismos @aevum-usc.bsky.social · 06/10/2026
A noticia do falecemento espallábase polo reino e as honras reproducíanse en vilas e cidades con procesións, catafalcos e outras manifestacións de duelo, reforzando a relación entre a monarquía e os seus territorios.
100
Aevum. Idade Media e Medievalismos @aevum-usc.bsky.social · 06/10/2026
As exequias reunían os ritos e honras fúnebres que acompañaban a morte dunha raíña, infanta ou outra muller da familia real. Incluían o velorio, o enterramento, o loito e as cerimonias públicas, cunha dimensión espiritual, ceremonial e política.
100
Aevum. Idade Media e Medievalismos @aevum-usc.bsky.social · 06/10/2026
📖 Glosario medieval | Exequia A morte dunha raíña medieval non era un acontecemento exclusivamente privado.
111
Aevum. Idade Media e Medievalismos @aevum-usc.bsky.social · 02/10/2026
🔗 Podes ler a investigación completa na seguinte ligazon: culturagalega.gal/noticia.php?id=39… #Aevum #IdadeMedia #Medievalismos @usc.gal  @cispac.bsky.social
culturagalega.gal
O misterio da gran xoia desaparecida de Galicia
O recente roubo do Tesouro de Villena volveu poñer de manifesto a especial vulnerabilidade da ourivaría, que pode perder por completo a súa forma orixinal...
020
Aevum. Idade Media e Medievalismos @aevum-usc.bsky.social · 02/10/2026
O investigador Francisco Prado-Vilar achega novas pistas sobre a historia da peza a partir de fotografías inéditas e documentos xudiciais, seguindo un novo rastro que conduce de Santiago a Buenos Aires.
100
Aevum. Idade Media e Medievalismos @aevum-usc.bsky.social · 02/10/2026
Doada polo rei Afonso III e a raíña Ximena ao santuario xacobeo no ano 874, a cruz foi conservada durante máis dun milenio no tesouro da catedral de Santiago. Recuberta de ouro e pedras preciosas, constituía unha das grandes xoias do patrimonio histórico-artístico galego.
101
Aevum. Idade Media e Medievalismos @aevum-usc.bsky.social · 02/10/2026
📄 Publicación | O misterio da gran xoia desaparecida de Galicia Que aconteceu coa Cruz de Afonso III, roubada da catedral de Santiago na madrugada do 7 de maio de 1906❓
111
Aevum. Idade Media e Medievalismos @aevum-usc.bsky.social · 30/09/2026
🕜 19h 📍 Aula 8, @facultadexh.bsky.social   Organizan: grupo @ideahs-usc.bsky.social e proxecto PERMORIA. #Aevum #IdadeMedia #Patrimonio #Medievalismos @usc.gal
010
Aevum. Idade Media e Medievalismos @aevum-usc.bsky.social · 30/09/2026
A investigación de Francisco Prado-Vilar sobre os profetas do Pórtico da Gloria foi clave na súa recuperación e devolución ao Concello de Santiago en 2025. Desde 2020, forma parte da Comisión de Recuperación das esculturas, creada pola Xunta e o Concello.
100
Aevum. Idade Media e Medievalismos @aevum-usc.bsky.social · 30/09/2026
🏛️ Actividade | Conferencia: Patrimonio en guerra: espolio e propaganda durante o franquismo Hoxe, mércores 30 de setembro, o investigador Francisco Prado-Vilar (Aevum- @cispac.bsky.social   participará no ciclo "O impacto da Guerra Civil no ámbito das artes en Galicia".
101
Aevum. Idade Media e Medievalismos @aevum-usc.bsky.social · 28/09/2026
📅 Mércores 30 de setembro, 19h 📍 Aula 8, @facultadexh.bsky.social   Organizan: grupo @ideahs-usc.bsky.social e proxecto PERMORIA. #Aevum #IdadeMedia #Patrimonio #Medievalismos @usc.gal
010
Aevum. Idade Media e Medievalismos @aevum-usc.bsky.social · 28/09/2026
A investigación de Francisco Prado-Vilar sobre os profetas do Pórtico da Gloria foi clave na súa recuperación e devolución ao Concello de Santiago en 2025. Desde 2020, forma parte da Comisión de Recuperación das esculturas, creada pola Xunta e o Concello.
100
Aevum. Idade Media e Medievalismos @aevum-usc.bsky.social · 28/09/2026
🏛️ Actividade | Conferencia: Patrimonio en guerra: espolio e propaganda durante o franquismo O vindeiro mércores 30 de setembro, o investigador Francisco Prado-Vilar (Aevum- @cispac.bsky.social) participará no ciclo "O impacto da Guerra Civil no ámbito das artes en Galicia".
110
Aevum. Idade Media e Medievalismos @aevum-usc.bsky.social · 24/09/2026
🟣 Unha aproximación interdisciplinar para comprender como Urraca exerceu o poder e como a súa figura foi representada e transmitida ao longo dos séculos. @usc.gal  @cispac.bsky.social
010
Aevum. Idade Media e Medievalismos @aevum-usc.bsky.social · 24/09/2026
📜 No marco da efeméride do seu nacemento, o encontro convidou a (re)construír a historia de Urraca a través das súas múltiples pegadas: documentos, obxectos, crónicas, fontes árabes e reinterpretacións posteriores.
100
Aevum. Idade Media e Medievalismos @aevum-usc.bsky.social · 24/09/2026
👑 Actividade | (Re)Construyendo a Urraca Esta semana, a @facultadexh.bsky.social celebrou este Seminario Internacional, que reuniu especialistas de diferentes universidades para achegarse a Urraca I de León desde múltiples perspectivas.
111
Aevum. Idade Media e Medievalismos @aevum-usc.bsky.social · 22/09/2026
📸 Compartimos algunhas imaxes desta primeira xornada. Hoxe o seminario continúa coa Mesa 3, Discursos en torno a la reina, e cunha visita á Catedral de Santiago de Compostela e ao seu arquivo.
000
Aevum. Idade Media e Medievalismos @aevum-usc.bsky.social · 22/09/2026
A primeira xornada contou con dúas mesas nas que se abordaron cuestións como a axencia feminina e o poder, as redes de relación, a documentación, as conexións familiares e políticas ou a relación de Urraca con Cluny. A xornada pechouse coa presentación do corpus documental Urraca e CORREGAM.
100
Aevum. Idade Media e Medievalismos @aevum-usc.bsky.social · 22/09/2026
👑 (Re)Construíndo a Urraca. Fundamentos, redes y recepción desde el siglo XII al XXI Onte arrancou na @facultadexh.bsky.social este seminario internacional dedicado á figura da raíña Urraca e ás diferentes formas de estudar, interpretar e reconstruír o seu papel histórico.
111
Aevum. Idade Media e Medievalismos @aevum-usc.bsky.social · 21/09/2026
📅 21, 22 e 23 de setembro 📍 Sala de Profesorado, Facultade de Xeografía e Historia USC 🔗 Difusión en liña: munarqas.com/2026/09/18/conectate-a… @usc.gal  @cispac.bsky.social
munarqas.com
Conéctate al Seminario Internacional «(Re)Construyendo a Urraca. Fundamentos, Redes y Recepción desde el siglo XII al siglo XXI»
Como sabes, el próximo lunes 21 de septiembre arranca el Seminario Internacional «(Re)Construyendo a Urraca. Fundamentos, Redes y recepción desde el siglo XII al siglo XXI». Aunque se trata de una …
010
Aevum. Idade Media e Medievalismos @aevum-usc.bsky.social · 21/09/2026
A xornada completarase coa presentación do corpus documental Urraca e CORREGAM, nun programa que conta tamén coa participación de varios membros de Aevum. Idade Media e Medievalismos.
100
Aevum. Idade Media e Medievalismos @aevum-usc.bsky.social · 21/09/2026
Nesta primeira xornada, o programa aborda a axencia feminina, as redes de poder e os discursos construídos arredor da raíña Urraca, a partir de fontes materiais e documentais, a historiografía medieval e as fontes árabes.
100
Aevum. Idade Media e Medievalismos @aevum-usc.bsky.social · 21/09/2026
👑 Actividade | (Re)Construyendo a Urraca. Fundamentos, redes y recepción desde el siglo XII al XXI Arranca na @facultadexh.bsky.social este Seminario Internacional, que durante tres xornadas reunirá especialistas de diferentes universidades e centros de investigación arredor da figura da raíña.
110
Aevum. Idade Media e Medievalismos @aevum-usc.bsky.social · 17/09/2026
📅 21, 22 e 23 de setembro 📍 Sala de Profesorado, Facultade de Xeografía e Historia USC 📝 Inscrición: i.gal/eilfP 🔗 Máis información: i.gal/yxl1k @usc.gal  @cispac.bsky.social
i.gal
¿Nos queda algo que saber sobre la reina Urraca?
La respuesta siempre es sí. Este año se han llevado a cabo muchas y muy buenas iniciativas para reflexionar en torno a la reina y su tiempo, en torno a su legado y la imagen que conservamos de ella…
010
Aevum. Idade Media e Medievalismos @aevum-usc.bsky.social · 17/09/2026
A actividade intégrase tamén en diversos proxectos e equipos de investigación vinculados ao estudo da realeza, o patrimonio, as fontes e os medievalismos.
100
Aevum. Idade Media e Medievalismos @aevum-usc.bsky.social · 17/09/2026
👥 O encontro reunirá especialistas nacionais e internacionais e contará coa participación de varios membros do grupo: Diana Pelaz Flores, Miguel García-Fernández, Carla Trincado Rodríguez, Rosa M. Rodríguez Porto, Rocío Sánchez Ameijeiras, Cristian David López Ushakov e Guillermo Campo Yoldi.
100
Aevum. Idade Media e Medievalismos @aevum-usc.bsky.social · 17/09/2026
A vindeira semana, a @facultadexh.bsky.social  acollerá este seminario dedicado á figura da raíña Urraca, no que se abordarán as súas redes de poder, a axencia feminina, os discursos historiográficos e as diferentes formas de recepción e representación da raíña desde a Idade Media ata a actualidade.
111
Aevum. Idade Media e Medievalismos @aevum-usc.bsky.social · 17/09/2026
👑 Actividade | (Re)Construyendo a Urraca. Fundamentos, redes y recepción desde el siglo XII al XXI Comeza o curso con novas actividades académicas! 📚
100
Aevum. Idade Media e Medievalismos @aevum-usc.bsky.social · 14/09/2026
📅 21, 22 e 23 de setembro 📍 Sala de Profesorado, Facultade de Xeografía e Historia USC 📝 Inscrición: i.gal/eilfP 🔗 Máis información: i.gal/yxl1k @usc.gal  @cispac.bsky.social
i.gal
¿Nos queda algo que saber sobre la reina Urraca?
La respuesta siempre es sí. Este año se han llevado a cabo muchas y muy buenas iniciativas para reflexionar en torno a la reina y su tiempo, en torno a su legado y la imagen que conservamos de ella…
011
Aevum. Idade Media e Medievalismos @aevum-usc.bsky.social · 14/09/2026
A actividade intégrase tamén en diversos proxectos e equipos de investigación vinculados ao estudo da realeza, o patrimonio, as fontes e os medievalismos.
100
Aevum. Idade Media e Medievalismos @aevum-usc.bsky.social · 14/09/2026
👥 O encontro reunirá especialistas nacionais e internacionais e contará coa participación de varios membros do grupo: Diana Pelaz Flores, Miguel García-Fernández, Carla Trincado Rodríguez, Rosa M. Rodríguez Porto, Rocío Sánchez Ameijeiras, Cristian David López Ushakov e Guillermo Campo Yoldi.
100
Aevum. Idade Media e Medievalismos @aevum-usc.bsky.social · 14/09/2026
A vindeira semana, a @facultadexh.bsky.social  acollerá este seminario dedicado á figura da raíña Urraca, no que se abordarán as súas redes de poder, a axencia feminina, os discursos historiográficos e as diferentes formas de recepción e representación da raíña desde a Idade Media ata a actualidade.
100
Aevum. Idade Media e Medievalismos @aevum-usc.bsky.social · 14/09/2026
👑 Actividade | (Re)Construyendo a Urraca. Fundamentos, redes y recepción desde el siglo XII al XXI Comeza o curso con novas actividades académicas! 📚
152
Aevum. Idade Media e Medievalismos @aevum-usc.bsky.social · 11/09/2026
🔗 Consulta aquí: bibliotecaabiertatrea.es/producto/p… #Aevum #IdadeMedia #Publicación #Samos @usc.gal
011
Aevum. Idade Media e Medievalismos @aevum-usc.bsky.social · 11/09/2026
A obra presta atención ás relacións e intereses que se articularon arredor do mosteiro, desde os vínculos coas comunidades locais ata as relacións cos poderes políticos e eclesiásticos.
100
Aevum. Idade Media e Medievalismos @aevum-usc.bsky.social · 11/09/2026
O volume pon o foco na pegada que Samos deixou no territorio ao longo da Idade Media, seguindo a evolución das súas propiedades, espazos e relacións a través da documentación conservada no Tombo de Samos.
100
Aevum. Idade Media e Medievalismos @aevum-usc.bsky.social · 11/09/2026
📖 Nova publicación | Paisajes monásticos José Carlos Sánchez Pardo, membro de Aevum- @cispac.bsky.social, publica xunto con Luis Manuel Ibáñez Beltrán e Marcos Fernández Ferreiro o libro "Paisajes monásticos. Estrategias patrimoniales y sociales en torno a la Abadía de Samos (siglos VIII-XIII)".
100
Aevum. Idade Media e Medievalismos @aevum-usc.bsky.social · 08/09/2026
📖 "Mulleres medievais: textos e imaxes na lírica galego-portuguesa" 🔗 Consulta a obra completa aquí:
libros-xestion.usc.gal
Mulleres medievais: textos e imaxes na lírica galego-portuguesa | Edicións USC
Estas páxinas conteñen unha compilación de textos e imaxes que testemuñan a relevancia da muller no marco literario e histórico da lírica galego-portuguesa, un vizoso e variado escenario feminino que atende tanto a figuras históricas como a categorías sociais e relacións colectivas (familia...
010
Aevum. Idade Media e Medievalismos @aevum-usc.bsky.social · 08/09/2026
🟣  Este recoñecemento pon en valor a importancia de incorporar a perspectiva de xénero á investigación e á docencia universitaria, así como de seguir revisando e enriquecendo o coñecemento do pasado medieval desde novas miradas.
100
Aevum. Idade Media e Medievalismos @aevum-usc.bsky.social · 08/09/2026
A obra recupera e analiza a presenza das mulleres na lírica galego-portuguesa medieval, atendendo tanto ás figuras históricas como ás distintas categorías sociais e ás relacións familiares, sociais e amorosas.
100
Aevum. Idade Media e Medievalismos @aevum-usc.bsky.social · 08/09/2026
👥 A obra é froito dun traballo colectivo realizado xunto a investigadoras como Esther Corral Díaz, Mariña Bermúdez Castro e Yara Frateschi Vieira, entre outras.
100
Aevum. Idade Media e Medievalismos @aevum-usc.bsky.social · 08/09/2026
🏆 Recoñecemento á investigación con perspectiva de xénero Miguel García, membro do grupo AEVUM, foi recoñecido na última edición dos Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero na Docencia e na Investigación da @usc.gal polo "Mulleres medievais: textos e imaxes na lírica galego-portuguesa".
110
Reposted by Aevum. Idade Media e Medievalismos
CISPAC @cispac.bsky.social · 02/09/2026
📣 NOVA | Unha intervención arqueolóxica busca localizar en Serantes os restos de, polo menos, 197 vítimas da 📅 Os traballos deron comezo o pasado 31 de agosto e se prolongarán ata o 11 de setembro cispac.gal/posts-actual...
122
Aevum. Idade Media e Medievalismos @aevum-usc.bsky.social · 03/09/2026
🔗 Máis información sobre a investigación:
usc.gal
Tras o rastro das, como mínimo, 197 vítimas da violencia franquista enterradas no cemiterio ferrolán de Serantes | Universidade de Santiago de Compostela
Entre o luns 31 de agosto e o venres 11 de setembro desenvólvese en Serantes (Ferrol) unha cata arqueolóxica coordinada polo grupo de investigación Histagra da USC, tamén pertencente ao CISPAC, que ten como obxectivo determinar a localización e o estado dunha das fosas da violencia franquista rexistradas no cemiterio. De acordo co estudo histórico previo, realizado pola investigadora Lucía Santiago e que contou coa colaboración da Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática de Ferrol e de familiares das vítimas, entre os anos 1936 e 1942 foron enterradas en varias fosas do cemiterio de Serantes como mínimo 197 persoas, a maior parte durante os meses que seguiron o golpe de Estado. “Facemos isto porque nos seguimos facendo unha pregunta: hai 90 anos comezaron a matar xente, pero ‘por que tiveron que matalos?’ É unha pregunta histórica, democrática e de dereitos humanos”, salientou o catedrático da USC, Lourenzo Fernández Prieto na rolda de prensa ofrecida este martes 1 na que se deu conta do inicio dos traballos. “Xa sabemos e sabedes vós tamén que isto ten que ver con honrar as persoas asasinadas, e ir máis alá do que aquí vedes”, engadiu. Pola súa parte, a investigadora Lucía Santiago destacou que “nesta investigación histórica tentamos determinar cantas persoas foron inhumadas entre 1936 e 1942, que é a última data da que temos rexistro. A través da revisión bibliográfica críamos que a cifra oscilaba entre as 170 e 175 vítimas. A través do proxecto Nomes e Voces, 189, e despois deste traballo de investigación, cremos que 197 persoas”. A investigadora relatou como se está a realizar “unha análise microespacial sobre a historia do cemiterio e as sucesivas transformacións”. A idea é, dixo, tentar determinar “cantos espazos de enterramento irregulares poden seguir hoxe íntegros, cales poden estar alterados. Con esta cata e estes traballos tentamos dar unha serie de respostas a estas hipóteses”. Asemade, destacou que “o chamamento ás familias tivo moi boa resposta”. O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, tamén participou na rolda de prensa acompañado de Soledad Agra Tuñas, deputada provincial de Dereitos Civís. Formoso puxo o foco en como “a memoria democrática necesita fortalecerse”. Esta é, dixo, “unha investigación moi ampla, rigorosa, histórica que busca delimitar as fosas, escavar e recuperar os restos das vítimas”. Marco do convenio e equipo de traballo Os datos sitúan este espazo entre os lugares de Galicia que albergan un maior número de enterramentos de vítimas da violencia franquista. Os seus nomes poden ser consultados no apartado da fosa do cemiterio de Serantes da páxina web de Nomes e Voces . Os resultados do estudo arqueolóxico, coordinado por José Carlos Sánchez Pardo (grupo AEVUM da USC e CISPAC) e que desenvolve en campo Tempos Arqueólogos, determinarán as seguintes fases de traballo. No caso de seren localizados restos óseos terá lugar a análise forense, coordinada por Edgard Camarós (grupo GEPN-AAT da USC e CISPAC), que permitirá confirmar se se rexistran signos de violencia compatibles co obxecto da investigación. A intervención enmárcase no convenio asinado pola USC e a Deputación da Coruña, con financiamento procedente do Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática, que prevé a investigación histórica, arqueolóxica e forense do cemiterio de Serantes (Ferrol), así como dos de Beira (Carral) e Boisaca (Santiago de Compostela). Un equipo multidisciplinar da USC encárgase de desenvolver a investigación baixo a coordinación científica de Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Míguez Macho, membros do grupo de investigación Histagra (USC) e do CISPAC. Histagra ocúpase de desenvolver a análise histórica a través do traballo dos investigadores Xurxo Antelo e Lucía Santiago.
000