
#CIFaoDía (2/3) O proxecto está liderado polas investigadoras do Grupo de Polímeros María José Abad López e Ana Isabel Ares Pernas, que traballan xunto a Aurora Lasagabáster Latorre, Sonia Dopico García e as doutorandas Claudia Quintero Rodríguez e Beatriz Combarro Souto @udc.gal 
#CIFaoDía (3/3) O traballo combina impresión 3D e química de polímeros para obter estruturas multifuncionais aplicadas ao tratamento da auga. Falamos pois de tecnoloxías que permiten eliminar contaminantes da auga ben para reutilizala, ben para devolvela de maneira segura ao medio ambiente @udc.gal