
#CIFaoDía (1/2) O Campus Industrial de Ferrol acolleu a defensa da tese de Ignacio Picatoste, titulada “Fiscalidade, informalidade laboral e sustentabilidade social do traballo. Unha aproximación xurídico-económica desde o sector marítimo” e dirixida pola profesora Asunción L. Arranz @udc.gal 
#CIFaoDía (2/2) Esta investigación vén de converterse na segunda tese defendida no marco do Programa de Doutoramento en Relacións Laborais e Recursos Humanos da Universidade da Coruña (UDC) e na primeira en obter a Mención de “Doutoramento Internacional” @udc.gal