Sign in

Agrupación Cultural Alexandre Bóveda

@acalexandreboveda.bsky.social
301 followers 150 following 754 posts

Somos unha asociación cultural fundada na Coruña no ano 1976. Temos como obxectivos prioritarios a promoción e defensa da lingua e da cultura galegas. Divulgamos tamén a figura e o pensamento do ilustre nacionalista que dá nome á nosa entidade.

PostsRepliesMedia
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda @acalexandreboveda.bsky.social · 14h
Até o 15 de outubro podes ver no Forum Metropolitano a exposición Camiños do Colectivo Ollos de vidro.
001
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda @acalexandreboveda.bsky.social · 23h
#Hoxe luns ás 20 h, presentamos Las tres muertes de Teófilo del Valle, un documental que recupera a historia do mozo de Silleda,Teófilo del Valle, asasinado pola policía en Elda en 1976. Co director, Manuel de Juan Navarro, investigador e impulsor de iniciativas contra a impunidade do franquismo.
010
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda @acalexandreboveda.bsky.social · 04/10/2026
Moi bo día! Sabiades que hai hoxe 444 anos que a Igrexa Católica nos roubou 10 días? Si, o 4 de outubro de 1582 o papa Gregorio XIII decreta o calendario gregoriano na substitución do xuliano. En Polonia, España, Portugal e Italia,a noite do xoves 4 d outubro d 1582 deu paso ao venres 15 de outubro
020
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda @acalexandreboveda.bsky.social · 03/10/2026
Xoves 8 ás 19:30h, ciclo Outras historias do cinema: Satyajit Ray. Con Martin Pawley. Afastada da grandilocuencia, o exceso e o artificio, a filmografía de Ray confía na beleza do cotián para estudar os conflitos e as paixóns que aniñan na alma humana e o valor da educación e o dexeso de aprender.
010
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda @acalexandreboveda.bsky.social · 03/10/2026
O 3 de outubro de 1936 era asasinado o escritor, xornalista e político Blanco Torres. Loitador, non te deteñas! Ten cada hora novo alento, sigue a luz que te ilumiña, mira a cotío pr’ó ceo. Ôn lado e outro do camiño toparás pinchos e rebos, e da estulticia e a enveja ladraránche os cans famentos.
022
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda @acalexandreboveda.bsky.social · 02/10/2026
Temos nova expo no local (xa sabes estamos no edificio do Circo de Artesáns no 1º andar) NON CALARÁS! #Muller, #Traballo e #Rebeldía
003
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda @acalexandreboveda.bsky.social · 01/10/2026
Sábado 3, ás 12h, volven os #cafésfeministas falando de maternidades en toda a súa complexidade. Decido ser nai ou sinto a imposición? Respéctase a decisión de non maternar? Convértese a maternidade en identidade? Son respectados por igual todos os modos de crianza? É real a corresponsabilidade?
001
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda @acalexandreboveda.bsky.social · 01/10/2026
Luns 5 ás 20h, acollemos a proxección do documental Las tres muertes de Teófilo del Valle, co guionista e director, Manuel de Juan Navarro Reconstrúe os sucesos acaecidos en 1976 en Elda nos cales o mozo nado en Silleda Teófilo del Valle foi baleado pola Policía acalexandreboveda.gal/event/las-tr...
acalexandreboveda.gal
Presentación do documental «Las tres muertes de Teófilo del Valle»
Presentación do documental de Manuel de Juan Navarro sobre o asasinato de Teófilo del Valle en 1976. Unha ollada crítica á Transición, a represión policial e a loita pola memoria histórica.
000
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda @acalexandreboveda.bsky.social · 30/09/2026
En colaboración coa AV Oza Gaiteira Os Castros, inauguramos no Fórum Metropolitano a exposición fotográfica #Camiños de #OllodeVidro Participan: Lestonnac Ibáñez, Manolo Graña, Eduardo Castro, Raúl Castro e Calros Silvar. Música de Luis Peiteado, guitarra, Antonio Yáñez, baixo e Xosé Taboada, saxo.
012
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda @acalexandreboveda.bsky.social · 30/09/2026
Venres 2, ás 19.30 h, temos unha palestra de Carmen V. Valiña: Tolas ou incómodas? Saúde mental e xénero. Afondaremos na relación entre xénero e saúde mental na Galiza contemporánea e recuperaremos as voces e as historias de mulleres pechadas no manicomio de Conxo durante décadas. #PensandoOFuturo
021
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda @acalexandreboveda.bsky.social · 29/09/2026
Obrigadas!
030
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda @acalexandreboveda.bsky.social · 29/09/2026
Jenaro Marinhas del Valle. Unha vida ao servizo de Galiza Este mércores temos un acto de homenaxe a Jenaro Marinhas A dimensión humana de Marinhas sempre fiel aos compromisos cívicos e galeguistas e a súa dimensión literaria fan que poidamos considerar a súa voz como unha das máis atraentes do sXX
040
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda @acalexandreboveda.bsky.social · 24/09/2026
Dentro do ciclo “A pegada de Bertold Brecht”, este venres 25 ás 19.30 h proxectamos no #CineclubBóveda o filme “Kuhle Wampe” (Slatan Dudow, 1932). Criticada polo goberno alemán, foi logo censurada e rematou sendo prohibida... Hoxe redescubrímolo como a radical obra mestra que sempre foi.
000
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda @acalexandreboveda.bsky.social · 23/09/2026
O 23 de setembro de 1904 Curros Enríquez lerá o poema Na tumba de Rosalía no mausoleo de Santo Domingo de Bonaval. No poema Curros describe o proceso de alienación social do pobo galego: a ignorancia e menosprezo do propio, a renuncia á lingua, o mimetismo e loa do dominante imposto…
011
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda @acalexandreboveda.bsky.social · 21/09/2026
Venres 25 ás 19.30 h volve o #CineclubBóveda co filme “Kuhle Wampe” (Slatan Dudow, 1932). Unha cinta censurada e no réxime nazi prohibida, desaparecendo de circulación durante varias décadas. Hoxe redescubrímolo como a radical obra mestra que sempre foi. acalexandreboveda.gal/event/cinecl...
acalexandreboveda.gal
Cineclub Bóveda: «Kuhle Wampe»
Proxección de Kuhle Wampe (1932) de Slatan Dudow dentro do ciclo sobre a influencia de Bertold Brecht no cinema. Unha obra mestra radical e censurada.
000
Reposted by Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
Edicións Laiovento @laiovento.bsky.social · 21/09/2026
No #FarodaCultura da semana pasada Lucía Seoane escribiu sobre o libro de Antom García Rodrigues ESPAÇOS AFETIVOS DA GALIZA NA LISBOA ATUAL, publicado por #Laiovento na colección 'Vento do Sul' Lembrade que este libro preséntase hoxe na @acalexandreboveda.bsky.social da Coruña ás 20h.
022
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda @acalexandreboveda.bsky.social · 20/09/2026
Presentación de “Espaços afetivos da Galiza na Lisboa atual” de Antom Garcia Rodrigues editado por @laiovento.bsky.social esta segunda feira. A obra aborda a presenza galega na capital portuguesa desde unha perspectiva cultural, social e afectiva. Acompañan ao autor Xurxo Souto e Diego Rivadulla.
010
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda @acalexandreboveda.bsky.social · 19/09/2026
Os nosos parabéns a Noite Bohemia polo Premio Nacional de Teatro Grecolatino que volven gañar consolidándose como un referente europeo de teatro clásico. Na AC Alexandre Bóveda tivemos a sorte de gozar durante o Roteiro da Memoria dun anticipo da peza galardoada. #Antígona. Memoria e Mitoloxía.
000
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda @acalexandreboveda.bsky.social · 17/09/2026
O martes 22 ás 18 horas no Kiosko Alfonso realizaremos unha visita guiada polas exposicións de Viñetas desde o Atlántico centradas na memoria histórica e na loita feminista europea. Realiza a visita Manel Cráneo, debuxante e director do festival. acalexandreboveda.gal/event/vineta...
acalexandreboveda.gal
Visita guiada á exposición «Viñetas con memoria social»
Visita guiada ás exposicións de Viñetas desde o Atlántico no Kiosko Alfonso. Percorrido sobre memoria histórica e loita feminista guiado por Manel Cráneo.
010
Reposted by Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
Edicións Laiovento @laiovento.bsky.social · 17/09/2026
Na segunda-feira, 21 de setembro, Antom Garcia Rodrigues vai apresentar o seu livro ESPAÇOS AFETIVOS DA GALIZA NA LISBOA ATUAL, publicado por #Laiovento na coleção 'Vento do Sul', na @acalexandreboveda.bsky.social da Corunha, às 20h. Aqui está a ligação para o evento, onde também podem inscrever-se
acalexandreboveda.gal
Presentación de «Espazos afetivos da Galiza na Lisboa actual»
Presentación do libro "Espazos afetivos da Galiza na Lisboa actual" de Antom Garcia Rodrigues. Unha análise sobre a histórica pegada galega na capital portuguesa.
021
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda @acalexandreboveda.bsky.social · 17/09/2026
Estamos a organizar unha FESTA o domingo 20 en colaboración coa AV de Monte Alto pararecuperar as Merendiñas de Santo Amaro que lembran a tradición dun barrio que se xuntaba para facer comunidade. Ás 13h vermú e as gaitas de Cántigas da Terra no Parque do Memorial ás vítimas do Franquismo.
021
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda @acalexandreboveda.bsky.social · 16/09/2026
Este xoves falarannos da arquitectura da mikve sefardí da Coruña: unha aproximación desde a arqueoloxía virtual, Luís Antonio Hernández Ibáñez, investigador do CITEEC (Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil), e Marco Antonio Rivas Nodar, arqueólogo municipal da Coruña.
002
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda @acalexandreboveda.bsky.social · 15/09/2026
Este mércores 16, ás 19:30 h, acollemos a palestra "Da aldea ao transatlántico: A viaxe silenciosa da emigración galega (1880-1930)", unha oportunidade para coñecer a historia máis humana e menos coñecida do noso éxodo. Impartida por Jorge Castro Ruso
012
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda @acalexandreboveda.bsky.social · 14/09/2026
Hoxe luns 14 ás 20h acollemos a presentación da biografía ilustrada «Begoña Caamaño» editada por Edicións Embora Coa presenza da súa ilustradora, Nerea Gómez, e dos coautores dos textos, Icía Varela e Xosé Manuel Varela, e estarán acompañados pola escritora Emma Pedreira. Estades convidadas!
000
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda @acalexandreboveda.bsky.social · 13/09/2026
Este luns 14 ás 20h acollemos a presentación da biografía ilustrada «Begoña Caamaño». O volume achega a traxectoria e o legado da escritora e xornalista homenaxeada nas Letras Galegas 2026 #BegoñaCaamaño www.lavozdegalicia.es/noticia/coru...
lavozdegalicia.es
Edicións Embora presenta este luns na Coruña a biografía ilustrada de Begoña Caamaño
O volume achega ao público infantil e xuvenil a traxectoria e o legado da escritora e xornalista homenaxeada nas Letras Galegas 2026
000
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda @acalexandreboveda.bsky.social · 11/09/2026
Este sábado participamos no #RoteiroDaMemoria. Saímos ás 12h do Kiosko Alfonso.
000
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda @acalexandreboveda.bsky.social · 11/09/2026
Afrontar o final da vida con autonomía e dignidade é un dereito fundamental. Hoxe venres organizamos un acto informativo conxuntamente coa asociación Dereito a Morrer Dignamente (DMD Galicia). Coas médicas Isabel Blanco (presidenta de DMD Galicia) e Carmen Fernández Casabella.
011
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda @acalexandreboveda.bsky.social · 10/09/2026
Este xoves mergullámonos na fascinante obra de Werner Herzog da man de Martin Pawley. O recente Premio Donostia do Festival de San Sebastián e o León de Ouro honorífico en Venecia é a escusa perfecta para achegarnos a unha traxectoria dun xenio que medrou nunha casa na montaña con moita precariedade
001
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda @acalexandreboveda.bsky.social · 09/09/2026
A CRMH da Coruña presenta recurso ao contido da declaración do Pazo de Meirás como Lugar de Memoria: as vítimas do franquismo deberían ser o eixo central da declaración do Pazo de Meirás como Lugar de Memoria e hai que lembrar o papel do asociacionismo memorialista como promotores da iniciativa.
111
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda @acalexandreboveda.bsky.social · 06/09/2026
Este venres 11 de setembro, ás 19.30 h, acollemos un acto informativo coa asociación Dereito a Morrer Dignamente (DMD Galicia): O testamento vital, ou Documento de Instrucións Previas. Coas médicas Isabel Blanco (presidenta de DMD) e Carmen Fernández Casabella e o secretario de DMD Antón Ferreiro.
acalexandreboveda.gal
Documento de instrucións previas ou testamento vital
Acto informativo con DMD Galicia sobre o testamento vital e os dereitos sanitarios ao final da vida, coa participación de Isabel Blanco e Carmen Fernández.
044
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda @acalexandreboveda.bsky.social · 05/09/2026
Volven #Outrashistoriasdocinema Xoves 10 ás 19:30 Martin Pawley achegaranos á figura de #WernerHerzog. O Festival de San Sebastián concédelle este ano o Premio Donostia ao cineasta alemán Werner Herzog, un recoñemento que se suma ao León de Ouro honorífico que obtivera na Mostra de Venecia.
acalexandreboveda.gal
Outras historias do cinema: Werner Herzog
Outras historias do cinema: Werner Herzog. O crítico e programador cinematográfico Martin Pawley repasa a traxectoria do cineasta alemán e a súa obra.
000
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda @acalexandreboveda.bsky.social · 04/09/2026
VOLVE A ACTIVIDADE! Mércores, ás 19:30h: A epopea das emigrantes galegas en Cuba Con Arantxa Fernández Crespo, presidenta da Cátedra de Cultura Galega Xosé Neira Vilas da Universidade da Habana, que abordará a masiva emigración de mulleres galegas a Cuba e o nacemento en 1917 de Hijas de Galicia.
022
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda @acalexandreboveda.bsky.social · 02/09/2026
Murguía dixo del: "fue el primeiro y el mejor" O 2 /9/1822 nace Antolín Faraldo, xornalista e un dos 1ºs pensadores do que logo foi o nacionalismo. Funda e dirixe El Porvenir, cabeceira rezaba Todo para Galicia. Os seus ideais levarano a ser un dos principais impulsores da Revolución de 1846.
042
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda @acalexandreboveda.bsky.social · 01/09/2026
Sabías que o Centro Galego da Habana rexeitaba como socias ás mulleres? A súa escola, Concepción Arenal, ofrecía estudos gratis para os fillos dos asociados do centro, mentres as súas fillas debían pagar 6 pesos ao ano. Oíches falar de #HijasDeGalicia ? Comezamos o 9 de setembro con este tema.
0103
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda @acalexandreboveda.bsky.social · 30/08/2026
Camiñan ao meu rente moitos homes. Non os coñezo. Sonme estranos Pero ti, que te alcontras alá lonxe, ... Si é túa a miña noite, si choran os meus ollos o teu pranto si os nosos berros son igoales, coma un irmau che falo 30/8/1979 morre Celso Emilio Ferreiro máximo expoñente da poesía social galega
1102
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda @acalexandreboveda.bsky.social · 27/08/2026
O 27 de agosto de 1677 finaba en Santiago de Compostela o escultor Mateo de Prado, nado en Cumbraos (Sobrado) cara a 1614. Foi unha das meirandes figuras da escultura barroca galega, autor do coro do mosteiro de San Martiño Pinario, en Compostela entre outras moitas obras.
000
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda @acalexandreboveda.bsky.social · 26/08/2026
“Al mismo tiempo que cuelgan a Cristo en las paredes de las escuelas, aparecen por los montes, las carreteras y las playas, los cadáveres de los maestros” Os días 14, 16, 21 e 26 d agosto de 1938 aparece publicado en La Vanguardia de Barcelona un texto da artista #MaruxaMallo sobre a represión en Gz
01816
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda @acalexandreboveda.bsky.social · 25/08/2026
#NósConSuso De Correa Corredoira
021
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda @acalexandreboveda.bsky.social · 24/08/2026
A liberdade de Palestina é a causa da humanidade. A defensa da liberdade de expresión tamén. #NósConSuso www.nosdiario.gal/articulo/soc...
nosdiario.gal
A Audiencia de Madrid investiga Suso de Toro por "antisemitismo" e o escritor retruca: "É por denunciar o xenocidio israelí"
O lobby pro israelí ACOM, que presentou a denuncia contra o escritor por un presunto caso de "antisemitismo", afirma que a Audiencia Provincial reabriu a cau...
062
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda @acalexandreboveda.bsky.social · 24/08/2026
#Bicentenario O 24 de agosto de 1826 nace Marcial del Adalid, recoñecido compositor e pianista e o 1º compositor galego importante de música profana culta. Foi o iniciador dun novo xénero: a melodía galega. Autor de "Cantares viejos y nuevos de Galicia", a primeira recompilación musical galega.
011
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda @acalexandreboveda.bsky.social · 22/08/2026
Hai 30 anos inaugurabamos na parroquia de Nós en Oleiros un monolito en recoñecemento dos asasinados no 1936. Este domingo 23 de agosto ás 12h, en colaboración co BNG, faremos un acto de lembranza e homenaxe. Con Laura Rei, Iria Taibo, Sol Agra e a música de Miro Casabella.
031
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda @acalexandreboveda.bsky.social · 17/08/2026
A nosa presidenta Carmela Galego lembrando a data de hoxe #DíaDaGalizaMártir en Radio Coruña Cadena Ser. Vémonos ás 19h diante do monumento a #AlexandreBóveda en Catro Camiños. Coa música de #Ses e coa deputada da área de Igualdade e Dereitos Civís, Sol Agra. cadenaser.com/galicia/2026...
cadenaser.com
Día da Galiza Mártir: 90 anos do fusilamento de Alexandre Bóveda
A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda conmemora este 17 de agosto o 90 aniversario do seu fusilamento cun acto en Catro Camiños, no ano no que a entidade celebra tamén medio século de historia | Cade...
010
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda @acalexandreboveda.bsky.social · 17/08/2026
"A miña patria natural é Galiza. Ámoa fervorosamente, xamais a traizoaría, inda que me concedesen séculos de vida. Adóroa ata máis alá da miña morte. Se entende o Tribunal que por este amor entrañable, debe serme aplicada a pena de morte, recibireina como un sacrificio máis por ela #AlexandreBóveda
1119
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda @acalexandreboveda.bsky.social · 15/08/2026
Castelao dedicáballe a estampa nº 6 do álbum Galiza Mártir a Alexandre Bóveda: A derradeira lección do mestre. No ano 1942 e a Irmandade Galega de Arxentina, presidida por Castelao, decide instituír coincidindo co aniversario do asasinato de Alexandre Bóveda o #DíadaGalizaMártir Este luns ás 19h
0103
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda @acalexandreboveda.bsky.social · 13/08/2026
O 13 de agosto de 1882 estréase na Coruña A Fonte do Xuramento de Francisco Mª de la Iglesia, a que se consideraba até hai pouco a primeira obra representada en galego da época moderna. Con ela iníciase o camiño do teatro galego culto. #ACoruñaLiteraria
001
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda @acalexandreboveda.bsky.social · 09/08/2026
Sabedes que este ano conmemoramos o 50 aniversario. É por iso que o luns 17 d agosto ás 19h diante do monumento a #AlexandreBóveda en Catro Camiños conmemoramos o #DíaDaGalizaMártir e festexaremos o noso 50 aniversario. Con Sol Agra, deputada de Igualdade e Dereitos Civís e actuación musical de Sés
051
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda @acalexandreboveda.bsky.social · 09/08/2026
Hai hoxe 102 anos inaugurábase a primeira das tres bibliotecas que houbo nos Xardíns de Méndez Núñez. Tres bibliotecas e unha cuarta que nunca se chegou a inaugurar e que levaría o nome de #RosaliaDeCastro 9/8/1924 inaugúrase a 1ª biblioteca que levaría o nome de Concepción Arenal #ACoruñaLiteraria
100
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda @acalexandreboveda.bsky.social · 08/08/2026
Lembra a cita de hoxe. Diarios de Syra Alonso, unha historia de verdugos e de vítimas onde recolle a forza e a valentía de moitas mulleres para enfrontarse ao fascismo, o que lle fai dicir “O que máis glorifica a Galiza é o valor das súas mulleres.” Para saber +: acorunhadasmulleres.gal/syra-alonso/
031
Reposted by Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
Praza Pública @praza.gal · 05/08/2026
📚 Poetas, artistas e investigadoras reúnense arredor da figura de Syra Alonso este sábado na feira do libro da Coruña con motivo da publicación das 'Memorias' completas da autora. Organizan @alvarellos.bsky.social, a Asociación Pola Recuperación da Memoria Histórica e @acalexandreboveda.bsky.social
praza.gal
Fálase de Poetas, artistas... - Praza Pública
Poetas, artistas e investigadoras reúnense arredor da figura d...
087
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda @acalexandreboveda.bsky.social · 06/08/2026
Unha Rosalía camiñando pola Mariña? Na Coruña pasou etapas cruciais da súa vida e onde se escribiron algunhas das súas páxinas máis inmortais. Queres saber que recunchos gardan a memoria da nosa poeta máis universal? Tes o roteiro a un clic: acorunhaliteraria.gal/roteiro-rosa... #ACorüñaLiteraria
acorunhaliteraria.gal
Roteiro Rosalía de Castro - A Coruña Literaria
Son moitas as pegadas que existen na cidade para podermos homenaxear a Rosalía de Castro. Aquí viviu durante catro anos, desde 1871 a 1875.
042