
#CIFaoDía (1/2) A Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) acollerá, a partires do mes de setembro, o Máster Universitario en Vehículos Autónomos, unha titulación promovida pola UVigo + USC + UDC e que capacitará a profesionais do sector da automoción, da aeronáutica e do naval @udc.gal 
#CIFaoDía (2/2) O Campus Industrial de Ferrol ofertará 8 das 24 prazas dipoñibles. O título estará coordinado polo profesor Félix Orjales e especializarase nos vehículos mariños con materias vinculadas ao control de vehículos mariños ou á sensorización e comunicación submarina @udc.gal