
#CIFaoDía (1/2) Unha peza dun colar de vidro bañado en ouro e de posible orixe grega e varios fragmentos pertencentes a unha mesma vasilla decorada con motivos sogueados (cordas entrelazadas), entre os achados da cuarta campaña arqueolóxica no Castro de Esmelle @udc.gal 
#CIFaoDía Un ano máis, a campaña arqueolóxica está impulsada pola Universidade da Coruña xunto co Concello de Ferrol, a través da Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial. A maiores, a intervención conta, por segundo ano consecutivo, co apoio da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural @udc.gal